10/03/09

Mugardos en Internet (I)



Comezo hoxe unha serie de análises a webs de diversas entidades mugardesas. Van dende a Confraría de Pescadores ata a web do Concello de Mugardos, pasando polo Galicia de Mugardos e algúns (non todos) grupos políticos.
Establecin uns baremos ponderados para puntuar cada unha delas. Dividinos en tres: deseño e estrutura (20% da nota), contidos (50%) e participación (30%). Para o primeiro bloque atendín ao emprego de dominio propio, o posicionamento en Google, o aspecto visual, a opción de idiomas, a navegabilidade e o emprego de plug-ins. Sobre os contidos valorei a súa información non dinámica, a sindicación de novas e a súa actualización. No último dos bloques tiven en conta a posibilidade de facer comentarios aos artigos e a participación en enquisas.
De momento déixovos aí a clasificación resultante. Pouco a pouco irei debullando cada unha delas.

1 comentario:

  1. Igual lhe copio a idea da análise para o meu blogue, ainda que nom o farei de Mugardos e posivelmente nom ponha nota numérica.

    ResponderEliminar