03/03/09
1M: Lecturas locais
Pois velaí os datos porcentuais. Dos fríos números cada quen poderá facer a súa lectura. Non parecen contradicir moito aos de votos absolutos: o PP sube, pero non tanto (2,3 puntos porcentuais); o PSOE baixa, pero non tanto (4 décimas); o BNG despéñase (-7,29 puntos); EU-IU recupera case un punto e TEGA entra en escea cun incerto 3,62% (112 votos).
¿A onde marchou ese 7,72 porcentual perdido polo bipartito en Mugardos? Cada quen terá a súa teoría. Os focos, iso si, apuntan inequivocamente ao BNG. Se cadra un pouco foi para EU-IU (¿a pesada lousa de Reganosa?), outro significativo é posible que fose parar ao partido de Xoán Gato e, a bo seguro, outra parte engordou o número de votos brancos ou nulos, ademais de contribuír ao aumento da abstención. Paréceme menos probable o trasvase cara o PP, que máis ben recuperaría o voto canso dos 16 anos de Fraga.
¿E agora? Agora o PP, cun candidato xoven como Juan Domingo de Deus, é de agardar que tente explotar a imaxe de doble cambio (cambio respecto do bipartito, cambio respecto da época Fraga) tamén a nivel municipal, e aproveite o factor "goberno amigo". Non será doado xogar a ser oposición e sustento da gobernabilidade a un tempo. O PSOE, tra-la dimisión de Touriño e o esvaecemento do efecto ZP, vive momentos de incerteza. Haberá que agardar, aínda que non se albiscan bos tempos se o PP logra facerse claro referente na oposición do Pleno mugardés. O BNG atópase nunha encrucillada: en Galicia cae, pero en Mugardos sube. Podería confiar cegamente na singularidade local, ou tomar boa conta dos custes de tentar ampliar o teito electoral a costa de debilitar os cimentos. En todo caso, parece que, como no PSOE, haberá que agardar polo que aconteza en vindeiras datas en Santiago. Tamén aos reposicionamentos locais, fundamentalmente populares. EU-IU pode debuxar, na vila, o sorriso agridoce do candil que aínda non se apaga, mentres agarda polas consecuencias que traerán estes resultados máis alá de Mugardos. E Xoán Gato, se cadra en vista dos datos, podería tentar de novo que dentro de dous anos, nas vindeiras municipais, as papeletas de Terra Galega luzan nas mesas electorais mugardesas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Non estou totalmente de acordo con que "cada un fará as súas lecturas". Non existirá a obxectividade, pero si a intersubxectividade. E alá quen, coma Quintana, non sinta a necesidade de verse nunca no espello.
ResponderEliminarO BNG debía ter asumido que contaba cunha porcentaxe de voto modeso. Un partido que recolleu 1 de cada 6 votos non pode entrar nun governo mangoneando e xogando a ser o governo: o comportamento de Quintana era de quen se sinte presidente, e moitos representantes políticos locais así o trataban. Iso, por suposto, entre moitas outras cousas. Pero isto explica por que agora segue sendo incapaz de asumir a súa tremenda derrota: porque el, como gran parte do BNG, senten que son os lexítimos, únicos e auténticos represantes do país, e que o resto estamos "alienados". Neste senso, dende longo, alomenos neste, pódese decir que o Bloque é de esquerdas.
Maximilien
estimado artritris: se ben os habitantes deste noso pobo empezan a decatarse de que Reganosa non é Mr Marshall nestes tempos de crise, e tampouco noutros, penso que é a servidume, o consentemento e a astenia deste goberno ante todo-los casos de delitos urbanisticos, a responsable da caída. Todos temos algún amigo, veciño ou coñecido afectado por estes abusos, e non falo do pasado, senon do que se segue facendo. Como exemplo que todos podemos comprobar, bota unha ollada ó Cabo de Leiras. Xa non hai árbores!. O seu dono, veciño deste pobo, atopou por duas veces a un imputado no Virgin, acompañado dun policía local, rebanando polo san -xa de por sí delito, anque señan teus- pinos e castaños en terra allea.
ResponderEliminarE posible que o concello non teña competencia na totalidade dos abusos urbanísticos, pero ós cidadáns gustaríanos que se fixera oír, para convencernos da inocencia dos que nos gobernan. E non oímos nada. Nada bó.
PD: cando digo delitos urbanisticos quero decír presuntos delitos urbanísticos, e cando digo abusos quero decír presuntos abusos. Non vaia a ser.
ResponderEliminar¿Qué? Si o di Beiras, valerá...
ResponderEliminarAs causas do batacazo non son "externas"... Son a consecuencia xa non de pisar moqueta, senón de refocilarse nela
Maximilien
A desconexion do bloque ca sociedade de ferrolterra é cada dia mais profunda. ten uns dirixentes instalados nun discurso trasnochado e autocomplaciente que busca explicacións aos seus fracasos sempre en axentes externos e deslealdades internas. Que manteña a Barcia como un dos referentes do seu proxecto politico xa o di todo sobre a natureza desta autodenominada "organización". Quintana, peneque de poder, foi paseandose no coche oficial e saudando a canto alcalde estaba disposto a sumarse ao seu consorcio do benestar, do benestar de Castrillo e outros asesores que atoparon nese chiringuito unha comoda forma de vida. Se somos rigurosos veremos que no local o paso do psoe e do bng pola xunta so sirveu para alimentar a prepotencia do alcalde Barcia.
ResponderEliminarSerá que lle foi mal o concello co goberno do bng en santiago: cine Zarate, traida de auga, beirarruas...
ResponderEliminarA ver o que nos da agora o novo goberno...
y olé!
ResponderEliminarYa salió la moderna teoría política del "gobierno amigo". Pero para redondearla, debería complementarse con la teoría del "amante agradecido"...
Maximilien
Si, esteeee, un comentario sobre Gato. Deica onde eu chego, Gato pasóu a tenta-lo tema das autonómicas porque ten varios asuntos pendentes nos xulgados e sendo aforado autonómico, estes asuntos pasarían ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (que belo, xa voltamos ser Galicia...) e se retrasarían varios anos máis.
ResponderEliminarComo non foi así, estes asuntos, temas de licencias de construcción e demáis, o habitual nestes casos, seguen avanzando en Ferrol.
Pero non choredes por Gato. A pesares de non ser xa o alcalde de Narón, parece ser que agora é "asesor da alcaldía", cargo que ten un soldiño equivalente ó séu de alcalde...30.000 eurillos ó ano.
Así que César, ti tranqui, que Gato ten as pernas curtas como candidato autonómico.
Bufff, a min Gato quítame o sono. Levo varias noites desvelado pensando no seu futuro.
ResponderEliminarhola:
ResponderEliminargustoume moito a túa páxina. Estou facendo un cursiño en Franza e é a primeira vez que chego aquí.
Un saúdo dunha mugardesa.