29/06/06

Simulacro nos Ministerios



O Comité Cidadán de Emerxencia en pleno simulacro dun acidente na planta de gas diante dos Ministerios. A prensa de aquí non ten correspondentes en Madrid.

28/06/06

R.I.P.



Eu non podo custodiar un foro durante as 24 horas do día por ver se alguén se dedica a convertilo nun circo de acusacións e descualificacións en vez de acudir a un xulgado. Convido a todos aqueles que queiran continuar a estela deixada por "Mugardos en Internet" a que abran o seu propio foro. Eu tiro a toalla.

21/06/06

ERA2000



A ERA2000 foi unha proposta de enlace entre A Coruña e Ferrol a raíz dun traballo da Área de Mecánica de Medios Continuos y Teoría de Estructuras da UDC. Na foto vemos a ponte que uniría Mugardos e Ferrol, xusto na entrada da ría.

16/06/06

08/06/06

O munxe corcobado



Pois si, o munxe ten a espiña torta. Pobriño, andaba tan a modo... Din con el porque me avisou un madrileño que quería pescalo cunha técnica un tanto torpe. Había de saberlle bo cocido...

05/06/06

Por algo será



Atención, pregunta: ¿porque lle chaman "Rúa do Cristo" á Rúa do Cristo?

01/06/06

A voltas co Google Earth



Cando menos, a Casa da Cultura si que a temos dentro do termo municipal. ¿A que hora sae a lancha para o Instituto?