13/12/11
Do polbo de Mugardos
Hai quen pelexa por defender que a mellor tortilla do mundo é a da súa nai. Nós témolo máis claro: o mellor polbo, o noso.
Para os impacientes, a partires do minuto 37.
07/12/11
Particularidades do mercado laboral mugardés
Xuntémo-los datos do paro rexistrado por sector de actividade cos de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o sector de actividade. Empreguemos unha mostra porcentual (100 persoas) e comparemos os datos de Mugardos cos dos concellos do contorno (nomeadamente a ría de Ferrol máis Cabanas e Pontedeume). Velaquí algunhas plusmarcas mugardesas:
- Somos o concello con máis poboación rexistrada no sector da Agricultura e Pesca (5,3%). Máis do dobre do conxunto (2,1%).
- Somos, tamén, o concello con máis poboación en paro dos sectores da Industria (4,3%) e a Construcción (4,4%).
- O sector Servizos ocupa en Mugardos ao 47,3% da poboación (Pontedeume ou Ferrol superan o 55% e a media sitúase no 53,4%). Neste sector rexístrase un 58,2% do mercado, moi por debaixo do 66,4% de promedio, ou do 63,1% de Ares.
- Canto á poboación pertencente ao sector da Construcción, as cifras mugardesas tamén son notables: 14,8% de rexistros, só por debaixo de Cabanas (15,3%). A media na áreas sitúase no 10,7%.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)