28/04/2011

22M: Candidaturas paritarias


Explicándoo brevemente, a lei de paridade obriga ás candidaturas a presentar, en cada tramo de 5 candidatos/as (1 a 5, 6 a 10...) un mínimo do 40% de mulleres ou homes, o que na práctica supón que de cada 5 persoas teña que haber 3 dun xénero e 2 de outro. Con isto, velaí os fríos números da paridade:
  • Só unha candidatura (EU-IU) vai encabezada por unha muller.
  • Só unha candidatura (PP) inclúe maioría de mulleres (7 fronte a 6).
  • Só unha candidatura (ME) non apura a lei de paridade para colocar unha muller no quinto posto.
  • Ningunha candidatura alterna homes e mulleres (a chamada "cremalleira") ata o final da lista.
  • Ningunha candidatura presenta maioría de mulleres no primeiro tramo de 5
  • O PP apura ao máximo a lei de paridade en favor dos homes, que ocupan os postos 1, 2 e 3, fronte ás mulleres (4 e 5).
  • BNG e PSOE calcan a súa relación de homes-mulleres agás nos a priori testemuñais postos 12-13.
  • Se atendemos ao tramo dos 3 primeiros atopamos 4 mulleres e 11 homes (27%).
Outro xeito de velo:


Desbotei o cómputo dos suplentes pola súa disparidade. Estes adoitaban ser 3 en tódalas candidaturas ata as eleccións municipais do 2007, cando o BNG presentou ata 5 que ao final case nin lle abondan. Nesta ocasión o BNG reduce ata os 3 suplentes, como Mugardos na Esquerda; PP e EU-IU suben a 4, e o PSOE dispárase ata os 7, conformando unha candidatura de 20 persoas, a máis ampla nunhas eleccións municipais onde só se xogan 13 postos.

Podedes lembrar os datos paritarios do 2003 aquí, e do 2007 aquí.

Un dato: as eleccións municipais do 2007 levaron ás mulleres a ocupar 5 dos 13 asentos do Pleno (38,5%). Agás sorpresa, esta proporción reducirase no 2011.

9 comentários:

  1. Polo que ti comentas en twitter parece ser que pasar do proletariado ao propietariado é cuestión de tempo aínda que neste caso, de moi pouco tempo, só o necesario para saborear e collerlle gusto ao encanto e glamour da cadeira de brazos e a moqueta.

    De aí o feito dos fastos e da parafernalia.

    ResponderExcluir
  2. Tampouco é para tanto o da cea, porque hai que ter en conta que soamente co que nos custa o soldo mensual do alcalde ( máis de 2.500 euros) pódese pagar o menú de cen persoas.

    ResponderExcluir
  3. De que fonte sacas que o alcalde cobra máis de 2500 euros? Teño entendido que a oposición si que cobra ben en Mugardos

    ResponderExcluir
  4. Parece ser ou que non liches ben o comentario anterior , ou que non o entendiches ou que non o queres entender, porque a cousa é moi fácil : o que nos custa o soldo do alcalde aos contribuíntes é a suma da súa nómina máis as cargas sociais que polo mesmo motivo ten que pagar o Concello.
    Aquilo da o que madruga Divos axúdalle, neste caso a entender, non ha grande efecto.
    Espero que coa axuda da explicación póidalo entender mellor.

    ResponderExcluir
  5. Perdoa non entendera, porque o que percibe el non penso que sexa moito mais de 1500. Se propos quitarlle o salario por min perfecto pero di tamen que hai na oposición quen cobra 1000 que tamén sae dos petos dos contribuíntes e debes mencionar. Grazas pola explicacion en calqueira caso.

    ResponderExcluir
  6. Dando por feito que máis ou menos quedou clarificado o que nos custa o soldo do alcalde, non estaría de máis, posto que xa o fixo Esquerda Unida por vontade propia e en varias ocasións , que tanto o alcalde como o resto das persoas que conforman a Corporación e preséntanse ás próximas eleccións fixesen públicos a través das páxinas web dos seus partidos non soamente o que perciben do Concello senón os datos da última Declaración da Renda. Isto é algo que xa están realizando principalmente os alcaldes e cabezas de lista doutros Concellos.

    Tamén sería bo, polo menos como exercicio de hixiene política,que os grupos municipais,igual como xa o fixo o grupo de Esquerda Unida,désennos a coñecer como administraron o diñeiro diñeiro que reciben do Concello,porque os contribuíntes tamén temos o dereito de sabelo.

    ResponderExcluir
  7. Por vontade propia non cando lle retiraron o soldo ao alcalde se fixo publico que Pilar cobraba mais que varios do goberno e despois Esquerda Unida anunciou o que gañaba en dúas entregas, para que parecese que cobraba a metade. E esta na oposición, non creo que deba ganar tanto. Polo do salario non penso que saiades gañando o debate.

    ResponderExcluir
  8. Sabendo que o que se cobra depende da asistencia a xuntas, plenos, mesas de contratación e comisións, non parece de matemática complexa adiviñar que Pilar Díaz simplemente non tiña compañeiros cos que repartir. Seguro que ela preferiría ter catro ou cinco compañeiros para que lle tocase a menos.

    E logo están os que, a maiores, dispoñen de soldo municipal por dedicación exclusiva (X.F. Barcia) ou media dedicación (J.J. Roca e J.D. de Deus). Que, se non estou mal informado, anda nos 1500 €/mes para un e 750 €/mes para outros, cotizacións aparte.

    ResponderExcluir
  9. Increíble......estades a debatir por un soldo de alcalde de 1500€(que a realidade é que é algo mais, pero vamo-lo deixar en 30000/ano en 14 pagas, brutos) tamén falades de clarividencia co que fai co seu soldo, Eu flipo e moito.

    1- Ser alcalde en Mugardos, (coma en calquera outro sitio) no deixa de ser un posto de traballo.
    2- 1500€ Non é a panacea, e un bò soldo, pero ninguén faise rico con iso. Polo tanto nin que falar dos da oposición.
    3-Eu persoalmente daballe un soldo a polo menos dous concejales mais (obras e urbanismo), pero a xornada
    completa, porque?, porque a ver se de unha vez abrese unha zanxa e sabemos o que vai botar aberta e o que vai costar , e sobretodo cun seguimento da mesma, e mon darlles cartos por comisions,plenos, e demais, para que nunca esten no axuntamento e Non vexan unha obra ou AAVV Na sua lexislatura porque teñen que traballar noutros lados. Porque ata o de agora non encontrei a receta para vivir do aire.

    4- vosoutros por "hixiene" andades aireando an vosas rendas? E o que facedes cos vosos cartos?

    E agora deixovos unha pregunta:
    Algun de vos que vos gusta falar dos soldos publicos estariades dispostos a traballar polo amor ao arte no concello? E ainda por riba facer unha boa xestion??



    e que quede unha cousa clara antes de confundir o touciño coa velocidade.
    Eu son o primeiro que lle daba unha patada no cú a XFB e o mandaba de Volta a Canada.

    ResponderExcluir