24/05/07

27M: Listas paritarias



E velaí tendes as primeiras listas da "Era Igualitaria", ou pre-igualitaria, que aínda queda moito camiño por andar. Pero xa é un avance se as comparamos coas listas do 2003. Malia todo, segundo a miña porra non haberá máis de 4 mulleres na vindeira corporación.
Só unha candidatura (IU) presenta como cabeza de lista a unha muller, ademais de aplicar a famosa "cremalleira". Só dúas candidaturas (BNG e AM) levan a unha muller no segundo posto. Só dúas candidaturas (IU e PP) aproveitan a norma do 40%-60% no primeiro tramo de 5 en favor das mulleres. E finalmente, só unha candiatura (IpMU) apura a mesma norma para colocar nos tres primeiros postos a tres homes e proclamarse "Candidatura menos igualitaria das igualitarias".

Ningún comentario:

Publicar un comentario