Achéganse as eleccións municipais e comeza a escoitarse falar de
listas paritarias e da reforma da lei electoral galega. Un bo momento para facer repaso das candidaturas que os
partidos políticos presentaban neste concello no 2003 e facernos idea de quen ten máis traballo por diante para o 2007. Por certo ¿e vós que opinades do tema?
Primeiro de nada, como vexo que non todo o mundo sabe interpretar o gráfico, explico:
ResponderEliminarAs 16 persoas que ten cada partido son 13 candidatos/as e 3 suplentes que se presentaron nas eleccións municipais de maio do 2003. En azul aparecen os homes e en vermello as mulleres. En cor forte deixei a aqueles/as que obtiveron escano e atenuei a todos/as aqueles/as que non saímos elixidos (eu era o 5º do BNG).
Polo tanto, podemos observar como as dúas únicas mulleres que hai no Concello son a nº 3 do BNG e a nº 1 de IU. Dos 5 candidatos a concelleiros que quedamos ás portas ningún era muller (eu no BNG, Varela Deibe no PP, Francisco Roibal en IpMU e José Fdez. Domenech en IU). No PSOE Antonio Cabalo finalmente ocupou praza de concelleiro ao dimitir José Manuel Varela, pero inda así o seguinte na lista sería o ex-concelleiro de Cultura Juan Toimil.