02/02/11
A nova web do Concello de Mugardos (e II)
"Era unha prioridade actualizar a páxina". Así se expresaba Xosé Fernández Barcia o 29 de decembro para xustificar a renovación da web municipal. 36 días despois o Goberno do Concello de Mugardos publicou 3 notas informativas. Cando o habitual noutras webs municipais é a publicación diaria para veciñanza, en Mugardos sácase unha nota cada 12 días. A última delas, escueta, o 17 de xaneiro.
"Era unha prioridade actualizar a páxina". Si, era e é, porque a información actualizada deixou de ser un servizo á cidadanía hai tres anos, e continúa a selo.
Mais non é so a cantidade, senón a cualidade da información que se publica a que en ocasións incumple o propósito de utilidade pública. No último Pleno presentouse unha moción por parte de tódolos grupos da oposición denunciando o uso partidista da web e reclamando un regulamento de uso para ela. O Alcalde opúxose, mais xa corrixiu algunhas liñas da redacción orixinal, agochando as mencións directas a siglas e programas electorais.
O desenvolvemento dun regulamento de uso dunha web municipal, pagada con cartos públicos, e destinada a ofrecer un servizo público, é fundamental. Non debe ser nunca plataforma de proxección electoral nin de quen goberna hoxe, nin de quen gobernará mañá. Debe quedar clara a diferenza entre web municipal e bitácoras partidistas. Porén, a día de hoxe a última nova publicada polo Concello e a última publicada no blogue do BNG coinciden en data, en contido e ata na foto empregada. Equivócase o BNG de Mugardos (ou o que quede del), se pretende asimilar partido e goberno, ao estilo do que paradoxalmente adoitaba denunciar en tempos de Fraga Iribarne. Unha fuxida cara adiante. Unha deriva. Unha vergoña.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
En el último pleno, los concejales y el sr. alcalde respondieron a la oposición que las siglas del BNG "xa non están". "Cando saias de aquí, mira a páxina". O sea, que la cambiaron un ratito antes del Pleno. En fin, que hasta para ser un maniobrero hace falta un poquito de elegancia, pero "de onde non hai"...
ResponderEliminarAquela "luz da verdade" que o alcalde quixo transmitir a través do seu mensaxe-postal de Nadal a unha parte das familias do noso municipio, non o fíxo con todas, parece que co paso do tempo se está a converter en "negras sombras", cando menos de duda, si damos crédito, que sí o ten, por estar documentada, á información publicada nos blogs de Artritris (leáse César) e de Esquerda Unida con máis detalle por estar ben representada na Corporación Municipal.
ResponderEliminarNon cabe dúbida de que dende Internet tamén se denuncian e combaten os sistemas e comportamentos ditactoriais.