10/02/11

A luz da verdade



A luz da verdade sempre prevalece
sobre a obscuridade da mentira
e a difamación.


Con esta frase aspirante a proverbio saudou o ano o aínda Alcalde de Mugardos a algúns (non todos) os fogares da vila. Premonitoria. Dúas semanas despois de entrarmos no 2011 saltaba á prensa iso que os medios de comunicación gostan de chamar "crise" no seo do BNG, onde catorce afiliados/as anunciaban a súa baixa como consecuencia dun proceso escuro que esperta moitas dúbidas sobre o funcionamento san e democrático do Bloque Nacionalista Galego na bisbarra. Mais serán os seus responsables comarcais os que teñan que dar contas do balanzo da súa xestión, non eu.

A Xosé Fernández Barcia preguntáronlle o pasado 17 de xaneiro no Canal 31 sobre a marcha desas 14 persoas, ao que respondeu sibilinamente, deslizando un falso (¡inxurioso!) impago da metade desas baixas para reducilas, para ningunealas, para desacreditalas. Para rebaixar o seu número de 14 a 6 nunha estrana operación matemática (¿14-7=6?). Nin a honra propia debería defenderse máis que contando a verdade, nin a allea debería atacarse mentindo.

Escúdase en que o propio Responsable de Política Municipal do BNG comarcal refrendou a limpeza do proceso. Eu, polo de agora, presento aquí o revelador "timeline" das cousas, tamén refrendado por unha resolución do propio Consello Comarcal. ¿Alguén da máis? Si, hai máis e máis polo miúdo nesa propia acta que non debera transcender publicamente agás que alguén volva a poñer en dúbida a credibilidade das persoas que padecimos a "limpeza do proceso", que foi máis un "proceso de limpeza".



A serenidade a experiencia e a seriedade.


Fronte a ameaza dunha candidatura que poida loitar polo mesmo espazo electoral que se lle presupón ao BNG (presupoñamos primeiro que o BNG de Mugardos loita actualmente polo voto de esquerdas e filo-nacionalista, que xa é moito presupoñer), fronte a esa ameaza Xosé Fernández Barcia contrapón "serenidade", "experiencia" e "seriedade". Serenidade que, Pleno tras Pleno, desaparece perante os ollos da cidadanía, Serenidade que lle fai dar "bandazos" a remolque da oposición pola súa incapacidade para facer cumplir as normativas vixentes, que se torna "paranoia" cando se acusa á oposición de tramar operacións xudiciais, como se no seu día o imputase a Coordinadora Xeral de EU-IU e non un xuíz; Experiencia que o leva a zoupar unha e outra vez sobre as mesmas pedras e a esquecer que esta vila non comeza nos maiores, que estes tamén teñen preocupación polo futuro de seus fillos e seus netos, que atopan en Ares iniciativas que están a anos luz de fluír polos miolos do experimentado Alcalde e o seu equipo (?) de goberno; a Seriedade que fai que ano tras ano o Concello de Mugardos despilfarre recursos humanos e milleiros de euros (¡milleiros!) por mor dunha nula planificación e seguimento das obras municipais.

Nunha cousa ten razón X.F. Barcia: só a indiferencia da xente desta vila podería mantelo no seu posto, "sereo" e "satisfeito".

20 comentarios:

  1. Eu que non asistira ao pleno no que a concelleira Angeles Díaz explicou os motivos da súa dimisión, non cría as versións que circulaban por Mugardos sobre os insultos do alcalde dirixidos á devandita concelleira. Pero ante a insistencia da versión dos insultos que segue circulando por Mugardos municipio, optei por acudir ao contido da acta do pleno mencionado e ante o meu asombro puiden comprobar que neste caso un home, non me cadra o de persoa ní tampouco o de señor, practicaba a violencia verbal contra unha muller, dicíndoo:

    “…… pois a min so me cabe dicir, e con todos os respectos, amiga Anxos… pois e… a verdade é que te quedas aquí como o Galo de Morón sin plumas e cacareando, o sinto moitísimo”.

    O máis lamentable e vergonzoso de todo isto, é que o home que así se expresaba é un cargo público elixido democraticamente para representar as súas veciñas e veciños.

    ¡ vaia representación!!

    Quero finalizar recordando algúns dos cualificativos que no seu momento lle dedicaron ao alcalde de Valladolid por insultar a outra muller, tamén cargo público, (Leire Pajín)

    inferioridade, pobreza cívica, política e democrática

    ResponderEliminar
  2. Gústame moito o post: o contido e a forma de presentalo. Pero discrepo nalgún matiz. En primeiro lugar, ó sr. Barcia non hai que recordarlle que hai máis cidadáns, aparte dos maiores: ó contrario, hai que recordarlle que os maiores existen e seguen existindo e tendo necesidades, incluso despóis dunha merendola. Se o sr. Barcia o soupese, quizais non lles pecharía o local de maiores para facer alí unha asamblea do seu partido. Quizais tamén tería invertido nos dependentes os miles de euros que lle deu a Xunta ó Concello de Mugardos e quedaron sen gastar: dependentes sen servizo e posibles traballadores sen carga de traballo. Polo demáis, o de confundir Estado, partido e persoa é, ata certo punto, lóxico nunha organización coma o Bloque, con tendencias autoritarias tan marcadas. O obxectivo do BNG é o que foi sempre: o poder puro e duro e a imposición das súas verdades reveladas. ¿Ou é casual o aspecto e os ademáns tan ben traballados de profeta semita que cultivou sempre Beiras? Un partido así é, por natureza, maniobreiro, manipulador e populista. Un partido así compórtase con aparente incoherencia, pero con auténtica congruencia, cando na rúa aposta por tódalas causas e vela por tódolos problemas do mundo, pero, cando chega ó poder, goberna pactando e deitándose con quen faga falla. Porque o poder é a súa vocación. Para iso son os posuidores da "verdade" e das "esencias da Nazón".

    ResponderEliminar
  3. Vaya espectáculo que estais dando todos en Mugardos... Para creer en la política... Unos no se lo curran mucho y otros os enfermais por ser concejales... pues si que está bien el patio.

    Te conozco bastante y estoy flipando por colores. ¿No estás un poco obsesionado?, ¿Cuanto te llevó hacer ese cuadro? ¿Cres que le interesa a alguien si se van del bloque 5, 10 o 14 personas?

    ResponderEliminar
  4. Se me coñeceses bastante saberí­as que en pouco menos de 20 minutos pódese facer unha infografía como esta (no caso de que realmente me coñezas "bastante"). Non é demasiado tempo cando do que se trata é de denunciar a praxe "democrática" non xa de Barcia (que é o Alcalde que nos goberna, nin máis nin menos), senón do BNG a tódolos niveis. E iso pode que a ti non che interese, pero hai xente (moita dela cansa da deriva do BNG) a quen si.
    Porén, como ben dis, se do BNG marchan 5, 10 ou 50 persoas é o de menos

    ResponderEliminar
  5. En principio non pensaba intervir neste blog no día de hoxe, pero os feitos, neste caso lamentables, obríganme a facelo. E fágoo en primeiro lugar para solidarizarme con todas as persoas que defenden as súas ideas coa PALABRA, tal e como creo eu estádelo facendo os condutores deste blog e por suposto tamén a casí totalidade das persoas que nel participamos.

    Dito o anterior non podo deixar de manifestar a máis clara e rotunda repulsa ante a intervención da persoa anónima que, cual franco tirador aparenta disparar cara a todo e cara a todos, pero que na realidade, polo menos eu o entendo así, só pretende descualificar os que non pensan como el ou como ela. E digo que pretende descualificar, por suposto sín argumentos, como adoitan facer os que ante a falta de argumentos e de principios democráticos recorren ao insulto pero, como neste caso, se descualifican asi mesmos.

    Ata pronto.

    ResponderEliminar
  6. Ten toda a razón o último Anónimo, pero penso que, a estas alturas, barruntamos todos de onde proceden certas palabras e certas actitudes: non falo xa de siglas ou rincóns concretos, senón de de estados da alma que, desgraciadamente, existen en tódolos partidos e asociacións e, por suposto, tamén fóra delas. Eu son consciente de que as miñas opinións son, con frecuencia, radicais (gústame buscar a raíz das couas e acepto o risco de equivocarme), moito máis, desde logo, que os meus actos. As actitudes desprezadoras, populistas, demagóxicas... coma as do primeiro anónimo, baleiras de contido, recórdanme ós anos trinta, en España e en outros países europeos: "Isto amáñase tirando a uns cantos pola escaleira", "son todos iguais", etecé...

    ResponderEliminar
  7. QUERER SER POLITICO ¡QUE PENITA!

    ResponderEliminar
  8. Querer que todo funcione como es debido y arreglar el mundo en los bares, con un porrito en la mano y un "¡todos son iguales!" en la boquita... ¡Qué descanso y qué altura moral!...

    ResponderEliminar
  9. ¿en qué bar se arregla así el mundo?. me pasaría ¡qué descanso!

    ResponderEliminar
  10. A pasada semana participaba neste blog, neste mesmo apartado, para comentar sobre as palabras insultantes e desmedidas do alcalde, dirixidas á concelleira Angeles Díaz na sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal do pasado día 30 de decembro de 2010, no cal se formalizaba a súa dimisión. Para facelo, posto que en principio non cría o que me comentaran sobre o lamentable suceso, accedín á lectura da acta da devandita sesión e, ademais do xa comentado, puiden comprobar, en contrapunto coa actitude antidemocrática do alcalde, a corrección e coherencia da persoa que naquel momento daba conta dos motivos e razóns que lle asistían para renunciar ao cargo público para o que democraticamente fora elixida e que tamén ética e democraticamente abandonaba.

    Sín entrar a facer valoracións ou comparacións persoais ou do ámbito das organizacións políticas, cuestións que non me corresponden, si que o vou facer en canto ao exercicio da actividade pública institucional, neste caso a nivel local, para o cal me sento lexitimado como cidadán contribuínte.

    Feitas as aclaracións anteriores, por consideralas oportunas e necesarias, dicir que a raíz do acontecido vénme a mente que con anterioridade se producira a renuncia doutra concelleira, Carolina Cruz, que tamén formaba parte do goberno municipal do BNG e da que se chegou a comentar que tiña serias discrepancias coa forma de actuar do alcalde. O que si é de coñecemento público o feito de que no exercicio do seu cargo e polo tanto na defensa dos intereses do Concello, se mostrou en desacordo, en contra do criterio do alcalde, con que se cedesen gratuitamente a favor de REGANOSA os terreos municipais do Cristo para a construción do Museo dos Xacementos do Caldoval.

    Ata pronto.

    ResponderEliminar
  11. Ainda non "visionara" a entrevista deste señor, dende logo calqueira que saiba un pouco de "psicoloxía" visual darase conta que en todo momento está tenso, evitando mirar ao entrevistador, dirixindo a mirada cara arriba, e coas mans ocupadas por un móbil e un bolígrafo.
    Isto analizado ten unha lectura: está mentindo, durante toda a entrevista!!! non hai un segundo en que se relaxe, nin para exolicar a dimisión da concelleira nin a baixa dos afiliados/as ao BNG.
    Só vexo unha cousa na que non minte, impórtalle pouco o que lle pase ao partido xa que só fala do grupo de goberno.
    ¿Dariase tamén de baixa do BNG???
    Polo que di é un Barciacentrista, e dicir, el é o partifo, perdón ,o grupo de goberno, perdón o...................

    ResponderEliminar
  12. A forma de introdución dicir en primeiro lugar que estamos ante unha persoa que mente moito, cada vez máis, pero non deixa de ser certo tamén que cada máis aumenta o número de persoas, sobre todo polo acceso ás novas tecnoloxías da información ( INTERNET ), que sabemos das súas mentiras.

    Teño que recoñecer que non teño os dotes para a análise sicosociolóxico que acertadamente demostra o intervinte anterior, pero aínda non tendo eses dotes si que teño os datos para chegar á mesma conclusión.

    Visionando parte doutra entrevista na que, entre outras cuestións, fala do Castelo da Palma, pódese comprobar que falta á verdade cando:

    • Di, sín inmutarse e sen deixar espazo á dúbida, "que as instalacións do Castelo da Palma teñen unha antigüidade de máis de mil anos".

    • Seguidamente e neste caso repetindo algo que machaconamente xa manifestara noutras ocasións, dixo que Costas do Estado estaba mostrando unha actitude infranqueable posto que estaba a informar dun proxecto - o da transformación do Castelo - que non existe nín no Concello de Mugardos, nín na Xunta, nín tampouco en Costas.

    Dito o cal teño que dicir que tal afirmación é unha gran mentira, ademais dunha falta de respecto, xa non soamente á intelixencia cidadá senón que, unha grave e falsa acusación á Administraciónn que ademáis de informar a Modificación Puntual do Plan Xeral de Urbanismo, ten que autorizar, ou non,o devandito proxecto.
    O proxecto existe dende hai bastantes anos, mesmo se fixo unha presentación pública na que só faltaron as "gaitas". Existe tamén na Xunta e no Concello e, aquí o máis cínico e á a vez torpe, tamén existe en Costas do Estado pois "créndose os máis lístillos", responsables - neste caso eu diría irresponsables - da xestión do asunto intentando “ matar dous paxarons dun só tiro” presentando en Costas do Estado o proxecto construtivo de transformación, xuntamente coa documentación da Modificación Puntual do Plan de Urbanismo.
    De aí o informe negativo de Costas, que hai que recordar emíteno cualificados profesionais da Administración no cumprimento das leis e as normas.

    Pois ben, despois de tanta torpeza e tanto tempo perdido non queda máis remedio que facer ben as cousas e presentar en solitario a Modificación Puntual tal e como dende o principio desta lamentable historia procedía facer.

    Como reflexión final considero que o motivo de tanta mentira e de tanta farsa por parte dos esponsables do goberno municipal do BNG é a súa propia falta de capacidade de xestión e que ao final jntentan encubrir baixo o manto do victimismo, botándolle a outros a culpa.

    Ata pronto.

    ResponderEliminar
  13. Me hace gracia que se utilicen los comentarios de los blogs para tratar de insultar o menospreciar a los creadores del mismo, si no compartes, si no respetas...es sencillo: NO ENTRES.

    Creo que los tiempos de que hablen sólo unos pocos (los que mandan o dicen mandar) tienen que ir acabándose.

    Los que insultáis siempre podéis crearos un blog para hacerlo, así al menos no molestáis a los que queremos leer distintas opiniones a las nuestras.

    ResponderEliminar
  14. Amigo, a pena deste blogue é que pasou de ser un espazo interesante con información de Mugardos a convertirse nun "confidencial" de "cotilleos" e análises "sicosociolóxicas" en base a non sei que parámetros. Como comentara noutro post (do que por certo recibín unha crítica moi pouco construtiva) aledaríame de atopar un espazo de debate aberto onde se plantexaran propostas concretas para Mugardos.

    De verdade, animaría aos responsabeis do blogue a afastarse dos debates típicos que nos brindan os partidos españois PP-PSOE-IU e adicarse a construír unha verdadeira alternativa nacionalista de esquerdas.

    ResponderEliminar
  15. Deixando para outro momento cuestións de maior actualidade ou interese local quixera facer unha pequena reflexión sobre o que representa este medio de comunicación con relación á LIBERDADE DE EXPRESION.

    Cando se trata ou se fala de liberdade de expresión ou doutro tipo de liberdades democráticas non podemos perder de vista o feito de que, para que poidan desenvolverse e exercerse con plenitude, é condición previa e imprescindible a garantía do cumprimento doutro dereito sumamente importante e primordial: A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

    Todo iso é sumamente importante sobre todo se temos en conta as diferenzas existentes no acceso aos medios de comunicación tradicionais que se dan entre os que participan na vida cidadá dende o poder e os que o fan dende outro punto de partida , por exemplo , dende a oposición.

    E o fago non soamente como reflexión posto que tamén quero facelo como recoñecemento aos responsables deste blog e que sirva tamén de chamada á participación.

    Recoñecendo o rigor con que tratan os temas, cada un dende a súa lexítima forma de pensar, dicir finalmente que esta intervención a dirixo á vez ao blog de Artritris e ao de Esquerda Unida.

    Ata pronto.

    ResponderEliminar
  16. Agradezo moito a atención que lle prestades a esta bitácora persoal e que chegásedes a considerala un "espazo interesante". Máis nunca deixou de ser iso: un espazo persoal, unha canle de expresión dunha única persoa, eu, César Pena. Deixeino claro no post máis antigo que podedes atopar nela, e incluso nun moito máis recente.

    As análises "sicosociolóxicas" hóuboas sempre, porque non deixan de ser análises propias, ás que cada quen lles poderá conceder máis ou menos rigor, concordar máis ou menos con elas. A miña intención non é competir coa prensa desta bisbarra.

    Os contidos dela tamén varian. Pódese observar na propia nube de etiquetas. Falo de todo segundo lle cadre, segundo mo pide o corpo. Non hai máis pretensións.

    Respecto das críticas, ás que parezo respostar pouco constructivamente, procurarei ser máis receptivo.

    Vaia unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  17. Querido César:
    o anónimo que critica a deriva do teu blog, que no fondo só critica a túa heterodoxia ideolóxica (heterodoxa por ser distinta á súa, claro, que é a boa) fala de que bota en falta un espazo para discutir sobre os problemas de Mugardos.
    Vaia, pois ten dúas solucións:
    1.Crealo el.
    2.Entrar nalgún dos que xa existen, por exemplo, o facebook de Xuventudes Socialistas, ó que boa falla lle fai ter algún contido, aínda que o aporten os internautas e non os administradores.
    2.Entrar no Facebook e no blog de EU de Mugardos, onde hai un apartado específico para opinar e facer suxestións.
    Tamén pode ser que este señor teña razón: que esteamos todos alienados menos el.
    Con respecto a ti, sinceramente, esperaba unha resposta máis clara e máis dura, como o merece o señor. Ou temes perder a simpatía das louzanas que che fan coro? Ou temes perder as simpatías do coro que te rodea nas longas noites mugardesas? Se esas simpatías vas perdelas igualmente, a longo prazo. Ou pensas facer política ó estilo dos viaxantes e visitadores, facéndote o simpático, invitando a copas e estreitando mans?
    Un cordial saúdo.

    ResponderEliminar
  18. Moi bos os teus consellos, asemellas Antonio de "Cuéntame" guiándonos polo camiño correcto :)

    ResponderEliminar
  19. Consellos pareceranche a ti. Eu chámolle poñer no seu sitio ou quitarlle a careta a un neno ben que vai de revolucionario.

    ResponderEliminar
  20. compañeiro chamome tino tua irman coñoceme coma militante do bng dende o seu nacimento ew antes da anpg sinto vergoña do que pasou con vosoutros pero penso que a loita aina que facer desde dentro sinos himos os deixamos co poder total que iso e oque queren senon marcharan os que xa o fixeron o nacionalismo galego seria o que nos queremos podes contar conmiguo pra a loita desde dentro animo compañeiro gañara a nizon galega

    ResponderEliminar