22/07/10

¿Hai alguén aí?



Primeiro foi mugardosnet.iespana.es, que naceu da teima de demostrarlle a aquel goberno municipal do 2002 que se sen cartos nin medios se podía facer unha web de información municipal digna, co que se gastaran naquel despropósito xa desaparecido de www.mugardos.net poderíase ter feito algo moitísimo mellor. A experiencia durou dous anos. Rematou cando o tempo dispoñible para mantela (aquela era unha web totalmente artesanal) e as fontes de información menguaron.
Nese momento (decembro do 2004) naceu este caderno de bitácora, ainda que non foi ata ano e medio despois cando decidín que a súa liña sería a de mesturar dúas paixóns: o deseño gráfico e Mugardos. En paralelo xurdiu un foro do que saíron grandes debates, si, pero tamén graves acusacións persoais a este ou aquela dende o anonimato dos nicks covardes. O foro foi o primeiro en caer. O respecto ás súas regras básicas comezouse a perder no tempo no que os veciños de Meá decidian pecharse durante o verán do 2007 na Casa Consistorial, visibilizando, unha vez máis, que a pranta de gas partira a sociedade mugardesa en dous. Logo veu o caso Virgin e, en resultas, o foro saltou polos aires.
Este blogue aínda tardou bastante máis en morrer, pero o seu punto feble quedara xa en evidencia: o vandalismo ideolóxico dos agochados. E durante outro ano e pico continuei con esta bitácora, que foi virando na súa temática procurando esquivar as deposicións intelectuais duns poucos.
Pero chegaron as redes sociais, o Facebook, o Twitter, e con elas as persoas con nome e apelidos, as opinións entre amigos, os debates constructivos, o falar de todo un pouco segundo lle veña (malia haber moita xentiña monotemática). Coas redes sociais desaparecían os insultos anónimos, as acusacións baixo nicks, a gresca verbal. E manter este blogue comezaba a dar moita preguiza.
¿Para que volvo, entón?
Para poder falarlle desta vila ao mundo, e non só ás amizades previamente aceptadas. Para que escoite quen queira, e non só a quen eu lle deixe. Para berrar máis alto, porque sigo tendo cousas que dicir do que Mugardos é, do que Mugardos podería ser, do que en Mugardos acontece. O público é outro, é distinto, compórtase distinto, e non sempre para pior. A ver o que da de si. Ogallá prenda.
3, 2, 1... volvemos.

8 comentarios:

  1. Había meses que non miraba esta páxina abandonada! E hoxe a miro, non sei por qué, e resulta que me atopo có Artritris Returns!
    O noso é o Destino, a Moira, o Fatum. Todos temos unha cruz: eu son a túa; e ti, o cara.
    Alégrome de lerte de novo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Xusto hoxe! Semella cousa do demo ;)

    ResponderEliminar
  3. Creo que agora mesmo queda claro o porqué do teu retorno.... facer campaña para poñer o cazo igual que ós que ti criticabas.... ahiiii cesar... veseche o plumeiro....

    Por certo se chegaras,( esperemos que non) a mandar algo no concello... serás consecuente coas túas ideas??... se asi é, non aceptaras cartos procedentes da que ti chamas REGANOXO non?... jajaja.... entrame a risa....

    ResponderEliminar
  4. Vale, veña:

    Os mugardeses de toda a vida (entre eles eu) levamos moitísimos anos agardando que clarividentes coma ti salven definitivamente o panoráma político municipal con anónimas acusacións preventivas e nulas aportacións argumentais como estas que demostras dominar. Namentres, agardamos, eu prefiro ir posicionarme publicamente sobre o rumbo deste Concello.

    Unha aperta para ti.

    ResponderEliminar
  5. Mira que te metes rapido no papel de politico.... o que fai pensar en gañar uns cartiños a conta do conto... De momento xa vexo duas cousas tipicas de mal politico...CRITICAR A TODO O QUE NON PENSA COMA TI, E BORRAR O PASADO QUE NON CONVÉN RECORDAR.

    Mira Cesar, ti non es mais mugardes que eu... eu si que levo toda a vida aqui non coma ti que desapareciches algun tempo non??
    Pero voltaches con fame de cartiños... FAS VEN MENTRAS COLE¡¡¡¡

    Un saudo

    ResponderEliminar
  6. Levo duas horas lendo (de novo) o blogue. E si, hai moitos aí, tapados ou non, e moitos que imos e vimos. Pero despois do bo rato de lectura que levo, sería unha verdadeira magoa que morrera un proxecto coma este.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar