26/02/11
A longa viaxe do gas
Unha regra elemental das empresas é a de mercar barato para vender caro (ou esa outra dos bancos, que che emprestan un paraugas cando fai sol e cho reclaman cando chove). Por iso sería preciso unha boa explicación para entender algúns movementos do gas que chega a Mugardos. O día dos namorados o Cheik el Mokrani descargaba en Reganosa gas dende a convulsa Alxeria. O mesmo día que este buque saía da ría outro, o SCF Polar, cargaba en Reganosa para viaxar ata Xénova.
Seguro, segurísimo que han de ter unha boa explicación para que entendamos por que o gas de Xénova percorre máis de cinco veces (4540 millas náuticas) o traxecto que a separa de Orán (715). Porque así, de primeiras, o concepto de "negocio" semella como un pouco confuso. ¿Quen paga ese sobrecuste? ¿Que está pasando co negocio enerxético? ¿A quen están tomando por parvos?
Unha lectura recomendada: "Usted pagará los platos rotos del affaire Sonatrach", de Amaia Arteta no xornal Capital.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Eu solo encontro unha esplicacion, que non funcione a relacion comercial entre ALGERIA e ITALIA
ResponderEliminarAínda así, Barcelona queda un pouquiño máis a man. Continúo sen comprender o negocio.
ResponderEliminarContras.... xa tardaba en reaparecer o tema...... REGANOXO.... non podes ser feliz totalmente sin este tema entre as túas mans... Voute dar unha explicación de por qué non o entendes....NON DAS PARA MAIS, e non eres ti quen tes que entendelo... Eu tampouco entendo por qué queres entrar no concello, e mais non o publico con retarnca en ningun lado non?
ResponderEliminarBueno... ti se feliz coas tuas cousiñas.
Un saúdo
negocio e o teu.Non e problema teu para donde van os barcos ou para donde deixan de ir.Ti si que nos estas tomando por parvos a todos os mugardeses, dedicate a politica que e o teu..............e deixa de votar contas.....xa me parecia moito o tempo sin falar de REGANOSA recorda que tamen vai a votar xente que esta a favor de REGANOSA...........
ResponderEliminarPero quen demonios pode estar a favor de Reganosa?
ResponderEliminarA resposta e sinxela, se o POLAR ven do norte de Europa vacio en direccion a Italia, para en Reganosa, a enchelo polo cal aforra cartos ahora de ter q achegarse a Alxeria, enton xa vay directo e cargado rumbo o seu destino.
ResponderEliminarO negocio e q cada milla feita polo barco vacio custa cartos, mentres q facelo co barco cheo e negocio
Esta respuesta va para Alexandre (alejandro a partir de ahora)...
ResponderEliminarMira Alejandro la pregunta no es quien está a favor de Reganosa, la pregunta debería ser ...por qué estas en contra de Reganosa??
Quizás fuiste de los incultos que se encerraron en el ayuntamiento para qué?? para salir en la tele?? para que el pueblo los marcara como gente que necesitaba salir de casa??
Porque al final todos van quedando retratados sentencia tras sentencia.... aunque a lo peor eres de los que se puso en contra de Reganosa despues de que no aceptaran sus enchufados en la empresa...jijijij...casi apuesto por esto último...
Ala Alejandrito... a seguir igual....
Un saludo