22/02/11
¿E ti de quen ves sendo?
O top-25 dos apelidos mugardeses non debe ser moi distinto nos seus primeiros postos a calquera outro concello galego. Os Martínez, Fernández, García, etc. non singularizan especialmente a esta vila. Mais cando baixamos ata o oitavo posto (segundo a súa orde de frecuencia por cada 1000 habitantes, en datos do IGE) comezamos a sentirnos como na casa, entre os Varela, Pena, Romero, Rey, Díaz, Iglesias, Cartelle, Montero, Pereira... A cada quen viralle unha faciana, ou varias, aos miolos. Ou a propia. Poderemos atopar vencellos con municipios limítrofes, e particularidades pulpeiras. Se pertencemos a unha longa estirpe pulpepira, ou non tan longa. Eu non me podo queixar, ¿e ti?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Dúas cousas:
ResponderEliminar1.Cae o mito de que os Pérez somos á guía teléfonica o que os chineses ó mundo.
2.Síntese un un "parche pegado", un invasor... ¡Parece mentira que caia vostede nisto!... Mola ser un Pena, dos Pena de Mugardos, de toda a vida... Por este camiño, pode un acabar convertido no que máis odia.
Dicho sea con el sincero afecto que ha caracterizado siempre nuestras intensas y cuasifurtivas relaciones. ;)
Como tantas outras veces, volve a ter vostede razón. A verdade é que a xénese deste post foi totalmente casual. Procuraba eu outros datos no IGE (que publicarei en breve) cando me tropecei con este sobre os apelidos no municipio. É un tema que xa tratara hai uns anos en Cartografía dos apelidos de Galicia. Sen máis pretensións.
ResponderEliminarGarcía García. En el número 3 del ránking por partida doble.Margar
ResponderEliminar