04/10/2007

Cartografía dos apelidos de Galicia



Un dos tesouros que agocha a rede no noso país é esta Cartografía dos apelidos de Galicia que descubrín hai tempo grazas ao amigo Calidonia. Achegueime así ás orixes dos meus antergos, ao tempo que comprobei que, tal e como me dixera un mestre alá por 6º da EXB, teño uns apelidos moi galegos (no mapa, que amosa a superposición dos dous, a cousa semella clara).

Um comentário:

  1. Poema de Tito dedicado a os veciños de Meá

    Foron coméndolle ao mar
    despois coméronlle a terra
    e pa poderse fartar
    hortas casas e camiños
    mesa de luxo e mantel
    queren comer os veciños,

    que loita mais desigual
    David se encarna en Meá
    Goliat en capital

    atacan por estribor
    Tojeiro, Caixa, Fenosa,
    Xunta e Concello a babor,
    dios veñen coma formigas
    os amigos do poder
    recrutan bandas amigas

    súmanse a eles cegos,
    mudos, oportunistas
    políticos, civís e cregos,
    xuíces e avogados
    os que se deixan levar
    e os que levan os deixados

    santos de última hora
    que camiñan baixo palio
    revolución a deshora
    que fan do nacionalismo
    a terra como bandeira
    a bandeira do arribismo

    da nación de breogán
    a nación dos poderosos
    deixando aos pobres sen chan
    crendo que os poderosos
    son os que teñen cartos
    e os demais son revoltosos

    os que creando partido
    independente de quen
    dándolle a vida sentido
    no ámbito municipal
    coa defensa do inimigo
    fariña de outro costal

    os amigos do armador
    levan bandeira pirata
    e piratas no motor
    mentres na nosa chalana
    que so pretende ser bote
    a Luz Marina se afana

    primeiro en mantela a flote
    e despois vendo ao xigante
    confiándose na sorte
    intenta arribar a porto
    camiño dos Carabes
    e alí cheiraba a morto

    puxo proa a Escalerilla
    e non se puido acercar
    pois mandaba Pancho Villa
    segundo un empregado
    con acento canadense
    e con cara de apampado,

    cara a Punta Promontoiro
    berrou sinalando a Rampla
    vagoasde mal agoiro
    xa nos roubaron as pedras
    as pedras da nosa infancia
    hai tanques en vez de elas,

    pasamos po lo Loureiro,
    Esteirón, Punta de Cotos
    y enfrente ao galiñeiro
    na rica entrada da Barca
    onde naceu o marisco
    alí onde o mar se acaba
    varou a nosa chalana
    e empezamos esta andaina

    Cañota, Eira, Cardido,
    O Penedo e A Pedreira
    Penela, Casilla e Rilo,
    Areosa e Os Casas,
    Fontenova, Fontegrande,
    Fieiteiras y Os Corzas

    fomos gañando unidades
    decenas incluso centos
    convictos sen vaguidades
    recluídos no concello
    mentres chegas os reforzos
    pensaba en voz alta un vello

    amigos de Breogán
    cando a nosa voz pregoa
    os bos onde estarán
    onde están os xenerosos
    dos que falaba Pondal
    serán estes poderosos
    de verdade quen son

    si a nosa voz non entenden
    nin o noso ronco son
    son imbéciles e escuros
    aínda que non ignorantes
    si son feridos e duros

    mentres dorme tranquilo
    o corazón de Mugardos
    comen no Pazo de Rilo
    os Capos de Reganosa
    as panzas agradecidas
    xerifaltes de FENOSA

    pensaba o vello en voz alta
    si os ricos están xuntos
    nesta loita quen nos falta
    en fronte temos os pillos
    e nos temos a razón
    envíanos os teus fillos

    si fuches pai Breogán
    e miras desde O Penedo
    a enorme planta de gas
    te esperamos no concello
    suma os teus achegados
    e guía pensando ven

    aos veciños de Meá
    súmaos a nosa causa
    que cumprido fin terán.

    ResponderExcluir