04/09/08
Eles eran mugardeses
E velaí a loita fratricida terra-aire entre pulpeiros (sendo rigorosos, Rodríguez, o gato, naceu en Barallobre… pero paceu na Fontegrande). A tensión mascábase. O sangue fervía. Rodríguez xogaba coa pega preparando a rabuñada final… Pero aquí un menda, logo de botar a foto de rigor (pedíanmo a berros), arrancou ao sprint a calmar o instinto predador felino e a pega puxo alas-en-polvorosa ;)
Nota necrolóxica: Rodríguez desapareceu durante a xaneira do último inverno. Non hai probas, pero un infra-humano dos arredores gábase de linchar a tiros de escopeta ao primeiro bicho que pise a súa finca que non sexan os seus cans-exploradores-de-fincas-alleas. Pagaríalle coa mesma moeda se eu tamén fose un infra-humano. Ten sorte.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ö...Rodríguez...ese gran gato...de esa gran estirpe!
ResponderEliminarCesar, non sei porque dis: "Eles eran mugardeses", pois nin Rodriguez, era mugardes, nin a pega "era", porque a vin onte.
ResponderEliminarBromas aparte, a foto é bonita, xa a teño enmarcada.
ay rodriguez... mi mas sincero pesar!!! que famoso que es rodriguez
ResponderEliminarEstes tamén son mugardeses
ResponderEliminarhttp://br.youtube.com/watch?v=SCl5TzlydqU
Xa decía eu que este Rodrix tiña que ser de Barallobre,esa valía,ese temple..en fin xa non quedan gatos asi.Cuidao moito
ResponderEliminarUn bico para Rodrix