14/09/06

¡O Concello xa ten web!



Xa podemos pasar páxina respecto daquel lamentable www.mugardos.net. A nova web do Concello de Mugardos é www.concellodemugardos.org, ten sindicación de novas por RSS e cumple cos estándares da W3C en canto a estrutura, deseño e accesibilidade (WAI-AAA), algo que non consiguen cidades como Ferrol ou A Coruña.
Que cunda o exemplo.

6 comentarios:

  1. Pareceme indignante que na páxina web do Concello de Mugardos, de recente creación e pésimo deseño, non se faga referencia á xuntaza informática Kernel 2006 do voso concello. Qué mellor evento para impulsar as novas tecnoloxías que esta festa, que por certo , tentei inscribirme e xa non hai prazas.

    ResponderEliminar
  2. O gusto sempre foi algo subxectivo...

    ResponderEliminar
  3. É tamén moi triste que despois do que se pagou para ter a web, que si alguén intentar leer en Español o contido da mesma solo saia en Español o que se pode chamar "índice" pero as noticias só saian en Galego. PENOSO!

    ResponderEliminar
  4. Falso, non é "solo o que se pode chamar índice", senón absolutamente tódalas seccións da web que existen en galego, as que se poden atopar tamén en castelán. A web é bilingüe na súa totalidade, agás as novas xeradas dende o Concello. Habería que ter para iso a alguén que tódolos días se dedicase a redactar as novas en galego para logo tamén traducilas ao castelán (ou viceversa). Iso ten un custe para o Concello que non é pequeno.

    Se a túa crítica tivese intencións mínimamente serias seguramente procurarías exemplos. Eu o fixen e atopeime con que A Coruña, por exemplo, malia ter a web en castelán, galego e inglés, só publica a actualidade en castelán (daría para outro debate, pero non é o momento). Santiago de Compostela tamén ten a web en varios idiomas, pero o día a día o atopamos só en galego. Caso aparte é Ferrol, onde en castelán imos atopar unhas novas e en galego outras distintas (sorprendente). Calquera destas tres cidades gastou moitísimo máis diñeiro que o Concello de Mugardos na súa web e xa ves ti... Nin sequera teñen RSS (non sei se sabes nin o que é), e Mugardos si.

    Pero como comezas dicindo "despois do que se pagou para ter a web", parece que se che fai moito ou que non ves o gasto xustificado. Tenta ser un pouco máis rigoroso, perítanos a web e dinos o que debería de custar, ou compáranola con a doutros concellos e dinos se é pior igual ou moitísimo millor que a meirande parte deles (dos que teñen web, que tampouco son tantos).

    ResponderEliminar
  5. Nesta páxina botase de menos un punto no facer contacto có concello para establecer consultas. Eu polo menos non o atopei.

    ResponderEliminar
  6. Levo moito tempo á procura dunhas fotos antigas que tiñan un especial significado para mín, e atopeinas nesta páxina do concello.
    A mín resultóume de moita axuda.
    Graciñas

    ResponderEliminar