13/08/07

Máis adhesións



As festas de Ferrol están convertíndose nunha fonte inesgotable de adhesión ao movimento pro-sentido-común abandeirado nestas datas polos veciños de Meá. O venres eran os Mystic Feah Rockers, teloneiros no concerto de Muchachito Bombo Infierno no Raíña Sofía, os que nos agasallaron cun temazo en clave ska co que cantamos "A ría é nosa e non de Reganosa" ata fartar. O sábado era Banda Bassotti quen erguía a bandeira do sentido común nun recinto ateigado de xente (¿efecto anti-reaccionarios?). ¡A seguir así!

Foto extraída de www.primeiralinha.org

1 comentario:

  1. moi ben a iu de ferrol por permitir que nas nosas festas fagan publicidade da pranta i os ferrolas que estamos a favor que. non conta a nosa opinion moi bonito aprobeitar un concerto.que o pagamos todo-los ferrolas pra facer politica encotra da planta ou eh que tamen chamaron eles (os encerrados)os artistas que veñen a ferrol pra que lles den moral polo seu encerro como o fan no seu pobo.

    ResponderEliminar