20/05/11

Nube electoral (¿De que falan as candidaturas?)

Preséntovos a nube de etiquetas dos programas de cada unha das cinco candidaturas mugardesas. O método consistiu en extraer o texto íntegro dos programas que cada unha delas publicou na rede e, mediante un servizo de xeración de nubes de etiquetas coñecer cales eran as 50 verbas máis empregadas e a súa intensidade (da que depende o seu tamaño). Empreguei wordle.net e obtiven os seguintes resultados:

Bloque Nacionalista Galego


As mensaxes sectoriais quedan, máis que en ningún outro caso, nun segundo plano para reforzar a marca electoral. É, con diferencia, a candidatura que máis fala de si mesma para acompañarse de dúas ideas forza "compromiso" e "avance".

Partido Socialista Obrero Español


A única candidatura que coloca entre as 50 verbas máis usadas o nome do seu cabeza de lista e a petición do voto. Destaca tamén a presencia das terceiras persoas do plural do futuro pefecto: "poremos", "queremos", "crearemos", "impulsaremos". "participación" e "veciños" sustentan o que foi un dos piares da súa campaña.

Partido Popular


O único programa que non se presenta en galego. Os distintos conceptos teñen xa unha presenza máis equilibrada que nos dous casos anteriores. "creación", "gestión", "colaboración" e "plan" son substantivos que a diferencian de outras candidaturas.

Esquerda Unida - Izquierda Unida


O de EU-IU é o programa que menos menciona explícitamente a Mugardos, para repartir máis o protagonismo entre "casas baratas", "centro" ou "mar". A cuestión "escolar" obtén un papel principal, igual que conceptos como "colaboración", "convenio" e un significativo "non".

Mugardos na Esquerda


A candidatura na que máis núcleos de poboación aparecen entre as 50 verbas máis empregadas: "seixo", "pedreira", "rilo", "meá"; e tamén a única na que o fai a "biblioteca". Como no caso de EU-IU, o "non" ocupa un lugar destacado.

3 comentarios:

  1. Vaia, teño que discrepar. As análises políticas, ás veces, levan a estrañas conclusións, cando se basean en datos escasos e sacados de contexto. Desta análise dedúcese unha similitude entre Esquerda Unida e Mugardos na Esquerda que é absolutamente irreal. Unha cousa é citar moitas ás parroquias e outras elaborar con traballo, tras meses de traballo, propostas concretas para cada parroquia. EU elaborou esas propostas e as presentou nas parroquias. Mugardos na Esquerda non ten ningún programa coñecido, salvo esas "asembleas abertas" das que, supostamente, sairá a súa acción de goberno (rotativo). Con respecto ó "non", ¿qué significa? ¿Quén presentou, en catro anos, máis propostas positivas? EU non di "non" salvo a certas cousas inaceptables, O seu traballo e o seu programa é un "SI" absoluto a buscar solucións para os problemas existentes e a acender os faros para amosar o comezo dun camiño despóis desta Longa Noite de Pedra.

    ResponderEliminar
  2. Amigo Ramiro, as nubes son o que son: pura e fría estatística. A maiores, explico a metodoloxía seguida para que calquera o poida facer dende a súa casa. E as análises son pretendidamente breves porque cada persoa sacará as súas propias conclusións. Non deberan ser xulgadas como outra cousa.
    Respecto ao "non", aparece destacado porque se repite ao longo dos textos das vosas propostas máis que moitas outras verbas, non o poño eu aí. O significado diso terá que darllo cada quen.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ramiro, se nota que non coñeces o programa de Mugardos na esquerda. Recoméndoche que consultes o seu blog para que vexas que teñen un traballo polo miúdo lugar por lugar, e por temáticas.

    ResponderEliminar