10/06/09

Cando camiñar pode ser prexudicial para a saúde



A velocidade, esa paixón humana que acelera os ingresos por dereitos de retransmisión dos grandes campionatos de F1 hoxe, de rallies onte... e, se cadra, o segundo soño cumprido pola nosa especie, logo do de surcar os mares, e antes do de voar.
Mais, por desgraza é tamén, dos tres, o soño que hoxendía provoca máis pesadelos. A pingueira diaria de vidas, de eivados, non semella ser abondo para os que esquecen que ao xogo das carreiras non pode xogarse nas estradas, senón nos circuítos.
Dende esta atalaia na que escribo non pasa un só día, nin un só día, no que non se conte cando menos media ducia de rinchamentos e de aceleróns máis propios de Silverstone que da AC-122 á súa entrada en Mugardos. Non pasa nin un só día dende máis dunha década na que fago vixía no que non fique agardando o desenlace sonoro. E periodicamente acontece o que periodicamente tiña que acontecer: o esnaframento.
As medidas de seguridade nalgúns tramos de estrada deste concello son ínfimas aínda agora, que cando menos temos "sendas peonís". Os riscos dos peóns son, aínda hoxe, demasiado elevados. As sinais horizontais que marcaban a fronteira entre o país dos peóns e o país dos carros nas curvas da Fontegrande non duraron nin 15 días. ¡Nin 15 días! E aos macarras non hai quen lles pare os pes.
Ogallá ninguén, nunca, teña que empregar isto que veño de escribir agora como crúa hemeroteca.

3 comentarios:

  1. No se ataca la raíz del problema, que son los desajustes de personalidad. Tener una opinión sobre el mundo, tener buenos amigos, tener familia, tener el respeto de los vecinos, tener un buen regate, etc., son cosas que cuestan esfuerzo y dedicación. Yo no tengo nada ni ganas de lograrlo... ¡salvo mi acelerador! Es una forma de buscar la trascendencia, bien primitiva, por cierto, y que muy a menudo se consigue a costa de la salud o, lo que es peor, a costa de la salud ajena. Siga la fiesta. Ya habrá quien limpie mis vomitonas y ahí están mis papis para defenderme a capa y espada.

    Maximilien (me ofrezco para Dictador)

    ResponderEliminar
  2. No sólo pasa en la Fuente Grande, en el colegio de Cuatro Caminos pasa lo mismo, y a la salida de los niños.
    Se instalaron unas bandas sonoras para que los coches parasen un poco en los pasos de cebra existentes y al poco tiempo las retiraron por que la gente protestaba. El tráfico en este pueblo es patético.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  3. Ave, César!
    Prégoche que informes ós pais e nais de Mugardos das manobras do PP e a Consellería de Educación, que tentan impedir que nos centros de ensinanza se informe ós nenos e pais sobre o contido e sentido verdadeiros da famosa enquisa. Ata poderías poñer o tríptico e que se poida descargar.
    Grazas. Esta xente está incumprindo xa ata o Estatuto.

    Maximilien

    ResponderEliminar