Un dos tesouros que agocha a rede no noso país é esta
Cartografía dos apelidos de Galicia que descubrín hai tempo grazas ao amigo
Calidonia. Achegueime así ás orixes dos meus antergos, ao tempo que comprobei que, tal e como me dixera un mestre alá por 6º da EXB, teño uns apelidos moi galegos (no mapa, que amosa a superposición dos dous, a cousa semella clara).
Poema de Tito dedicado a os veciños de Meá
ResponderEliminarForon coméndolle ao mar
despois coméronlle a terra
e pa poderse fartar
hortas casas e camiños
mesa de luxo e mantel
queren comer os veciños,
que loita mais desigual
David se encarna en Meá
Goliat en capital
atacan por estribor
Tojeiro, Caixa, Fenosa,
Xunta e Concello a babor,
dios veñen coma formigas
os amigos do poder
recrutan bandas amigas
súmanse a eles cegos,
mudos, oportunistas
políticos, civís e cregos,
xuíces e avogados
os que se deixan levar
e os que levan os deixados
santos de última hora
que camiñan baixo palio
revolución a deshora
que fan do nacionalismo
a terra como bandeira
a bandeira do arribismo
da nación de breogán
a nación dos poderosos
deixando aos pobres sen chan
crendo que os poderosos
son os que teñen cartos
e os demais son revoltosos
os que creando partido
independente de quen
dándolle a vida sentido
no ámbito municipal
coa defensa do inimigo
fariña de outro costal
os amigos do armador
levan bandeira pirata
e piratas no motor
mentres na nosa chalana
que so pretende ser bote
a Luz Marina se afana
primeiro en mantela a flote
e despois vendo ao xigante
confiándose na sorte
intenta arribar a porto
camiño dos Carabes
e alí cheiraba a morto
puxo proa a Escalerilla
e non se puido acercar
pois mandaba Pancho Villa
segundo un empregado
con acento canadense
e con cara de apampado,
cara a Punta Promontoiro
berrou sinalando a Rampla
vagoasde mal agoiro
xa nos roubaron as pedras
as pedras da nosa infancia
hai tanques en vez de elas,
pasamos po lo Loureiro,
Esteirón, Punta de Cotos
y enfrente ao galiñeiro
na rica entrada da Barca
onde naceu o marisco
alí onde o mar se acaba
varou a nosa chalana
e empezamos esta andaina
Cañota, Eira, Cardido,
O Penedo e A Pedreira
Penela, Casilla e Rilo,
Areosa e Os Casas,
Fontenova, Fontegrande,
Fieiteiras y Os Corzas
fomos gañando unidades
decenas incluso centos
convictos sen vaguidades
recluídos no concello
mentres chegas os reforzos
pensaba en voz alta un vello
amigos de Breogán
cando a nosa voz pregoa
os bos onde estarán
onde están os xenerosos
dos que falaba Pondal
serán estes poderosos
de verdade quen son
si a nosa voz non entenden
nin o noso ronco son
son imbéciles e escuros
aínda que non ignorantes
si son feridos e duros
mentres dorme tranquilo
o corazón de Mugardos
comen no Pazo de Rilo
os Capos de Reganosa
as panzas agradecidas
xerifaltes de FENOSA
pensaba o vello en voz alta
si os ricos están xuntos
nesta loita quen nos falta
en fronte temos os pillos
e nos temos a razón
envíanos os teus fillos
si fuches pai Breogán
e miras desde O Penedo
a enorme planta de gas
te esperamos no concello
suma os teus achegados
e guía pensando ven
aos veciños de Meá
súmaos a nosa causa
que cumprido fin terán.