19/09/07

Manifesto de solidariedade coa Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá



Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Asina este manifesto aquí.

5 comentarios:

  1. Dende Vigo asinaría encantada este manifesto.
    Únome a xente que loita polo que cre xusto, a xente que non se rende, a xente que ainda sen folgos segue liotando.
    Sodes coma espartanos.
    Moitos bicos a todos, moita forza e moito animo.
    Se non houbera xente coma vos, coma Emma, Lino e Mucha e coma todos os demáis que ahí están pechados estou ben segura de que non tería habido revolucións coma a dos claveles, o Maio do 68 e a do cruceiro de Meá. Estades facendo historia, non vos rindades.
    Unha medio mugardesa

    ResponderEliminar
  2. si home si, por eso a SEÑORITA QUE CITAS, QUERIA ENTRAR A TRABALLAR EN REGANOSA,e cando non entrou, empezou a protestar, mira viguesa:
    Mira polo teu pobo, e ti tes moito que calar que eiquí te coñecemos todos.

    Manda carallo, outro prexubilado de Bazan, haber cando poñedes a un autónomo do pobo, e non un chupacartos que lle pagamos os Autonomos

    ResponderEliminar
  3. ni le llegas ni a la suela de los zapatos, por cierto cambiar de argumento ya CANSAIS NO MERECE LA PENA NI CONTESTAR ah!!! mejor que ella,ni tu y cuatro inutiles como tú no la vais a conocer.

    ResponderEliminar
  4. Non vou a entrar a valorar as palabras que o primeiro anónimo di, de entrada por que é moi valente e moi de machotes falar agochado detrás do anonimato.
    Cando teña o valor de dicir quén é veremos se son eu quen ten moito que calar ou él e a quen coñece máis o pobo e porqué ¿eh? machote

    ResponderEliminar
  5. Beiras e Nogueira rachan cos plantexamentos do BNG sobre Reganosa
    Máis de 150 intelectuais e políticos asinan a prol do traslado da planta de Reganosa.


    Sábado, 22 de septiembre de 2007

    XORNAL I Santiago.- Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Díaz Pardo e Ignacio Ramonet son algúns dos nomes que apoian as peticións do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol. Beiras e Nogueira rachan deste xeito cos plantexamentos do BNG sobre Reganosa.

    Os colectivos que se opoñen á planta de gas de Reganosa teñen o apoio de máis de 150 intelectuais e artistas. O Comité Cidadán volveu pedirlle ás administracións que deneguen a autorización definitiva para o funcionamento comercial da planta.

    Este domingo cumpriranse dous meses de peche no consistorio de Mugardos. Cantantes como María Manuela, escritores como Lino Braxe e actrices como Mabel Ribera participan en actividades de apoio aos pechados.

    Os veciños reclaman unha entrevista co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e co ministro de Industria, Joan Clos.

    ResponderEliminar