07/04/09
XIX Certame de Rondallas
Aí tedes parte do que foi o XIX Certame de Rondallas do Concello de Mugardos, que deixou, entre outras cousas, este "Canto a Mugardos" por parte da Rondalla Mugardesa:
Mugardos,
miña terra querida,
verxel dos meus amores,
anaquiño de Galicia
con realeza e honores.
Terra agarimosa e meiga
da fermosa ría ferrolán,
onde os que a ela chegan
e a pouco que nela acougan,
por desexos, non se van.
Enxendro de boa xente,
mariñeiros, heroes,
da cultura e bo talante,
moitos foron nesta Vila
os que tiveron lugar.
Terra viva de emigrantes
que, abandonando os seus lares,
sufriron vicisitudes
marcharon cruzando os mares
hacia terras de ultramar.
Traballando sin cesar,
con ilusión, enerxía
e ansias de prosperar,
soñando en poder un día
a seu pobo retornar.
Sobria terra nai onde nacín,
cantarche ata morrer quero
ainda que sexa sufrindo
pois, estando ao teu carón,
eu morrería, si, pero vivindo.
Letra e Música: Antonio Cartelle Vilasánchez.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
como en casi todalas cousas o mellor esta en MUGARDOS
ResponderEliminareiqui vivimos o dia das pepitas e digo eiqui quero dicir no outro lado da ria non en ferrol non quero dicir que cantemos nin que o fagamos mellor pero o que si digo e que o vivimos mais i unha cousa importante nos si rondamo-las calles non como en ferrol que so van onde hay carto e isto o sabe toda a comarca porque o que intentaron facer este ano co certamen de rondallas non se fai ay,ay,ay O CARTO E O CARTO.
ResponderEliminarestou co anonimo de arriva e certo en neda tamen cantamos
ResponderEliminari en ARES tamen
ResponderEliminarVIVAN AS ROLDAS DA COMARCA ¡¡¡VIVAAAAN!!!
ResponderEliminaren ARES,MUGARDOS I NEDA ,se canta se rolda i se disfruta das pepitas que e pra o que ensaiamos non somos mellores nin peores pero o que si confirmo e que o PASAMOS MELLOR
ResponderEliminary en MUGARDOS tamen
ResponderEliminarQué inxusticia! Falar así de Ferrol!...
ResponderEliminarE logo onde aprendimos nós a cantar en falsete, onde aprendimos a saber de todo, a beber "nada menos que Rioja", a falar engolado, dúas notas por debaixo da nosa voz? Onde aprendimos a ser pijiobreiros? E sobre todo, onde aprendimos a frase gloriosa: "Sí, joder, que cho dijo eu"...?
e donde comedes o mellor ¿POLBO? que non sabedes ter nada da bosa terra todo vos entra de fora ay, PIJIOBREIROS VOS........
ResponderEliminarAhí lle diches, compañeiro! ¡que non hai nada mais autóctono que as rondallas!
ResponderEliminarEu oín que xa os Celtas...
Levo xa doce anos fóra de Mugardos e de Galicia. Durante un tempo formei parte da Rondalla Mugardesa, e recoñezo que voto moito de menos esas "noites de ronda". Agradezo moitísimo que colgases esas fotos do Certame, emocionéime moitísimo recordando vellos tempos. Graciñas.
ResponderEliminar