26/08/06

Dragón Peta



Cambieille a mesa ao PC e buf, o que saíu de alí! Entre outras moitas cousas, atopeime con folios que levan máis dunha década cheos de presuntas cancións e poemas dun grupiño de rapaces de 3º de BUP que nos sentabamos no fondo da clase. Os que pasaron polo instituto entre o 95 e 97 poida que lembren aquel grupo chamado "Dragón Peta" que perpetraramos nas clases de Física. "O novo sistema de taquillas implantado no Instituto por Alfredo polo que pedímo-la súa dimisión", "A pava aresana é a máis enana" ou "Os bocatas pringosillos do segundo recreo en Chumari" forman xa parte da microhistoria do Instituto :) Deixarei nos comentarios unha pequena escolma...

4 comentarios:

  1. O novo sistema de taquillas implantado no Instituto por Alfredo polo que pedímo-la súa dimisión

    Os primeiros rumores
    do cambio de sistema
    xa nos auguraban
    que habería problemas

    Van facé-las aulas
    como nas pelis de yanquis
    que van polos pasillos
    cambiando en cada clase

    O día da presentación
    Alfredo xa co mando
    nos da unha fotocopia
    e nos manda ir entrando

    "Bos días raparigos.
    Cambiamos de sistema.
    Como xa observariades
    son eu quen vos manexa"

    "Agora cada alumno
    terá a súa taquilla.
    Xa veredes que pronto
    nos vai de maravilla"

    Aos tres ou catro meses
    da nova aplicación
    facemos vinte folgas
    pedindo a dimisión

    de Alfredo en xefatura
    que o seu método sencillo
    provoca numerosos
    atascos nos pasillos.

    Pero hoxe, acostumados
    a estas dificultades
    andamos no recreo
    por aí paleando chaves.

    E a algún que outro grasa
    ás veces se lle olvidan
    (xa van nove ou dez veces)
    as chaves na taquilla.

    ResponderEliminar
  2. El bareto y el chupito
    (música de "Había unha vez un barquito chiquitito")


    Privaba yo unha vez
    en un bareto un chupito,
    privaba yo unha vez
    en un bareto un chupito.
    No lo podía, no lo podía,
    no lo podía yo pagar.

    Salí corriendo a cien
    saltando por la ventana,
    salí corriendo a cien
    saltando por la ventana,
    pero el dueño, pero el dueño,
    pero el dueño me cogió.

    Me dió dos ostias, me dió dos ostias,
    yo no vuelvo nunca más a este bar.

    ResponderEliminar
  3. A pava aresana é a máis enana

    Paseo cos colegas
    nós fuma que te fuma,
    algún que outro cun p---
    de rules pola rúa.

    Xa non teño máis Lucky,
    pídolle a un tío a pava,
    xa case a está matando,
    me rula a "aresana".

    Non me pases a "aresana"
    pedazo merda de pava. (estribillo)

    "E iso que é Ducados"
    Me mira mosqueado.
    Dígolle case a berros
    "Rúlame a de Mugardos!"

    O nacho monta un jari,
    tamén eu estou picado,
    sale a peña dos bares
    pra vernos dar ostiazos.

    Non me rules a "aresana"
    pedazo merda de pava.

    E chegan os maderos,
    un veciño do lado
    chamounos ao momento
    que veu o altercado.

    Nos levan ao cuartel
    en bugas separados,
    me piden o carné,
    ven que son de Mugardos.

    Non me pases a "aresana"
    pedazo merda de pava.

    "A pregunta en cuestión
    é ¿por que vos pelexastes?"
    "É que este cabrón
    me rulaba a de Ares!"

    Os nachos ofendidos
    esposan ao nachiño,
    a min déixanme libre
    e a el ao cuartelillo.

    Non me pases a "aresana"
    pedazo merda de pava.

    (6 de marzo do 1995)

    ResponderEliminar
  4. Masacre en Ares

    Como sangra, como sangra
    a ferida na cabeza.
    Primeiro dinlle unha patada
    e logo foi cunha cervexa.

    Agoniza, agoniza
    que vou busca-la macheta.
    Mentres te estás desangrando
    está tocando Dragón Peta.

    A chantada, a chantada
    que te deixou sen jerolo
    salpicoume a camiseta
    e manchoume os tenis novos.

    Agoras sufre, agora sufre,
    toma chante no corazón.
    Atravésoche a tráquea
    e sácoche os pulmóns.

    Como doe, como doe
    a patada nos collóns.
    Soltas pedazo alarido
    pero estamos sós os dous.

    Xa morriches, xa morriches.
    A vísceras polo chan
    que está cheo de sangue.
    Mañá mato ao teu irmán.

    Eu xa marcho, eu xa marcho,
    voume privar polos bares.
    Esta semana xa houbo
    moitos crímenes en Ares.

    ResponderEliminar