13/04/09
O país do ben-vale
Temos enriba unha crise estrutural, un follón de mandar carallo. A culpa cada vez parece máis claro que a teñen os que no seu día especularon temerariamente para facer negocio. Aí temos aos bancos co cu ao aire. Ou ás promotoras arruinando a moitas familias.
Por estes lares tamén houbo quen fixo negocio a costa de vender fume. Reganosa presentouse no seu día como unha cousa imprescindible e urxentísima. Mentres algúns veciños diciamos o de "Planta de gas fóra da ría, da tempo dabondo" os políticos ben-valistas, cobizosos por xestionar as prometidas glorias económicas e laborais dicían que era agora ou nunca. Disque se non se facía en Punta Promontorio levaríana para Xixón e aos que non queriamos a planta dentro da ría chamábannos "asturianos" e "antigalegos". Curiosamente, en Xixón non vían incompatible a súa planta coa nosa e tiraron para adiante igualmente.
Hoxe, coa chapuza rematada e funcionando, resulta que tampouco había tanta urxencia, que Reganosa traballa a medio gas porque nin en Sabón hai os ciclos combinados que se agardaba, nin hai industria química paralela, nin nas Pontes demandan tanto gas.
Hoxe na vila sobran os dedos dunha man para contar os veciños que traballan na planta. Os supostos beneficios económicos non parece que libren a Mugardos da crise nin que o fagan máis próspero que calquera outro concello da volta. A "vía rápida" serviu para que os empresarios mugardeses apostasen por instalarse fóra, en Vilar do Colo. E a cafrada é tan, pero tan grande, que aos poucos iremos descubrindo máis e máis demostracións de como a especulación duns e a estulticia doutros a rematamos pagando todos.
Agora resulta que en tempos de crise os buques gaseiros máis modernos son tamén moito máis grandes. Claro, aforran viaxes e polo tanto custes. Pero unha planta noviña do trinque como a de Reganosa non vai ver nin o primeiro sinxelamente porque dentro da ría non caben (¿sóalles "Planta de gas fóra da ría"?). Xa agora case non caben os pequenos que teñen que agardar a pleamar, imaxínense o dobre de grandes.
Pero aínda fuxindo para diante queren dobrar a capacidade. E como non poderán dobrar o tamaño dos buques é de supor que terán que dobrar a frecuencia de entrada na ría, os custes e os cartos cos que a Administración parcheará o furado. Ao revés do resto do mundo. Somos un modelo a seguir. O modelo do ben-vale. E aos que nos queixemos: leña.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
o mellor de cada casa sobre todo o de oelo branco que tira a pedra i esconde a ma
ResponderEliminaro de pelo branco quixen dicir
ResponderEliminarbuenas ,
ResponderEliminarVamos por partes.... por que esto e de coña...jajaja...
1. Pensaba que por problemas pecharas o blogg... pero vexo que como casi todo...era outra mentira.. ou e que xa se arranxaron esas licencias pendientes?
2. Segues sin ter nin p. idea do que falas. Fai moito que non pasas por Sabon? ou e que non che conven dicir que o ciclo leva xa tempo funcionando. E bueno o das Pontes xa clama o ceo...jajaja. Por certo tamçen meirama consume gas, segun se di pero seguro que e mentira tamen.
3. E encanto o dos novos buques, e todo iso....en fin nin comentrios...acaso pensas que os viaxes dos buques os paga reganosa?...que incultura dios mio...os paga quen os fleta e dicir ou endesa ou feniösa ou gas natural....
VEña ata outra.
Hay pa todos
¡¡¡e veña leña!!!. AUPA Anónimos valientes!!...vos sí que dades a cara!!.
ResponderEliminarpero acaso ti pos nom e apelidos? Para a tua informaciçon son de mugardos e seguramente me conoces si e que ti ere de mugardos... que mais queres saber?... talla do calzado?, color de pelo?...ou para opinar ai que ensnar o DNI? Pq ti non o fas.
ResponderEliminarata loga
hay pa todos
Buenas,
ResponderEliminarXa vexo que os que tantos argumentos tedes non contestades...jajjaja..era de imaxinar. Non son argumentos son falacias e mentiras.. pero bueno xa quedou claro co video da explosión, que viña sendo auga de contraincendios, co tema das sirenas que nunca soan..etc etc....
Espero que quedara clarisiiisisisimo de que ides polo mundo
ata logo
hay pa todos
tonto es el que dice tonterías!!
ResponderEliminaradiante reganosa o mundo e noso
ResponderEliminar