13/02/2008

Solteiras vs Casadas - Entroido 2008



Achégase o sábado 16, o "Día D" no que o universo pulpeiro deterá o reloxo para presenciar o choque fratricida entre mugardesas do aquén e alén do matrimonio. O derbi terá lugar arredor das 16:30 no Estadio Olímpico de Limodre. Compañeiras, compañeiros, veciños e veciñas... as rúas de Mugardos teñen que quedar desertas.
¿E ti, con quen vas?

2 comentários:

  1. É que nos tempos que corren o correcto sería un triangular ou un tod@s contra tod@s mixto. A ver onde están as parellas de feito, os arrimos, as unidades de convivencia, os pisitos, os picadoiros, as segundas residencias...?

    ResponderExcluir
  2. A ver se organizo eu algo parecido na miña pandilla... aínda que sería máis compensado entre "con fillos e sen fillos"...
    (ai deus, que maiores...) (as outras, claro)

    ResponderExcluir