18/06/08
Foto-denuncia: anarkaparkamento
Tivo éxito a nova sección de foto-denuncia. Remítenme unha estampa referida a un problema tan familiar como endémico nestes lares: o aparcamento. Non puiden evitar rescatar do baúl das lembranzas unha vella "reportaxe" daquel Mugardos en Internet. O caso é que cos pivotes semellaba que por fin os peóns poderían gozar das beirarrúas mugardesas. ¡Que luxo! ...Craso erro. O de sempre: cada quen fai o que lle peta sen pensar no resto.
Insisto: temos aí as festas. Non custa tanto poñer un pouquiño da nosa parte para ter a vila en condicións. Logo envexamos aos países do norte, claro... será que son menos cafres.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Pareceche moito esta foto, pois non hai mas que ver a rua diante do concello, todo o mundo montado nas aceras, no s pasos de peons e na zona amarela; e os guardias??? paseando por diante sen facer nada.
ResponderEliminarE esto pasa en todo o concello, que vergoña.
Un Saludo