21/01/2011

Breve cursiño para conducir por Mugardos (XXIV)


Prohibidas cacas.

O recente bando do Alcalde, lembrando unha normativa que pode castigar ata con 250 € as deposicións dos cans, é aplaudido pola oposición por IU-EU, que levou a iniciativa no asunto.

A partires de agora será interesante comprobar como, a dez metros dun coche reiterada e impunemente aparcado no peirao ocupando o carril enteiro mentres o seu dono toma o vermú nos bares, a Policía Local si multa a unha señora que deixou que seu can cagase na herba.

¿Ou non?

8 comentários:

  1. Porque o asunto, máis ou menos de fondo, sería a eficacia do control policial, ou se este tan sequera existe.

    E se non existe control policial, ¿ímolo solucionar publicando bandos? ¿Será o seguinte un bando que lembre que o estacinamento en plena vía está tamén castigado?

    ¿Que é o que celebra exactamente IU?

    ResponderExcluir
  2. Se hai unha ordenanza, está para cumprila e para facer cumprila. Personalmente, estou farto de pisar cagadas de cans nos parques onde xoga o meu neno, tamén estou farto de ter que aparcar no fondo do peirao mentras ducias de mugardeses e fo...rasteiros deixan o coche na estrada, pegados a Tino, a Isla ou o bar onde parar a beber. Estas cuestións forman parte da vida cotiá, especialmente das persoas con cargas e responsabilidades familiares, que moitos non teñen nin imaxinan.
    Por certo, a iniciativa, é decir, facer a campaña na rúa e concienciar á xente, neste caso e outros (árbores da Redonda, caseta de obra dos Corzás), non foi "da oposición": foi de EU. Se a alguén ten duda sobre a actitude de EU sobre outros temas máis "serios" ou "de máis peso" só ten que botar un vistazo ó "Praza Pública" ou ler as actas de Comisións e Plenos: a ver quén debate, quén se posiciona, quén propón e quén leva os temas preparados.
    Por certo, o BNG debería contratar a un "comisario lingüístico" ou poñerlle o Golfiño a Barcia no pecé: que non patinemos no uso da lingua aínda tería un pase, pero el... que é galeguista e tan lido...
    EU-IU (que non IU) celebra, supoño [;)] que o Alcalde faga algo e que o seu traballo (que o hai) sirva para algo.
    C'est la guerre, mon chéri.

    ResponderExcluir
  3. Addenda et Corrigenda:

    -Onde di: "non patinemos"
    Debe dicir:"nós patinemos"

    -Onde di: "o seu traballo"
    Debe dicir: "o seu traballo (o de EU-IU)

    ResponderExcluir
  4. Eu nun principio, e neste caso tamén por principios, non estou polo aplauso. Isto non me impide facer unha valoración positiva da tarefa de oposición que está a realizar Esquerda Unida no Concello de Mugardos e que para mín, sen deixar de recoñecer a valía , a constancia e a capacidade de traballo da concelleira Pilar Díaz, é un claro exemplo do traballo en equipo tal e como corresponde a unha organización política que se precie de selo.

    É certo tamén que dispón dun amplo espazo para facelo, posto que os demáis partidos políticos da oposición deixáronlle campo aberto ao non exercer as obrigas e responsabilidades que como tales lles corresponde. Uns porque adícanse máis a falar da política supramunicipal que da política local, ademáis de limitar ese exercicio ao terreo mediático, i os outros porque dende un principio renunciaron prácticamente a todo.

    Falades ao principio do control i a eficacia da policía local, poñendo finalmente en dúbida a súa existencia. Pero ao meu entender, ampliando o enfoque da cuestión e utilizando parte das vosas palabras e razonamentos, tanto iste problema, coma tantos outros e máis graves se cabe,que están a darse na gobernanza do Concello de Mugardos, son consecuencia directa da falta de eficacia e control do goberno municipal.

    ResponderExcluir
  5. hahahahahahahahahahahahaaaaaaa....
    Outra cousa: o "anónimo" que sinala os defectos de AG, penso que cae nunha contradición: parece que AG non aporta nada novo... porque rexeitou facer causa común con "outras forzas". Logo se esas outras forzas tivesen un oco en AG, non pasaría nada por presentar un novo matiz no espectro da esquerda mugardesa. Iso parece.

    ResponderExcluir
  6. É evidente que me equivoquei de post. ïa polo anónimo da "taberna mediática". Estoutro anónimo fala dun xeito prudente e asisado.

    ResponderExcluir
  7. Que multen xa de unha vez os coches mal aparcados no muelle, porque esto e un cachondeo.

    ResponderExcluir
  8. Cesar mandote un saludo e que teñas moita sorte se o final formas parte do novo partido un saludo amigo.

    ResponderExcluir