04/09/2008

Eles eran mugardeses



E velaí a loita fratricida terra-aire entre pulpeiros (sendo rigorosos, Rodríguez, o gato, naceu en Barallobre… pero paceu na Fontegrande). A tensión mascábase. O sangue fervía. Rodríguez xogaba coa pega preparando a rabuñada final… Pero aquí un menda, logo de botar a foto de rigor (pedíanmo a berros), arrancou ao sprint a calmar o instinto predador felino e a pega puxo alas-en-polvorosa ;)

Nota necrolóxica: Rodríguez desapareceu durante a xaneira do último inverno. Non hai probas, pero un infra-humano dos arredores gábase de linchar a tiros de escopeta ao primeiro bicho que pise a súa finca que non sexan os seus cans-exploradores-de-fincas-alleas. Pagaríalle coa mesma moeda se eu tamén fose un infra-humano. Ten sorte.

5 comentários:

  1. MRS.Chinaski05/09/2008 22:50

    Ö...Rodríguez...ese gran gato...de esa gran estirpe!

    ResponderExcluir
  2. Cesar, non sei porque dis: "Eles eran mugardeses", pois nin Rodriguez, era mugardes, nin a pega "era", porque a vin onte.
    Bromas aparte, a foto é bonita, xa a teño enmarcada.

    ResponderExcluir
  3. ay rodriguez... mi mas sincero pesar!!! que famoso que es rodriguez

    ResponderExcluir
  4. Estes tamén son mugardeses
    http://br.youtube.com/watch?v=SCl5TzlydqU

    ResponderExcluir
  5. Xa decía eu que este Rodrix tiña que ser de Barallobre,esa valía,ese temple..en fin xa non quedan gatos asi.Cuidao moito


    Un bico para Rodrix

    ResponderExcluir