01/02/2008

A costa de xaneiro



... estamos en tempos de rebaixas.

10 comentários:

  1. ¡Bravo! ¡Un humor de lo más fino!

    ResponderExcluir
  2. Hay quienes se consideran perfectos, pero es sólo porque exigen menos de sí mismos....
    con dinero y sin dinero...hago siempre lo que quiero....pero menos cobraréééé!!!

    ResponderExcluir
  3. ... y sigo siendo el rey (non o olvides hesse). Foi o que votou o pobo. En rebaixas hai que invertir ben os cartos e non mercar por mercar, a ver agora que aproba a oposición con eses 30.000 euros.
    Un saudo.

    ResponderExcluir
  4. invertilos mellor..que pagándolle a un alcalde elexido polo pobo, e que non se entera dods problemas que hai no concello, segundo declara públicamente..por non falar máis...tranquilo oubiña: a oposición malgastará mellor

    ResponderExcluir
  5. Non é por amolar, Mr. Stone, pero xa ve: fálase da vida pública e dispáranse os comentarios.
    Ideoloxía ou ideas aparte, está chegando vostede a un nivel altísimo, casi á altura dos cartelistas soviéticos. Noraboa.

    ResponderExcluir
  6. Sr. maximilien: penso que é precisamente da vida pública do que o pobo debe debatir; os problemas e/ou alegrías persoais han quedar pra os familiares e amigos..¿non?
    E sí, totalmente dacordo con vostede: ARTRITRIS é un crack!!

    ResponderExcluir
  7. Interesante articulo de Xoán Rubia:

    Cando exercemos o dereito ao voto nas eleccións municipais estamos a utilizar un dos mecanismos máis importantes nos que se sustenta o sistema democrático. Baixo o lema de cada home e muller un voto eliximos a un grupo de concelleiros que á súa vez decidirán o nomeamento do alcalde. Dende o momento en que é elixido, pasa a ser o alcalde de todos nós, sexa cal sexa o seu ideario político que, evidentemente, vai usar na súa praxes de goberno para intentar transformar, sempre crendo que para ben, certos parámetros que nos atanguen no noso modus vivendi. E un alcalde, meus amigos e amigas, pode acollerse á dedicación exclusiva, cousa que aparenta sensata, ou tentar de compatibilizar as tarefas do goberno municipal con outros traballos profesionais, asunto que non semella ser moi practico por aquilo de quen moito abarca pouco apreta e porque o traballo dun rexedor responsable pode que necesite de todo o seu tempo e máis. Sexa como sexa, este traballo e o salario son efímeros, pois a ocupación remata cando acaba o mandato ao que algúns se queren aferrar como se agarra un náufrago a un salvavidas. ¿Por qué?: pois quizais polo síndrome da moqueta do despacho, porque cando se manda é difícil o asumir deixar de mandar, porque da mágoa abandonar certo estatus dende o cal hai acceso a determinadas prebendas, porque unha vez quente a poltrona custa deixala, en fin, e unha chea máis de porqués entre os que tamén incide o poderoso cabaleiro, don diñeiro, que non che é moco de pavo e que tantas polémicas provoca, sobre todo cando chega o momento no que o alcalde establece canto debe percibir por exercer a dedicación exclusiva no seu traballo, un choio no que nunca, dito sexa de paso, cando toca decidir, chove a gusto de todos, no que un está sempre no ollo do furacán e mesmo ás veces, as mais, camiña baixo a chuvia sen paraugas cando caen chuzos de punta. Un traballo que, sen dúbida, debe ser decentemente remunerado. Algúns salarios compensan con creces estes inconvenientes polos que, a miúdo, teñen que pasar os nosos alcaldes. Non serei eu o que poña en tela de xuízo as remuneracións dos rexedores, mais ao contrario son dos que cren que os alcaldes con merecemento, deben de cobrar un soldo digno, ser xenerosamente retribuídos, si, pero, penso eu, conforme ao censo de poboación e as peculiares características da praza onde gobernan. Un soldo, por certo, suxeito ao regulamento da Función Pública ou do que sexa e establecido por lei co gallo de non entrar neses desencontros que se producen coa xente cando o mandatario se establece motu propio unha asignación ao abeiro da lei. Polo momento, esta praxis de se impor un salario, namentres non se lexisle doutro xeito, é lexítima aínda que, nalgúns casos puntuais, un tanto indecente.Non serei eu o que poña en tela de xuízo as remuneracións dos rexedores, mais ao contrario son dos que cren que os alcaldes con merecemento, deben de cobrar un soldo digno, ser xenerosamente retribuídos, si, pero, penso eu, conforme ao censo de poboación e as peculiares características da praza onde gobernan. Un soldo, por certo, suxeito ao regulamento da Función Pública ou do que sexa e establecido por lei co gallo de non entrar neses desencontros que se producen coa xente cando o mandatario se establece motu propio unha asignación ao abeiro da lei. Polo momento, esta praxis de se impor un salario, namentres non se lexisle doutro xeito, é lexítima aínda que, nalgúns casos puntuais, un tanto indecente. E miren por onde, ao fío desta reflexión e namentres a estou a compartir con todos vostedes, chega a min a nova de que o pleno da Corporación mugardesa remata de retirarlle ao alcalde a dedicación exclusiva o que supón anular a remuneración que este tiña asignada e que ascendía a 30.000 € ao ano, pasando a percibir a partires de agora corenta euros ao día (de luns a sábado). Unha substancial rebaixa motivada, parece ser, pola perda de confianza dos munícipes respecto ao traballo do presidente da Corporación. Non teño referencia doutro caso igual. O mesmo haino. Non obstante, non creo que a rebaixa do soldo do alcalde sexa a solución a todos os problemas que ultimamente afectan ao Concello. Se a maioría dos concelleiros non estaban satisfeitos co traballo do alcalde con dedicación exclusiva, non vexo como as cousas poden tornar mellor pasando agora o rexedor a ter outra condición e un salario reducido á terceira parte. Se do que se trataba era de reprobar a súa labor, quizais a moción de censura fose o máis politicamente correcto. Se hai perda de confianza na xestión, o alcalde marcha e punto. Oxalá esta nova situación non de pé a unha etapa de desgoberno que empantane importantes proxectos, conxuntura que en nada ía beneficiar os intereses do pobo de Mugardos. Imos a ver que pasa.

    E digo eu, en ferrol tamén PSOE-EU quitarase a dedicación exclusiva e por exemplo pagarallé os policias locais o que lles deben (que levan catro anos co salario conxelado)ou eso só pasa en Mugardos...

    Un saudo

    ResponderExcluir
  8. neste circo político as feras (concelleir@s) actúan sempre ás ordes do domador (as súas organizacións)..isto fai máis complicado e, sobre todo, máis lento, a formulación dunha moción de censura...pero, por sorte ou por desgraza, algún león ataca á man que lle dá de comer.paciencia..show mus´t go on!!

    ResponderExcluir
  9. Para mi gusto, el artículo de Xoán Rubia supera en insustancialidad a sus habituales artículos, con lo que bate una marca difícil de superar. Sobran palabras y faltan ideas y argumentos. Le da mil vueltas a la noria, como de costumbre, para sacar apenas un vaso de agua.
    En el fondo, todo se reduce a: en esta situación, ¿no sería más lógico hacer una moción de censura? Se le puede contestar, galaicamente, con nuevas preguntas: ¿Por qué no entra usted más a fondo, señalando, por ejemplo, quién debería y tiene la obligación de asumir esa responsabilidad? O: ¿es normal que alguien que opina públicamente de política empiece su artículo así?: chega ata min a nova de que... El intelectual distraído, desde su atalaya, recibe una noticia en alas del viento... Y digo yo, ¿el intelectual (presunto) no debería ir a los plenos, o al menos leerse las actas, y decirnos?: he revisado todos los puntos de este caso, que son éste, ese y aquel y opino que don fulano ésto y doña fulana lo otro. Es menos poético, pero más político, en el sentido noble, recio y puro del término.
    Voy, cariño, estoy acabando de limpiar la katana...

    ResponderExcluir