29/05/2007

¿E se Mugardos e Ares se fusionasen? (Edición 2007)



Extrapolando os resultados das mesas de Ares e Mugardos ao noso virtual Concello de Bezoucos atopámonos coa continuidade do pacto PSdeG - BNG, agora sen a necesidade matemática de incorporar a EU-IU. Desaparecerían os Independentes de Mugardos e Nueva Alianza de Ares non chegaría ao 5% mínimo para obter a representación do pleno.
Seguíame picando a curiosidade e sumei os votos dos dous partidos escindidos do PP (Nueva Alianza e Acción por Mugardos) e dos dous partidos independentes (Independentes por Mugardos e UPAres). O resultado sería PSOE 5, PP 5, BNG 4, Independentes 1, EU-IU 1, Escindidos 1.

Aquí os resultados de Bezoucos no 2003.

6 comentários:

  1. Era lo que faltaba: más cemento.
    Yo prefiero fusionarme a los concellos de mi ría. ¿Cómo quedaría entonces tu extrapolación?

    ResponderExcluir
  2. Facíame ilusión coñecer o resultado dunhas hipotéticas eleccións municipais nunha península de Bezoucos unida. Pero se queres saber o resultado da unión de Ferrol, Narón, Fene, Mugardos e Neda velaquí tes:

    Concelleiros (creo que 27)
    PSdeG-PSOE 8 (27,2%)
    PP 7 (23,7%)
    TEGA 4 (14,0%)
    BNG 4 (13,6%)
    EU-IU 2 (10,0%)
    IF 2 (6,97%)

    ResponderExcluir
  3. ¿E si fusionáramos todos os concellos de España?. Rajoi seria o Alcalde :)

    ResponderExcluir
  4. Non, se fusionásemos todos os concellos de españa rajoy non sería alcalde. Nin sequera gallardón.

    ResponderExcluir
  5. Para o seu disfrute e contento, e como xa lle comentei algunha vez, o antigo Bezoucos incluía tamén, se non me equivoco, as parroquias de Barallobre, Limodre e Maniños, no actual concello de Fene.

    Os resultados nelas foron (B, L, M):

    PSOE: 339, 73, 258
    BNG: 263, 98, 340
    PP: 277, 90, 185
    IU: 32, 16, 29
    TG: 22, 11, 23

    E así como quedaría?

    ResponderExcluir
  6. Pois non cambiaría nadiña:
    PSdeG-PSOE 6 (29,6%)
    PP 5 (28,0%)
    BNG 5 (26,9%)
    EU-IU 1 (5,2%)
    NAL 0 (3,5%)
    IpMU 0 (3,1%)
    UPAres 0 (2,1%)
    AM 0 (0,9%)
    TEGA 0 (0,6%)

    Pero volvendo á hipótese da unión entre os escindidos do PP de Ares e Mugardos por un lado e por outro dos independentes (IpMU e UPAres), aparece un dato significativo: os independéntes quitaríanlle ao PSOE o sexto concelleiro, provocando triple empate:

    PSdeG-PSOE 5 (29,6%)
    PP 5 (28,0%)
    BNG 5 (26,9%)
    Independentes 1 (5,3%)
    EU-IU 1 (5,2%)
    Escindidos do PP 0 (4,4%)

    Diosss, que friki é todo isto! ;)

    ResponderExcluir