13/04/06

¿E se Mugardos e Ares se fusionasen?



Se Mugardos e Ares fosen un único Concello contarían cunha poboación de 10.835 Habitantes (2003), tendo polo tanto unha corporación de 17 concelleiros como ten, por exemplo, Fene. Coa Lei d'Hont na man a composición do pleno sería a que vedes.

6 comentarios:

  1. A verdade é que da para comentar bastante a extrapolación. Vexámolo por partidos:

    PP: Malia que sería a forza máis votada perdería a maioría absoluta de Ares e presumiblemente pasaría á oposición na que xa están en Mugardos.

    PSdeG: Sería o principal beneficiado dun tripartito PSdeG-BNG-EU, xa que o Alcalde de Bezoucos sería o candidato de Ares (890 votos por 761 de Mugardos).

    BNG: Sabor agridoce ao perder a Alcaldía de Mugardos a cambio de que os nacionalistas aresanos entrasen a formar parte do goberno.

    EU: Manterían a concelleira de Mugardos grazas aos votos dos mugardeses (467 por 83 de Ares). Serían peza clave para a maioría no Pleno.

    IpMU: Malia obter votos unicamente en Mugardos, conservaría un escano na corporación. Sería prescindible para un goberno progresista e insuficiente para unha coalición co PP.

    UPARES: Non acadou representación en Ares polo que conseguila en Bezoucos sería imposible.

    ResponderEliminar
  2. Xa postos habería que meter tamén as parroquias de Barallobre, Limodre e Maniños. O panorama había cambiar pouco e se facía máis xustiza ao territorio históricos de Bezoucos ou Bisancos.

    Seguro que algún crego dos que coñecemos se apuntaba a isto!

    Saudiña

    ResponderEliminar
  3. Parabens polo blog neno. Xeitoso, sinxelo e con cousas interesantes...

    Tentarei de pasar de visita a cotio

    Saudos dende Irlanda

    ResponderEliminar
  4. Outro apuntamento interesante: se os independentes de Ares (Unión por Ares) e Mugardos (Independientes por Mugardos) unisen forzas acadarían 798 votos e subirían a 2 escanos, quitándolle o sétimo ao PP.

    ResponderEliminar
  5. Ti sempre pensando no PP...que considerado, je, je.

    ResponderEliminar
  6. A colaboración e unión dos dous concellos, xa a vin como positiva fai mais de 25 anos.
    http://chanteiro.blogspot.com/2006/02/oxe-10-de-febreiro-desde-o-meu.html

    "A Voz de Chanteiro"
    http://chanteiro.blogspot.com

    ResponderEliminar