09/08/2006

¿Malversación?



malversar v.t. Apropiarse indebidamente de [capital alleo] para investilo en usos distintos a aqueles para os que este estaba destinado. Malversa-los bens públicos. Sospeitaban que o secretario malversaba os bens da compañía.

32 comentários:

  1. Eso que hai na esquina é o logotipo do Grupo Municipal Socialista, que non é máis que un subgrupo de concelleiros adscritos a esa estructura municipal.
    Os grupos municipais en todos os concellos teñen á súa disposición unha cantidade mensual ou trimestral de material de oficina para os usos que estimen convintes (si, co logo do concello). Ademais soen ter unha asignación económica.

    Aqui vai outra definición:

    difamarv.t. Quita-la boa sona ou creto a [alguén], de forma oral ou escrita. Difamárono por vinganza. SIN. denigrar, desacreditar, desprestixiar, infamar.CF. calumniar.

    ResponderExcluir
  2. Non digades parvadas, NUNCA co logo do Concello. É como se o PSOE, o PP ou o BNG no parlamento galego empezan a mandar publicidade ás casas co emblema da Xunta.

    ResponderExcluir
  3. Se ves que estou "difamándo" non agardes máis e denúnciame:

    César Pena Leira
    DNI: 76418753

    ResponderExcluir
  4. Se ves que está "malversando" non agardes máis e denúnciao:

    Ramón Toimil Saavedra
    Grupo Municipal de PSdeG-PSOE
    Concello de Mugardos
    Avda. de Galicia, 45 CP. 15620 Mugardos

    ResponderExcluir
  5. Eu fago unha pregunta ("¿Malversación?") e aporto a imaxe do sobre e a definición da Real Academia Galega do verbo "malversar", para que cada quen saque as súas conclusións, que somos todos maiorciños. Se pensas que iso é "difamar" alá ti e o teu sentimento de culpabilidade.
    De calquera xeito, no seu día veremos os resultados que obtén cada quen. O pobo xulga.

    ResponderExcluir
  6. Eu fago unha pregunta ("¿Difamación?") e aporto unha explicación do uso de material de oficina e a definición da Real Academia Galega do verbo "difamar", para que cada quen saque as súas conclusións, que somos todos maiorciños. Se pensas que iso é "difamar" alá ti e o teu sentimento de culpabilidade.
    De calquera xeito, no seu día veremos os resultados que obtén cada quen. O pobo xulga.

    ResponderExcluir
  7. O BNG merca os seus propios sobres e paga os seus propios selos. Tamén son "un subgrupo de concelleiros adscritos a esa estructura municipa", pero non usan sobres co timbre do Concello.

    ResponderExcluir
  8. E o PSdeG usa o teléfono da súa sede para as comunicacións cos afiliados. O BNG usa o do concello.

    ResponderExcluir
  9. ¡Non me digas! E os concelleiros do BNG usan os seus propios coches para facer xestions e traballos do concello. Os do PSOE usaban o do concello hasta para ir á casa (o señor Cabalo de San Juan tivo "taxi" oficial para ir e vir á casa durante anos). Se estás de acordo con que Toimil roube sobres, pois propón unha lei para que sexa legal, pero non o xustifiques.

    ResponderExcluir
  10. Chaider, se ve que os teus amigos do PSOE che informaron mal sobre o dos telefonos. Que che conte Toimil como os concellais do PSOE non devolveron os moviles despois de marchar do goberno, tiveronllelos que pedir por escrito un mes mais tarde. Igual que fixera Fariña por certo, co que sodes unlla e carne

    ResponderExcluir
  11. Non digas o dos coches particulares, porque é comprobable que os do Bloque pasan facturas de gasoliña (e moitas veces os importes non se corresponden con esas "xestións", a menos que Mugardos mida 500 Km de lado a lado).

    Repito que os sobres non son robados, senón repartidos aos grupos municipais (se fose doutro xeito o concello sería moi nedlixente ao non saber custodiar o seu material de oficina, que en calqueira sitio serio o almacén do material ten un encargado e un inventario). ¿Acaso hai certo caos na dirección dos funcionarios?

    O dos móbiles é falso. Iso si, algún concelleiro do BNG debe ter moitos veciños que chamar, porque as súas facturan da medo velas.

    Por certo, ningúen desminte as roldas de chamadas que o BNG acostuma a facer dende o concello.

    Mellor calar.

    ResponderExcluir
  12. As facturas dos móbiles serán caras precisamente porque os concelleiros do BNG traballan e xestionan, non están prexubilados e non sempre poden facer todo dende a Casa Consistorial.

    O problema é que os socialistas non debedes saber o que é traballar e xestinar para o pobo.

    ResponderExcluir
  13. Seica ahí lle doe os nacionalistas de Mugardos. Non rabees, que non nos imos a enfadar por unhas chamadiñas de móbil.

    ResponderExcluir
  14. Por que non querían devolver os móbiles os do PSOE e Fariña?

    ResponderExcluir
  15. NON SE DEBEN ROUBAR SOBRES E PUNTO. PERO COMO SE PODE INTENTAR XUSTIFICAR?????

    ResponderExcluir
  16. Xa te expliquei que non houbo tal roubo, e despois te detallei pequenos roubiños do BNG.

    E non berres, home, que non é necesario.

    ResponderExcluir
  17. Creo que cho están explicando mal: non é a cantidade económica que valeran os sobres, Chadler, é o feito de que o PSOE intente facer pasar publicidade súa como se fose información oficial dunha administración pública. Iso non está ben. Infórmate e verás que ninguén lle entregou os sobres a Toimil, nin os reparte o Concello entre os partidos. Simplemente os colleu e pegoulles por enriba o logotipo do PSOE. Non está nada ben tampouco utilizar coches oficiais para viaxes privadas nin seguir utilizando teléfonos que son da administración unha vez que se deixa o goberno. ¿Qué xestións estaban a facer logo os do PSOE?

    ResponderExcluir
  18. Compañeiro Chaider, consulta primeiro cos teus compañeiros da agrupación local do PSOE sobre a lameira na que te estás metendo. Non creo que lles guste entrar a fondo nun tema onde poden saír malparados.

    ResponderExcluir
  19. Si, si, moito sobre de Toimil, pero da corruptelas do BNG todos caladiños.

    Sodes o mesmiño que o PP.

    ResponderExcluir
  20. Si, ho, que o PP co que o PSOE estivo gobernando en Mugardos, que o PP co que o PSOE quixo argallar unha moción de censura e que o PP co que o PSOE vota o 90% das veces no Concello de Mugardos...

    ResponderExcluir
  21. Ao PSOE dalle o mesmo pactar co PP que co BNG en Mugardos. Pouca diferenza hai.

    ResponderExcluir
  22. ¿Poderías mencionar algún Concello onde se lle den sobres oficiais aos grupos municipais? É máis: ¿neste caso, o PSOE recibiu os sobres do propio Concello ou foi algún dos membros do grupo a collelos nalgures?

    ResponderExcluir
  23. ¿Poderías mencionar algún Concello onde se os grupos municipais chamen gratuitamente aos seus afiliados? É máis: ¿neste caso, o BNG chamou públicamente no propio Concello ou foi algún dos membros do grupo a facelo ás agochadas?

    ResponderExcluir
  24. Chaider, pareces máis preocupado en demostrar que os demáis son iguais ou piores que vós que en aclarar o tema dos sobres, onde ti mesmo comezaches dicindo "Os grupos municipais en todos os concellos teñen á súa disposición unha cantidade mensual ou trimestral de material de oficina para os usos que estimen convintes (si, co logo do concello)".
    Como se foses un neniño pequeno limítaste a parafrasear o que che digo, pero nunca respondes. Pensas que atopaches petróleo no dos móbiles e xa te enrocas nese tema. Preguntáronche porque os teus compañeiros do PSOE non devolveron os móbiles de concelleiros cando deixaron de selo e ti sacas o das facturas dos concelleiros do BNG. Seguramente do que non levaches conta é de que os concelleiros do BNG, ademais de ser máis traballadores que tódolos do PSOE xuntos, xestionan en minoría tódalas áreas do Concello de Mugardos. Moisés Rivadulla leva el só 7: Obras, Servizos, Medio Ambiente, Persoal, Facenda, Patrimonio e Patrimonio Histórico. Evaristo Deus outras 7: Cultura, Deportes, Turismo, Mocidade, Edudación, Emprego e Política Lingüística (ademais de ter que ter que compatibilizado ata hai ben pouco co seu traballo en Santiago).
    Iso como resposta ás túas dúbidas sobre as facturas dos móbiles, a ver se así te animas ti tamén a responder ao que che preguntan. Lémbrocho: ¿Porque non devolvían os móbiles os membros do PSOE ao deixar o goberno? ¿Poderías mencionar algún Concello onde se lle den sobres oficiais aos grupos municipais? ¿Recibiu o PSOE os sobres do propio Concello ou foi algún dos membros do grupo a collelos nalgures?
    Graciñas de antemán pola túa resposta. Seguro que desta vai.

    ResponderExcluir
  25. En primeiro lugar a metade do que contas non se corresponde coa realidade.

    E agora unha preguntiña que deixaches sen contestar ¿dime por que os teus amigos Moisés e Evaristo usan o teléfono do concello para fines partidistas?

    E outra máis: Evaristo, ademais de facer todas esas cousas... ¿colabora nas tarefás domésticas?

    Por certo, non creo que ter 11 anos sexa nengún demérito. A discriminazón por motivos de idade e inaceptabel.

    ResponderExcluir
  26. Dis "En primeiro lugar a metade do que contas non se corresponde coa realidade", e a continuación cambias de tema sen explicar cal é a "túa" realidade (!!!!)
    O sinto, non podo seguir o teu ritmo absurdo. Aquí o deixamos.
    Avísame cando cumpras 12.

    ResponderExcluir
  27. Precisamente cumpro a ducia de primaveiras mañá, o que non me impide ver a corrupción, prevaricación e malversación na que incurre o BNG en Mugardos. Calqueira neno podería velo.
    Menos mal que todo apunta a que tras as próximas municipais voltará a gobernar un partido limpo como é o PSdeG-PSOE.
    Viva Mugardos !!!

    ResponderExcluir
  28. Vi-vaaaHon-duras!

    Viváaaa!!!

    ResponderExcluir
  29. Non é un bo exemplo Honduras, onde o ano pasado o Partido Nacionalista perdeu as eleccións contra o Partido Liberal.

    ResponderExcluir
  30. Oes, Chaider, non quero parecer faltón pero, ¿cando foi a última vez que pasaches un psicotécnico?

    ResponderExcluir
  31. Cando se carece de razón o insulto é o recurso máis a man.

    ResponderExcluir