13/08/2011

Welcome to the jungle (Benvidos á xungla)

Coches dando marcha atrás para poder deixar paso aos que veñen en dirección contraria por culpa dos estacionamentos inaxeitados.

Todo un carril de circulación invadido por coches dende a altura do Café-Bar Tino ata a altura do Malecón.

E menos mal que o tema estrela na campaña das recentes eleccións municipais foi o turismo. De non selo, da medo pensar no tratamento que o goberno municipal puidera darlle a un eido tan vencellado á imaxe que unha vila transmite de si mesma como a regulación do tráfico.

O do paseo marítimo hai ben tempo que esgotou calquera calificativo. Hoxe en día xa non sorprende que o carril dirección Parque da Constitución (onde a falta dunha zona de aparcamento, hai dúas) estea invadido por coches estacionados indebidamente. Os turistas, claro, o primeiro que perciben desta vila con pretensións turísticas é a do cachondeo viario. E apúntanse a el, claro.

¿Alguén lembra algunha vez ter visto esa estampa tan cotiá noutras vilas dunha parella de policías locais paseando pola principal arteria comercial? ¿Alguén considera beneficioso para a imaxe dun pobo que se quere promocionar turisticamente que a mediados de agosto os propios conductores teñan que autoorganizarse para poder circular polo peirao? ¿Transmitimos imaxe de vila seria cando os vehículos que acceden ao Parque da Constitución se ven obrigados a retroceder 200 metros marcha atrás porque o único carril hábil non é abondo para a circulación nos dous sentidos?

Atopámonos, probablemente, coa que é a pior xestión de Persoal, Servizos e Turismo da historia deste concello. Lamentablemente, cando rematen os 100 días de cortesía xa teremos outra remesa máis de visitantes dispostos a non volver pisar esta vila. Como aqueles que chegando arredor das 15:00 h. á XXI Festa do Polbo dende calquera punto do país atopáronse con que xa rematara o conto.

Que ninguén agarde polas dimisións.

22 comentários:

  1. Poideches por unha da que vai a o clube do mar, aquelo era digno de ver.

    ResponderExcluir
  2. A culpa non é do Concelleiro; a culpa é de quen o ten aí e de quen o puxo aí: o pobo de Mugardos. Á maioría da xente válelle todo así, con tal de estar eles quentiños e poder deixar eles o seu cochiño onde lles cadre. Porque non dan para máis. Súmese, a un pobo criado en torno a Astano/Bazán e as súas prexubilacións + os autónomos e empresas que viven do mesmo (Astano/Bazán) a falta de cultura e as penurias pasadas non hai tantas décadas. Resultado: a cervexa está accesible e hai carne en abundancia no súper. Logo todo está ben. Pero son inxusto. Haiche xente máis avanzada, que non se conforma con iso: habendo petas e bares onde esbardallar sobre todo o que non sabe, ¿qué importancia terá que os coches aparquen en dobre fila, que os nenos alboroten na rúa ata as catro da mañá ou que desafoguen a súa sexualidade na praza pública? ¡Hai unha cousa chamada "liberdade", señor Artritris! Non sabe o que é? Pois é o camiño inexorable a Méjico lindo y queridooooooo....

    ResponderExcluir
  3. Este comentário foi removido por um administrador do blog.

    ResponderExcluir
  4. En principio , aínda que sobre este asunto hai moito que comentar e moito máis aínda que facer , só apuntar que o dos 100 días é para os que empezan de novo e, que eu saiba , excepto unha persoa ,todos os nosos gobernantes locais actuais levan como mínimo algo máis de catro anos ocupando o cargo, algo máis que suficiente como para ter unha mínima experiencia se se atende cunha mínima dedicación e responsabilidade.

    Lamentablemente os feitos falan por se sos .

    ResponderExcluir
  5. Home, así sen pensalo moito, eu xa conto 7 que son novos na corporación, unha do BNG,un do PSdG,tres do PP e dous de IU-EU.
    agora que o dos cen días,e unha parida, xa que moitos deles, levan tempo dentro dos seus partidos, vendo o que se pode mellorar e cambiar no pobo.

    ResponderExcluir
  6. Tedes toda a razón do mundo

    ResponderExcluir
  7. Es muy valiente el que llama borracho a un concejal sobre la base del anonimato seguro que tu eres un politico frustrado tambien.

    ResponderExcluir
  8. Buenas, una cosa puedo decir al respecto, te puedo asegurar que nunca veras su coche mal aparcado, por lo de cubata y cubata puede ser que si, y que yo estuviera con él, y te puedo asegurar que lo que estaba celebrando bien se merecía una docena, pero lo que se es que él no esta gobernando y mucho menos en el equipo de gobierno, de todas formas muy valiente no es el que lo critica y muy lejos no estaría, es más seguro que hasta le pago algún cubata, jajaja, siempre tiene que existir algún Judas.
    Cuando le comente que estaba este comentario en este foro y le dije si no pensaba contestar me dijo que él estaba en el PP para hacer cosas buenas por Mugardos, no para hacer criticas destructivas hacia los que están intentando mejorar este pueblo, y que a él de momento nadie le dijo que tendría que guardar celibato por ser concejal, que estos comentarios ya se los esperaba y que no le preocupan lo más mínimo, que mientras el este haciendo todo lo que esta en su mano por mejorar Mugardos en el horario que lo tiene que hacer y quitando tiempo de su poco tiempo libre para ello.
    Que en el de horario de noche si no hay policía no es culpa ni de él, ni del equipo del PP, pero que intentaran que eso cambie.

    La verdad es que es muy fácil criticar desde casita sentado delante del ordenador y en un anonimato, pero bueno esto es lo que tiene poder criticar a todo el mundo desde el sillón sin hacer nada más, me recuerda mucho a los que se llaman periodistas del “SALVAME DE LUXE” jajajajaja.

    Asi que yo voy a hacer lo mismo, jajajjajajajajajajajjajajajjaja

    ResponderExcluir
  9. Sería desexable que os temas de debate evitasen cuestións persoais que pouco ou nada teñen que ver co interese público.

    Aproveito tamén para lembrarlle ao PP as alusións á "axetreada vida privada" do concelleiro Xoán Xosé Roca que aló por abril fixo no seu blogue oficial as cales este denunciou no Pleno do 29 dese mes. Semella que onde as dan, as toman. Aprendan a lección uns e outros.

    ResponderExcluir
  10. Falas de non facer comentarios persoais e eres o primeiro en adicarte a facer campañas totalmente persoais de desprestixio de determinadas persoas (independentemente de que estea de acordo co tema dos aparcamentos). Polo que vexo agora deuche por esta persoa como antes por outras nunha actitude, sinceiramente o digo, moi pouco constructiva. Con respecto ó tema dos coches como ti ben sabes a maioría deles son de xente de Mugardos (sexamos sinceiros) ti e máis eu vimos o que pasaba pero só se che ocorre coller unha cámara. Se realmente quixeras evitar atascos ou apartamentos indebidos deberías chamar á garda civil que nun momento estaría no porto pero tampouco porque o problema non son os apartamentos, os atascos no porto, o que cobran os políticos, ... son cousas túas persoais que utilizan en nome do ben dos mugardesese. Pois veña e dalle que chove.

    ResponderExcluir
  11. Faríasme un favor apuntándome cando menos unha entrada deste blogue que che pareza de "desprestixio persoal" e "pouco constructiva". Así tería claro se o problema é meu, ou é que a ti che proe que me pronuncie publicamente de asuntos de interese público sen pedir permiso.

    Polo de agora, permite que a nefasta xestión dos servizos públicos exercida polo actual concelleiro me pareza denunciable, e que o faga dende eiquí.

    Saúdos.

    ResponderExcluir
  12. Buenos días.

    Acabo de ver los comentarios que se hacen hacia mi persona y no voy a decir nada más que si alguien tiene algo que decir de mi vida privada puede decírmelo a mi directamente y lo hablamos cordialmente, no me como a nadie, seguro que el que hace este tipo de comentarios sabe perfectamente donde y como encontrarme, eso si, no detrás de una mascara como anónimo, y tengo que decir que en una cosa si tiene razón, ese día estaba en el Malecón celebrando con mis amigos el nacimiento de mi hijo de lo cual me siento muy orgulloso..
    Por lo del tema de los aparcamientos el Partido Popular de Mugardos lleva más de 1 mes preocupándose de que exista una ordenanza actualizada que regule el trafico en el concello de Mugardos, se puede ver en el acta del ultimo pleno ordinario que fue el día 29 de JULIO, donde se pregunta por su existencia, yo también tengo fotos de como se conduce y se aparca en Mugardos mucho antes de este articulo, por que como ya digo el PP de Mugardos viene trabajando en esto desde que se nombro la nueva mesa, eso si, en horario de trabajo que es cuando lo tengo que hacer.
    El que quiera puede revisar las actas de los plenos ya que están al alcance de todos, incluso los que tanto criticáis estáis invitados a asistir ya que son actos públicos, los cuales están siempre vacíos, miento siempre se agradece la asistencia de unos señores vecinos de San Juan que asisten a casi todos.
    Sin más quiero agradecer los comentarios que han salido en mi defensa.

    Un saludo.

    Gustavo
    Concejal PPdM

    El comentario lo tengo que poner como anonimo ya que no me deja identificarme.

    ResponderExcluir
  13. Eu, como creador desta bitácora, pero tamén como lector, lamento moito que un artigo denunciando o caos circulatorio desta vila derivase en cuestións persoais. Se cadra debería ter borrado no seu momento o terceiro comentario deste fío. Fareino agora.

    Por outra parte, Gustavo, alégrame moito saber que o PP de Mugardos leva un mes traballando no problema do tráfico que ten Mugardos. Ánimo e paciencia.

    ResponderExcluir
  14. Muchas gracias Artritris, también aprovecho para comentarte a ti y a cualquiera que lo necesite que estamos para lo que haga falta, si necesitas contrastar cualquier información ó cualquier cosa que necesitéis, en la oficina del PP que esta en el concello ó en el teléfono del PP estaremos a vuestra disposición siempre que os haga falta.

    Un saludo.

    Gustavo
    Concejal PPdM

    ResponderExcluir
  15. I eu pensando que a culpa de que os coches estean mal aparcados era...¡dos que os aparcan mal!

    Igual é unha idea revolucionaria neste blog...

    Sóame o Leon granate da primeira foto...

    ResponderExcluir
  16. Mientras en las horas de concello cumplan, ¿que os importa lo que hagan fuera?
    ¿O tengo que recordaros que también tienen vida?
    El problema del aparcamiento, es del que aparca que no tiene un apice de civilización.

    ResponderExcluir
  17. Si, claro que a responsabilidade é da xente. A responsabilidade SEMPRE é da xente, obviamente. Cando aparcan mal, cando rouban, cando violan, cando asasiñan... e non por iso hai que ficar coas mans nos petos agardando unha repentina concienciación social.

    A xente "incivilizada" que en Mugardos aparca onde lle peta, porque sabe que non pasa ABSOLUTAMENTE NADA, civilízase axiña noutros concellos onde saben que a cafrada lles pode saír cara.

    ResponderExcluir
  18. En fin,acabo de ler os comentarios últimos desta entrada, que xa lera, e síntome obrigado a solidarizarme co meu compañeiro de pleno e comisión. Gustavo: alégrame sinceramente que tiveses un fillo. De sabelo, teríache dado onte a noraboa en persoa. Que che dea tantas satisfaccións como, sen dúbida, lle dará seu pai a el. E desde logo, alégrome de que teñas amigos con quen celebralo cando, onde e como a ti che plaza. Un abrazo e un cordial saúdo ó teu compañeiro J.A.: as cousas do Pleno, que queden alí.

    ResponderExcluir
  19. Muchas gracias Ramiro, se agradece ver el apoyo de los compañeros del concello, muchas gracias y los saludos serán dados.

    Un abrazo compañero.

    Gustavo
    Concejal del PPdM.

    ResponderExcluir
  20. Eu quedome abraiado,eu aparco mal, coma a maioria dos veciños de mugardos, o problema non e aparcar un chisco mal o problema e non ter un oco no pobo donde aparcar,alguen pode decirme cantos aparcadoiros de recente creacion ai neste concello,(non contemos os da piscina) penso que ningun e en cantos vehiculos se incrementou o parque, posiblementre nuns douscentos e quedome corto,
    Consecuentemente fagamos aparcadoiros ai chan suficiente e ben situado sin perxudicar a ninguen,logo exirlle o garda que tome as medidas oportunas con todas as da ley e que viren polo
    pobo a pe que non contamina.

    ResponderExcluir
  21. En relación co publicado no blog do BNG de Mugardos , con data 2 do presente mes , baixo o título “Nova modalidade: denuncia infraccións vía blog “ , quixera dicir en primeiro lugar que ante manifestacións deste calibre, por moito que nos poidan sorprender,estrañar e ata desorientar,non podemos ní debemos permanecer indiferentes.

    ¿Cómo se entende e interpreta que desde o goberno dunha das Institucións do Estado, neste caso desde o goberno municipal do BNG no Concello de Mugardos, atáquese e inténtese á vez descualificar o exercicio dun dereito cívico e universal recollido na Constitución Española e na Carta Universal dos Dereitos Humanos como é o feito de expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reproducción ? ( Art. 20 da Constitución )

    Ao meu entender o máis grave de todo iso , ademáis de ser a expresión duns cargos públicos elixidos democraticamente, é o feito de que ditas manifestacións poideran non terse producido de forma espontánea e individual se non, que ata é posible que formen parte do seu pensamento político.

    Descoñezo se as denuncias públicas que se mencionan no blog do BNG teñen válidez xurídica e legal, para min neste caso é o de menos, pero si que podo dicir con toda claridade e rotundidade é que teñen total e absoluta validez democrática.


    Descoñezo tamén se desde o Concello tense medo a sancionar aos infractores, pero me dá a impresión que desde o goberno municipal tense medo á liberdade de expresión.

    ResponderExcluir
  22. El PP no para, ya hay mas denuncias al respecto en su pagina. Estos dan leña carallo.

    ResponderExcluir