28/08/2008

Caladiños: accidente* en Punta Promontorio



Onte, mércores 27, a iso das 12 do mediodía, comezaron a soar sereas en Punta Promontorio. Como unhas tres ou catro ao tempo. Dende onde agora estou escribindo sepáranme non ben os 450 metros do tutti frutti industrial perpetrado por Tojeiro. As sereas escoitábanse ben, berraban alto. Como estes días andan a falar da chapuza de plan de emerxencia convencinme de que se trataba dalgo diso, pero o son das sereas desacougaba un pouco e pechei as fiestras da casa, non fora ser. Duraron dous ou tres minutos e logo calaron para dar paso pouco despois a outra de son distinto e máis continuado. "Andarán probándoas", pensei sen querer darlle máis importancia.
Agardaba con escepticismo a hoxe para enterarme pola prensa do que realmente pasara. Non fixo falla. Vía Chuza! din co vídeo que tedes aquí arriba e logo atopei a nova do accidente no complexo petroquímico. Os de sempre (uns e outros), caladiños coma bos lacaios de quen insire xenerosamente publicidade nas súas páxinas. É lamentable a falta absoluta de respecto que teñen por nós. A ocultación da realidade. A mentira. E xa non se trata de calar aos que nos opoñemos a que unha planta de gas a metan onde a meteron. Trátase da perda de dignidade dun pobo enteiro. Dos que estamos en contra e dos que están a favor. Porque supoño eu que os que queredes a Reganosa en Punta Promontorio non lle entregastes un cheque en branco para que vos chulee con cousas como esta e moito piores. Estariades bos.

P.D.: Cando menos, unhas palabriñas do señor Alcalde dando conta do acontecido ¿non? ¿Que temos que facer a vindeira vez que soen as sereas? Porque eu non teño nin puñetera idea e teño dous tanques diante dos fuciños. Un pouquiño de seriedade non viña mal.

* Nota de Ártabra 21: "A nova que publicou Artabra 21 às 01:48 hrs do 28/08/08 na súa primeira edición e ampliada logo en dúas edicións máis, en relación a un accidente ocurrido en "Forestal del Atlántico" corresponden realmente a setembro do 2007. A fonte que enviou as imaxes as databa no día de onte [27.08.2008] polo que deu lugar a confusión. A noticia se reafirmou ao dar outra fonte información das sereias de alarma que se escoitaron en Mugardos. Ártabra 21 continua investigando sobre a orixe destas imaxes e o porqué non apareceron publicadas antes. Desde Artabra 21 pedimos desculpas pola confusión creada e reafirmamonos no compromiso de continuar informando dun xeito crítico e veraz sobre todo o relacionado coa planta regasificadora de Mugardos."

Xa que logo, e como parece que accidente non houbo, xorden outras preguntas: ¿Poden unhas instalacións de risco como as de Punta Promontorio facer saltar as alarmas (que como o seu propio nome indica, serven para "alarmar") como se da proba de son da orquestra do patrón se tratase? ¿Non é máis propio de xente seria dar debida conta? ¿Foron definitivamente probas de son ou aconteceu realmente algo? ¿Haberá máis probas de son sen avisar á veciñanza? ¿Como distinguiremos entón as probas das alarmas verdadeiras os que vivimos preto da planta? ¿Sairá un speaker con aquilo de "si, si, hola, si, probando, uno, dos"? O meu desacougo foi real. Pediría un pouco de responsabilidade a quen competa.

19 comentários:

  1. Non todo o que se ve e o que parece que e e o que é e o que parece. Eso do vídeo e !!!Auga Pulverizada Señores!!!
    Non se pode repochar a ninguén a ignorancia que posúe, pero si a intencionalidade e alevosía na divulgación na información.
    En todalas empresas e incluso en edificios de envergadura,en paises desarrollados e serios, se proban sereas a determinadas horas, tonos, etc.

    ResponderExcluir
  2. César non me esperaba eso de ti. Pesaba que estabas un pouco máis informado que os demais. Non creía que foras un antireganosa calquera, pero vexo que eres como os demais...

    En primeiro lugar, as sireas soan todolos mércores as 12 en punto, e 5 minutos antes soa unha mensaxe por megafonia que o indica. Espera ó mércores que ven e xa verás coma volven a soar.

    En segundo lugar, o que ti mostras no video son as probas do sistema contraincendios que se fixeron o martes (non o mércores, para non crear confusión entre as sireas e o sistema). Son probas que se realizan en calquer empresa.

    Pregoche que non intentes crear noticias, nin confusión entre a xente que visita a páxina. Que me fagan calquer comentario no foro dame igual, pero ti, que eres o administrador deberías de ter máis coidado cos comentarios que fas e informarte ben antes de publicar calqueira cousa.

    Un saúdo.
    Firma: Un home ben informado.

    ResponderExcluir
  3. outro antireganosa28/08/2008 21:19

    para O Sr. Anónimo, se ten a ben respotar:-¿ como son "os demais" antireganosa?; é que non alcanzo a entender como os ve vostede, se fose tan amable. Gracias ou "Grazas".

    ResponderExcluir
  4. Para o outroantireganosa:

    Non te preocupes que che "resposto" ó teu comentario:

    En primeiro lugar, non pretendin ofender a ninguén co meu comentario. Estamos nunha democracia e cada un pode pensar o que queira. No futbol hainos do Madrid e do Barça e en Mugardos hai os que estamos a favor de Reganosa e os que estan en contra.

    Cesar é o administrador dunha páxina web na que se falan de moitas cousas, e entre outras de Reganosa. Como administrador que é, entendo que debe ser un pouco máis arbitrario e contrastar as noticias antes de publicalas, xa que poden crear alarma entre a xente sin ter un porqué.

    Os outros antireganosa, pois son persoas calqueira (referindome á paxina web) que poden deixar as mensaxes que queiran, sin importar se son verdade ou non, sin contrastar nada, e soltando a primeira barbaridade que lles veña a cabeza (a ver se algún o cree). Se eres un visitante habitual de esta páxina veras exemplos dabondo (hai unha chea, pero o que se leva o premio é o que dixo que a Reganosa non lle ian dar a licencia que xa o sabia él, xa o sabia xa...)

    Espero que entedenras a diferencia.

    Un saúdo.

    Por certo César, xa leín o comunicado de Artabra21. Eu so leera o titulo e vira o video, e xa contestei. Ainda sorprendesme máis. ¿porqué publicas unha nova que xa sabes que é mentira?. É coma se dis que o Galicia gañou a copa e ti estiveches no partido e xa sabes que a perdeu. Non o entendo.

    ResponderExcluir
  5. Respostando a este último anónimo:

    A orde cronolóxica dos feitos é a que relato no primeiro bloque desta entrada do blog. Posteriormente entereime de que o vídeo non correspondía a accidente ningún acontecido o mércores ás 12 e actualicei a entrada engadindo o comunicado de Artabra21 e unha nova reflexión miña sobre o tema das sereas. Supoño que iso axuda a entendelo mellor.
    A miña primeira reacción perante as sereas, como xa digo, foi restarlles importancia, aínda que logo, e por engano "inducido", as ligara a un suposto accidente nunha das chemineas do complexo petroquímico. Lamento ter creado falsa alarma con iso.
    Sobre o de que as sereas soan tódolos mércores ás 12... pois a verdade é que eu traballo dende a casa e é a primeira vez que as escoito. Créeme se che digo que non pasan desapercibidas. Estráname que o veñan facendo habitualmente, pero vaia...

    Por último, respecto a se eu son o "administrador" desta web e cal debería ser o meu papel, síntoo moito pero trabúcaste. Isto non é unha web institucional. Nin tan sequera pretende ser un medio de comunicación alternativo como algunha vez o puiden pretender co vello "Mugardos en internet". Isto é un blogue persoal no que expreso a miña visión deste pobo dende moitos aspectos (o humor, a fotografía, o deseño, a política). Non teño por que situarme nun plano "superior" aos que nel opinan. É o que é dende que o abrín, alá por decembro do 2004. E sendo o que é ten as visitas que ten e opina quen opina. Non me sinto na obriga de ter que dar conta a ninguén da orientación que lle dou a un proxecto absolutamente persoal. Ás veces molesta a uns, ás veces gusta a outros. Como a vida mesma.

    Un saudiño a todos vós.

    ResponderExcluir
  6. Tranquilo, César, Traaaanquiloooo:

    aquí nos conocemos todos y sabemos de las intenciones y de los intereses de todos. Claro que el tuyo es un blog personal, pero de calidad, y les hace pupa, no lo dudes. De ahí que les dé igual "lo que ME pongan en el foro"... Claro que es un blog personal, que se hace a costa del talento y del tiempo particular de un señor, sin publicidad, sin subvenciones, sin esperar nada a cambio, excepto, claro, el reconocimiento y la gratitud de tus convecinos.
    Un abrazo, campeón.

    ResponderExcluir
  7. Tranquilo, César, Traaaanquiloooo:

    aquí nos conocemos todos y sabemos de las intenciones y de los intereses de todos. Claro que el tuyo es un blog personal, pero de calidad, y les hace pupa, no lo dudes. De ahí que les dé igual "lo que ME pongan en el foro"... Claro que es un blog personal, que se hace a costa del talento y del tiempo particular de un señor, sin publicidad, sin subvenciones, sin esperar nada a cambio, excepto, claro, el reconocimiento y la gratitud de tus convecinos.
    Un abrazo, campeón.

    Jajaja. Xa chegou o abogado de pleitos pobres.
    Maximiliem non te enteras da misa nin a metade. Xa quedou claro que é un blog persoal, o que non lle vou sacar nin unha pizca de merito o seu autor, e que visito con frecuencia ainda que non comulgue co autor, eso xa o sabia.
    Agora o que non entendo é o de "y les hace pupa, no lo dudes". ¿A quen lles fai pupa?.

    Un saudo.

    ResponderExcluir
  8. Perdon por repetir o comentario completo de Maximilien

    ResponderExcluir
  9. Pero, hombre, Albroock, ¿aún no te atreves a recuperar tu nick?
    Sí, cantos de sirena. Es lo que hay por aquí, mayormente.

    ResponderExcluir
  10. outro antireganoxo31/08/2008 14:05

    Para o home ben informado.

    Gracias pola "resposta".
    "Entendín" a diferencia; pero aclaro: hai de todo nas dúas partes, incluso hai xente de Mugardos que está a favor de REGANOXO e nin coñecen as 3 sentencias que ten en contra recorridas polos promotores (incluida Xunta) ante a "Madre Patria", nin saben que 2ooo metros son 2 Km, nin saben de normativa de seguridade dos gaseiros, nin de ecoloxía,...pero bueno, como estamos nun pais democrático hai que respetar tódalas opinións, non?.

    Outra cousa, .."En primeiro lugar, as sireas soan todolos mércores as 12 en punto, e 5 minutos antes soa unha mensaxe por megafonia que o indica. Espera ó mércores que ven e xa verás coma volven a soar."...pois xa vexo que estás ben informado, si, desto tiña tamén eu coñecemento...PERO, teño que supoñer que vives lonxe de Mugardos, senon xa terías avisado ao Concello ou a REGANOXO, que as sireas que soan, segundo ti, tódolos mercores, escoitanse segundo veña o vento, vaia.
    En fin que a PLANTA é moi segura e todo o que queiras, pero a megafonía ou amplificación non vai, non. Deus nos libre dun "xa foi"!!!!

    ResponderExcluir
  11. Para o outro antireganoxo:

    Son dúas sentenzas a favor "vosa", non tres. Reganosa ten a favor 10 (dez, por si non o entendes). Do porto exterior a San Cristobal (non sei se sabes onde queda) tampouco hai 2000 metros, ¿para que pedides a planta no porto exterior? ¿os veciños de San Cristobal son de outra raza?.

    Se tan ilegal é a planta ¿non hai nadie neste mundo que a pare?, nin a xunta (xa sei o que me vas a dicir), nin o goberno central, nin a comunidade europea, nin ningun xuiz... buf! que chea de xente pode parar a planta e non a para ninguén ¿estaran todos mercados por Tojeiro? jajaja. Coa mesma o Papa de Roma.... E ainda encima o goberno dobralle a capacidade de regasificación.

    As sireas e megafonia claro que soan segundo veña o vento, máis que nada porque son probas INTERNAS e xa non as debería de escoitar ninguén de fora da planta. Tranquilo que cando soen as externas xa te enterarás, e daquela entenderás porque non soan esas todos os mércores (quen vería os veciños do penedo). Unha charla do Plan de Emerxencia non te viña mal.

    Estamos dacordo en que esto é unha democracia e que cada un pode pensar o que queira, pero para protestar tamén hai que estar informado.

    Un saudo.

    ResponderExcluir
  12. outro antireganoxo01/09/2008 00:05

    Para o ben informado:

    1. Con unha sentencia que ilegalice REGANOXO é suficiente, polo menos para mín.
    Sei onde está San Cristobal, e sintoo polos capitalistas da comarca, pero ao mellor nin no porto exterior sería legal. Sinceramente, agora non é a miña guerra. Son de Mugardos.

    2. Vexo que aínda crees na xustiza. Noraboa. Eu, despois de vivír aberracións como a "guerra de irak", con a OTAN como gran epectadora ¿?, por poñer un exemplo, vou deixando de crer.
    Pero bueno, últimamente con o de Ence, parece que albergo algunha esperanza, ¿Sabes?

    3. Non comento. Paréceme un párrafo moi rastrero ( sen ánimo de ofender).

    4. ¿ Isto é DEMOCRACIA?


    P.D: Eu si, entendo. Simplemente, vemos a realidade desde ángulos diferentes. ¿Entendes?.

    Veña, pois un saúdo tamén.

    ResponderExcluir
  13. Para o antireganoxo:

    1. ¿Ti crees que se estivera esperando unha sentenza de ilegalidade, o goberno iballe doblar a sua capacidade de regasificacion?. Coa segunda parte do punto xa me dis de que punto eres: Ti eres dos de NON NO MEU XARDIN (os demáis que se arranxen).

    2. É curioso que no punto un digas que non é a tua guerra e me veñas agora coa guerra de Irak ¿?, que por outro lado non podes comparar a guerra de Irak con Reganosa. ¿Sabes que en As Pontes queren a planta de Ence (tanto o concello coma a maioria da xente que vive nel)?. Cousa curiosa!!!!

    3. Non me preocupa coma consideres o meu parrafo 3, pero é asi coma son as cousas (non sei porque che parecen rastreras). Será pola última frase. Xa sei que eso de informaros non vai con vos, coma dicia algún por ahi arriba "os hace pupa". Informate de cantas empresas teñen plan de emerxencia exterior (no te quedes nas paxinas de internacional no xornal). Na paxina web de proteccion civil tes o listado. Coa mesma quedas asombrado.

    4. Non sei o que entendes ti por "democracia", pero creo que nunca se vos pecharon as portas dos xulgados, nin se vos tapou a boca. Esto non é unha censura.

    P.D.: Dende o meu angulo vexo que cada día a planta segue funcionando e cada día vese mellor, co doble da capacidade.

    Un saudo.

    ResponderExcluir
  14. outro antireganoxo02/09/2008 17:52

    Ai, canta razón teñen os meus pais cando din que neste pobo non importa o que un diga, senón o que o resto entenda!!. Pensar que alguén poida chegar a entender que eu comparo a gerra de Irak con REGANOXO, é inaudito. Ese mesmo alguén é capaz de prexuzgar e ver o meu "punto"¿?. En fin, é o que hai.
    Despídome, non sen antes pedir un favor a alguén ben informado que nos explique a nós, "O Pobo Desinformado", as medidas básicas do Plan de Emerxencia de REGANOXO ( uso da Radio Galega, uso da cinta aislante,... ataques de pánico¿?). Viríanos ben a todos. Grazas de antemán.

    P.D: Pois ahí van:

    * Sentenza 536/2004 de 23 de Xuño 2004.
    * Sentenza 606/2006 de 27 de Xuño 2006.
    * Sentenza 00311/2008 de 22 de Abril de 2008.

    *Esta sentenza é susceptible de recurso de casación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (Art. 86 da LRJCA de 1998)..blablabla..ante "Mamá Patria", vaia.
    1, 2 e 3 ( unha, dous e tres en contra de REGANOXO, por se non se entende).

    ResponderExcluir
  15. 1. El tabaco es legal.
    2. El Estado lo autoriza y participa del negocio.
    3. Si fuera tan malo, ¿iba el Estado y las empresas a arriesgarse a venderlo ?
    4. El tabaco es bueno.

    Homer Simpson, Tratado de Lógica para andar por casa

    ResponderExcluir
  16. Para o outro antireganoxo:

    Das tres sentenzas que me pos ahí eu non vexo o nome de Reganosa por ningún lado. Vexo o nome dun socio de Reganosa en dúas de elas (que son as que eu considero). A terceira das sentenzas vai contra outra entidade (xa sabreras cal é). Repitoche que eu non vexo o nome de Reganosa en ningunha delas. Ti ves algunha senteza a favor "voso" contra a licenza de posta en marcha, contra a licenza de posta marcha en probas... (desta ultima saberás algo, teño entendido que ides subindo).

    Xa dicia meu pai: progresa na vida, que plantar patacas e coidar animais xa o fixen eu. Se por vos fora, seguro que volviamos a traballar as terras.

    Para maximilien:

    ¿Ti fumas algo que non sexa tabaco? jajaja. Meu avó morreu con 97 anos e fumaba coma un carreteiro (xa firmaba eu). Hai tantas cousas na vida que son legais e matan.
    - Os coches matan... e seguimos conducindo.
    - Os accidentes laborais matan... e seguimos traballando.
    - O gas mata... e estou seguro que o utilizas na tua casa.

    Imos volver a prehistoria que teño entendido que os bufalos e mamuts non mataban!!!!

    Un saudo.

    ResponderExcluir
  17. Si este Nietzsche no es Albroock, es un primo... ¡me juego un gameto!
    Al final, tu filosofía de la vida está clara. Hay que tragar, es lo que hay...
    ¡Pues que aproveche! Pero, por favor, regüelda hacia otro lado.

    ResponderExcluir
  18. Maximilien, non son Albrock, nin o primo, nin o coñezo de nada, asi que perdiches un gameto.

    A miña filosofia da vida é progresar (xa sei que ides dicir ¿a calquer prezo?, polo de agora todo é legal).

    Perdoa a miña ignorancia, ¿cal e o significado de "gameto" e "regüelda"?

    Grazas.

    Un saúdo.

    ResponderExcluir
  19. Un gameto es una celúla sexual. Ya ves que pierdo poco. Tengo perdido millones...
    Regoldar es expulsar por la boca los gases del estómago.
    Pues estaba seguro de que eras Albroock. Bueno, no te lo tomes a mal, pero el progreso no implica que haya que pisotear a la gente y sacrificar los paisajes, los recursos, etc. En el fondo, la pregunta es si la legalidad y la decencia deben imperar; y si el dinero debe estar al servicio de la sociedad o al revés. ¿Utópico? Sí, eso dirían los cazadores paleolíticos de la posibilidad de domesticar las plantas y animales.
    Salud.

    ResponderExcluir