22/07/2008

Festas de Mugardos 2008, balanzo final



As festas de Mugardos medran ano a ano, seguramente a causa do cromosoma caralletas que levamos de serie. Que treman os Sanjuerguines.
Velaquí uns apuntamentos varios do que a meu entender podería axudar a que para o ano o mundo enteiro nos teña como referente verbeneiro:
  1. Se cadra Festa do Polbo á Mugardesa diferenciábanos un pouco máis, por iso de ter como duros competidores aos de Carballiño. Ao tempo, incidíamos na cuestión de ter o noso propio xeito de cociñar o polbo, para que os fodechinchos saiban que o que aquí se ven a comer é polbo con cebola, pementos e cachelos.
  2. Polo escoitado na vila, aos mariñeiros facíalles máis gracia celebrar o día do Carme a posteriori do 16, non antes. Ben, pois ¿que tal estaría intercambiar a fin de semana das Festas do Carme coa da Festa do Polbo?
  3. O corpo pedía fogos artificiais o domingo 20 que é cando realmente despedimos a carallada pulpeira ata o ano que ven. Soltalos o día 13 fixo que fosen máis entrante que postre. Si, xa sei que os fogos bótanse co final das festas do Carme, pero co intercambio de datas quedaba o asunto niquelado.
  4. O concurso de camisolas foi un acerto da Comisión de Festas (¡que vou dicir eu, se gañou un deseño meu!). Aproveita unha costume que xa ten arraigo para facela medrar. Sería caralludo facer competir ás peñas nalgún que outro xogo aproveitando que as temos uniformadas. Na Festa da Dorna de Ribeira, por exemplo, cada peña ten o seu propio nome e cada unha delas argalla algún concurso-carallada durante as festas.
  5. Precisamos I+D. ¿Que tal un concurso de pinchos de polbo suculentamente dotado pola organización competente? ¡Innovación ao poder! ¡Que se note que somos referente culinario! Veño de fixarme nos Sanfermíns deste ano como en moitos locais teñen pinchos con etiquetas tipo "Mejor pincho del año 1995" e diplomas colgados nas paredes como gañadores dos concursos de pinchos de cada ano. Moi boa idea para importar.
  6. Hosteleiros de Mugardos, poñédevos as pilas. En plenas festas ter os locais pechados media tarde ten delito. Nunca tal vin por aí adiante, e xa levo unhas poucas festas percorridas. A opinión, ademais, é xeralizada. ¡Non digades que non vos compensa!

12 comentários:

  1. tes razon , que e iso de pechar un dia de festa ,o que lles pasa e que non teñen ganas de traballar . bikos cesar

    ResponderExcluir
  2. Pues lo de hacer las Fiestas del Carmen antes del Carmen, manda hue.... A quién se le ocurriría la brillante idea...

    ResponderExcluir
  3. Esta comarca está llena de gente de Bazán que siempre hace el mismo comentario: "la gente ahora no quiere trabajar"...

    ResponderExcluir
  4. si esta comarca está llena de gente de bazán, de astano, de mariscadores, de hosteleros, y la gran mayoría, que trabajamos REGANOSA!!!
    ...SÍ SIEMPRE HAGO EL MISMO COMENTARIO!!!, como TÚ.

    ResponderExcluir
  5. ¡Non fora ser que desta entrada do blogue saísen ideas e propostas para mellorar as festas, eh! ¡E vai para todos!

    ResponderExcluir
  6. Estimado César:
    no hay nada que mejorar que si no se empieza por uno mismo. A mí me indigna, aunque asaliariado, que se le llame holgazán a un hostelero que tiene una jornada laboral agotadora, durante todo el año.
    Con respecto a la mejora de las fiestas, a mí también me gustaría estar lleno de buenas intenciones y ser más positivo, pero no puedo: a mi parecer, las fiestas, en todos lados, son todo menos populares. El mundo entero se está convirtiendo en un parque temático. Panem et circenses.

    ResponderExcluir
  7. Eu non é por decir que traballen pouco ou moito, pero penso que estas festas se podian mellorar bastante. En primeiro lugar o que dixo Cesar, de cambiar certas cousas de forma que tiveran mais loxica.

    E por outra parte penso que unhas festas como estas que atraen a unha gran cantidade de xente, deberian contan con mellores orquestas, xa que nunca se viu en mugardos unha orquesta das "boas".

    Falo desde a miña ignorancia pero coa cantidade de atraccions que hai, os ingresos da festa do polbo, patrocinadores e diversas axudas, eu creo que se podian traer outro tipo de orquestas de mais cache (como as que por exemplo trae o casino), e que atraerian a mais xente ó pobo. Simplemente hai que ver como algunhas aldeas que non chegan ó centenar de persoas, nas suas festas xuntan milleiros de persoas a base de traballar todo o ano e facer unhas festas en condicions.

    ResponderExcluir
  8. Hola

    Referente as criticas (ou comentarios) tedes q pensar que si as cousas non se fan de una maneira ten un pq. Dende logo non creo q ninguen tire pedras contra o seu propio tellado. So se pode criticar ó q fai algo...saudos

    ResponderExcluir
  9. Estou dacordo co último comentario. Non quixera que se malinterpretasen os meus apuntamentos. Son só iso: ideas que propoño para mellorar cousas. En positivo, nunca como rexeitamento ao feito neste ano. A crítica construtiva non debera molestar a ninguén porque é necesaria para que as nosas festas medren.
    Descoñezo se había posibilidade de intercambiar a fin de semana do Carme pola do Polbo. Nin formo parte da Comisión de Festas nin da Concellaría de Cultura, pero na miña opinión o cambio faría encaixar perfectamente as pezas, e por iso o dixen.
    Seguro que vós tamén tedes ideas que aportar, así que veña, dádelle.

    ResponderExcluir
  10. Boas,

    Fanme unha gracia os que din que se pode mellorar esto ou aquelo, bla bla bla. Mirade se non se pode traer unha orquesta mellor, non sera pq a xente do pobo esta pouco colaboradora?, Pq que eu saiba so vin como moito a 10 persoas da comision de festas organizando todo. Donde esta a colaboracion da xente, en dar 10 euros e querer traer a david bisbal. Esta xente que a organizou este ano din que se van. Veremos o ano que ven quen as organiza, se é o concello que deus nos colla confesado, pero, sabedes que, xa vexo que non hay de que preocuparse, pq aqui, entre tantas ideas malo sera que non saia ninguen a facelas e polo tanto melloralas. Pero claro, Xa se vera, pq falar en moi facil e non costa diñeiro. Do tema dos hosteleiros, cambiadevos. Un de vos o ano q ven que traballe na isla outro no malecon a jarabeta o fol o trope, y que logo diga que se traballan poucas horas durante todolos dias das festas...sigo dicindo que menos mal que falar non costa diñeiro, senon si teriamos una boa crisis.

    ResponderExcluir
  11. O das orquestas non o decia por mal, non estou a falar mal da comision de festas, nin lles estou quitando merito.

    O da pouca colaboracion do pobo é certo. Noutros sitios de menos xente o que se fai é poñer cada casa unha cuota, pero iso aqui seria imposible de facer porque non somos 50 casas para andar porta por porta.

    Xa dixen que falaba desde a miña ignorancia, e non sabia que a comision de festas estaba composta por tan so 10 persoas, una cifra bastante pequena para unhas festas coma as de Mugardos. Se cadra habria que buscar mais xente para a comision. Eu polo que vexo na festa do polbo, coa xente que hai ali traballando, penso que hai xente disposta a colaborar.

    ResponderExcluir
  12. a min personalmente non me quixeron atender na isla o sabado non eran nin as 2 da maña e me dixeron que ian pechar todo isto o sabado da festa do polbo non hay dereito pero ala eles elogo queren os hosteleiros ter mais festas se pechan en plenas festas cediño a verdade e que non o entendo si da xente que viven durante todo o ano e da xente do pobo de cerdade que non o entendo.

    ResponderExcluir