03/04/2008

A web que languidece



A sociedade da comunicación avanza lixeira, ás veces sen tempo a asimilar os cambios que produce na nosa vida cotiá. Internet é hoxe unha ferramenta que xa ten demostrado a súa utilidade á hora de democratizar o acceso de todos/as á información, e a súa implantación nos fogares é cada día meirande que o anterior. Sendo así, é difícil atopar unha explicación á situación actual das webs que poderiamos entender como representativas do pobo mugardés.
A web do Concello de Mugardos, pola súa función de servizo público e de información á cidadanía é, a bo seguro, a que mellor exemplifica esta eiva. O seu ritmo de actualización decaeu de xeito preocupante nos últimos meses. No mes de febreiro, como paradigma, o Concello só publicou na súa web oficial dúas novas e unha orde do día. Lonxe queda o ritmo acadado os meses previos ás eleccións municipais. ¿É isto reflexo da actividade xerada dende a administración municipal? Non, a bo seguro. Só hai que prestar atención aos xornais para comprobar que o problema reside máis no rol cuase-folclórico que se lle está concedendo á web por parte de quen corresponda, e a escasa importancia dada ao seu papel de informador da veciñanza mugardesa. No concello de Fene (usémolo como referente de mellor facer) cóntanse por dúas e tres as entradas diarias que converten fenecidadan.net nun auténtico portal para tódolos feneses/as.
Pero se o panorama na web do Concello é desalentador, máis aínda é ollar cara a dos partidos políticos da vila. Sálvanse da queima BNG e EU-IU, que botaron man dunha ferramenta áxil e doada de administrar como son as bitácoras. Con todo, poderíaselles pedir algo máis de vida: a web nacionalista apenas reaxiu co gallo das últimas eleccións; a de EU-IU parece non saber falarlle aos veciños e veciñas máis que do Caso Virgin. Pero é que se atendemos ás webs do PP ou PSOE a situación pasa a ser lamentable. A do PP por ser só un semi-voluntarioso amago de trasladar a campaña das municipais á rede. Deseño e estrutura dignos, aínda que pensados para o navegador de Microsoft, non para o resto. Aí quedou a cousa. Dende entón, cero patatero. E a do PSdeG-PSOE, tanto ou máis lamentable que a anterior. Primeiro por un deseño e estruturas impropios deste século. Segundo, por adoecer dun tempo a esta parte do mesmo que adoece a de EU-IU: só interesa trasladar aos veciños o último sobre a trama urbanística. Do resto, nada de nada.
E velaquí un panorama que deixa claro que a rede mugardesa ten aínda moito que mellorar. Polo ben de todos e todas.

10 comentários:

  1. Bueno, a do BNG non permite os comentarios. A de EU-IU, ogallá falase da operación virgin, porque a última entrada publicada é do vinteseis de xaneiro.

    ResponderExcluir
  2. cierto..viviendo fuera se pasan horas "navegando" en busca del recuerdo..es lo que tiene ser de pueblo!!..pocos, exceptuándole a usted, nos mantienen informados...
    enhorabuena por su constancia y su variedad!!..debe tener mucha fuerza de voluntad...o mucho tiempo libre..o...esto es su trabajo?...de cualquier forma..GRACIAS..césar?

    ResponderExcluir
  3. Para Maximilien: ata onde eu sei, o blog do BNG si permite os comentarios. De non ser así non habería esa referencia á cantidade deles. Outra cousa é que os comentarios teñan moderación. Pode crerme se lle digo que ata non fai tanto só chegaban comentarios-spam. Ningún en resposta real á entrada respectiva. Descoñezo se vostede enviou algún ultimamente que lle puidera ser censurado.

    Para o anónimo: supoño que algo de forza de vontade hai nisto porque a constancia non é virtude que me acompañe xeralmente. Sobre se é o meu traballo, pois non, pero algo hai. Algunhas vocacións deciden o noso modus vivendi. Sobre o do moito tempo libre, no creo que teña máis que calquera outra persoa. Creo que se trata máis ben do que fago con el, que da súa cantidade. Graciñas a vostede polos ánimos.

    ResponderExcluir
  4. Tén razón no do blog do BNG. Recordábao mal e hai tempo que non entraba. Pero entrei onte pola noite. Información, pouquiña; máis ben, propaganda da peor especie, coma o que contan do "que cobra" Pilar, que, tal como está escrito, é unha falsedade total. Pero, bueno, se non contesta quen debe... eu non o faréi.

    ResponderExcluir
  5. Tersites era eu. Ía dizer (i.e. "iba decir") que, falando doutros temas, anda polo City o ilustre avogado Gómez de Liaño (aquel que fora expulsado da carreira xudicial, e logo indultado por Aznar) coa súa dona. Veu defender a José Manuel López Pérez-Cabada, alias "Coté". Fíxese no ilustre do nome composto. Falta só un título: marqués de Martínez, conde-duque de González ou así...
    Bueno, ía dizer que non somos xa un puebliño, que chegan toda clase de peroeiros ilustres a esta terra. Debe de ser a marea. Quén nos di que o Gómez DE (nótese, outro apelido con relumbrón) non vén tomar unha tapiña de polbo a Mugardos? Habería que recibilo no Concello, darlle unha rúa, invitalo a tabaco, non sei...

    ResponderExcluir
  6. No me extraña en absoluto que concellodemugardos.org sea "A web que languidece". El compromiso del Concello con las nuevas tecnologías es simplemente vergonzoso.Sirva como ejemplo , que después de cuatro años , desde finales de 2003, las Xornadas de Software Libre y el CiberEncontro Kernel, se van a trasladar a un Concello "cercano", por la falta de apoyo y desidia de su Concejal de Cultura;preocupada más por otros(cuales?) asuntos, que por los que realmente importan a la ciudadanía.Así, que no me extraña que la web siga así, siendo un fiel reflejo sus dirigentes.
    Salud y GNUismo(http://www.gnu.org)

    ResponderExcluir
  7. Ubuntu! Ubuntu!! Ubuntu!!!

    ResponderExcluir
  8. E certo que a páxina do BNG non permite comentarios,e menos ainda co que está a chover dende que se destapou a trama urbanística descuberta na Operación VIRGIN, pero ata certo punto é lóxico, pois non van tirar pedras contra o seu tellado.
    En cambio vótase de menos a actualización da páxina de Esquerda Unida que tanto e tan ben nos ten informado sobre dita trama urbanística e que tamén podería facelo agora sobre a xestión do goberno municipal, comezando pola perda e abandono do Parque Empresarial, pola vergoñenta situación na que se atopa a construcción da piscina municipal ou pola calamitosa situación económica do Concello.
    En canto ás páxinas do PP e do PSOE pouco ou nada podemos agardar posto que na actualidade istes dous partidos políticos son os millores aliados e colaboradores, por non dicir cómplices, que ten o goberno municipal do BNG na actualidade.

    ResponderExcluir
  9. E certo que a páxina do BNG non permite comentarios,e menos ainda co que está a chover dende que se destapou a trama urbanística descuberta na Operación VIRGIN, pero ata certo punto é lóxico, pois non van tirar pedras contra o seu tellado.
    En cambio vótase de menos a actualización da páxina de Esquerda Unida que tanto e tan ben nos ten informado sobre dita trama urbanística e que tamén podería facelo agora sobre a xestión do goberno municipal, comezando pola perda e abandono do Parque Empresarial, pola vergoñenta situación na que se atopa a construcción da piscina municipal ou pola calamitosa situación económica do Concello.
    En canto ás páxinas do PP e do PSOE pouco ou nada podemos agardar posto que na actualidade istes dous partidos políticos son os millores aliados e colaboradores, por non dicir cómplices, que ten o goberno municipal do BNG na actualidade.

    ResponderExcluir
  10. winston churchill03/07/2008 20:28

    El sistema soviético es un enigma envuelto en un misterio

    ResponderExcluir