09/04/2008

Mugardesas ilustres: Elisa Vázquez Doval



Non era a miña intención xuntar dúas entradas sobre ilustres do pobo, pero vaia... neste caso o calendario obriga. O caso que, vía canariodopenedo, descubro que Elisa, compañeira miña na Colleita do 77 do Unión Mugardesa, será este venres 11 a protagonista do ciclo "O piano de vangarda" para a Fundación Caixa Galicia. Sobre ela, ademais, din o seguinte:

"Elisa Vázquez ten unha ampla traxectoria como solista, músico de cámara e pedagoga. Durante a súa carreira, deu concertos en distintos países de Europa e recibiu invitacións para tocar en prestixiosas salas de concertos, como o Concertgebouw en Amsterdam e o Vredenburg en Utrecht.
O seu especial interese pola música contemporánea levouna a investigar e difundir o repertorio para piano das últimas dúas décadas, a música contemporánea máis recente.
Nace en Mugardos, A Coruña. Realiza estudos de piano no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Posteriormente, amplía a súa formación na Escola de Música de Barcelona e no Conservatorio de Rotterdam. En 2006, recibe un Máster en Piano do Conservatorio de Utrecht. Os seus principais mestres foron: Klára Würtz, Michael Davidson, Manuel Carra, Julián López-Gimeno, Albert Atenelle e Corina Carregado.
Recibiu apoios e bolsas de importantes entidades como: o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Fundación Caixa Galicia, a Deputación da Coruña e a Comunidade de Madrid."

Bravo por ti, Elisa.
Sómosche terra de artistas :)

7 comentários:

  1. artista + mugardos + amsterdam =
    unha obra perfecta!!!!!

    ResponderExcluir
  2. Enhorabuena Elisa!! Y a tí también César, por poder leer casi a diario, desde las montañas del Pajares, que Mugardos sigue vivo, y que aquella niña que me dejó tocar su piano durante un verano para aprobar 4º de piano, y que ya se vislumbraba que sería una artista, haya llegado tan tan alto. Felicidades a los dos.
    Mares.

    ResponderExcluir
  3. animo para ELISA,e noraboa tamen pra ela,irei a vela o domingo a CORUÇA xa que oxe traballo,y non poido ir.unha mugardesa ilustre como tantos outros saudos bicos e apertas do teu amigo BOLUBA.

    ResponderExcluir
  4. Querido artritis, quero facer mención tamén doutra mugardesa ilustre, Teresa Cameselle, da xeración do 68, gañadora do I premio Talismán, pola súa novela "La hija del cónsul", ademáis de publicar algún outro relato curto, e ser finalista de premio Acumán de relato breve e do premio de novela de La Voz de Galicia o ano pasado.
    Como amiga da infancia, e mugardesa tamén, quero darlle a miña máis sincera NORABOA.
    NORABOA tamén para ELISA, filla da mestra dos meus fillos.
    Énchenme de orgullo, como mugardesa e muller.
    As miñas FELICITACIONS tamén para CACO e para toda a plantilla,(o ascenso do Galicia tamén me toca moi preto)

    ResponderExcluir
  5. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  6. Quero dar as miñas felicitacións a duas mugardesas que hoxe en día son reconocidas por meritos propios.Unha pola música e a outra pola publicación do seu primer libro "La hija del consul".Pero teño que decir que hoxe en día e despois de tanto tempo de escribir casi as "escondidas" Teresa Cameselle merece sen dúbida o premio talismán.Mugardeses e mugardesas acudide o martes as 8 da tarde á biblioteca municipal de Ferrol,alí fara a sua presentación.

    ResponderExcluir
  7. gelis rivera tizon16/05/2008 11:28

    felicidades desde Vigo de una alumna de su madre.me alegra mucho que MUgardos tenga tan buenas artistas.besos para todos,as los mugardeses,as.yo aunque llevo 34 años en Vigo sigo siendo Mugardesa.

    ResponderExcluir