17/12/2007

O Ránking das Rondas



Mugardesas e mugardeses, sentide xa a proximidade das festas porque os locais todos, dende a Jarabeta ata o Millenium, dende o Malecón ao Trope, agardan xa ser invadidos por ordas de veciños de aquí e do exilio desexosos dos reencontros propios destas datas.

O Nadal 2007 chega este ano cunha novidade: o recoñecemento ás "Rondas" interxeracionais como feito cultural propio do mugardesismo. Fagámolo valer. Concedamos o galardón ao "Rei do Ránking das Rondas" do Nadal 2007. ¿Póñenvos pinchos? ¿É onde máis amizades atopades? ¿Teñen vetado o reaggeton? Vós mesmos decidides. ¿O premio? Ao local campión un xogo de camisolas personalizado co seu propio anagrama e o distintivo do "Rei do Ránking das Rondas". Alí mesmo, a noite de reis, o premio será para a parella de rondas gañadora do "Campionato Mugardés das Rondas": camisola de campións e algúns regaliños máis.

¿Xa tedes parella?

2 comentários:

  1. preparate cesar , rabina y tu vais a morder el tapete XD

    ResponderExcluir
  2. car´e só, longo de auga e con dous de sucre19/12/2007 15:30

    Teño parella, trio, cuarteto, e de cando en vez somos unha moreiña de xente pelexandonos para pagar (deporte nacional)...menos mal que sempre podemos usar unha linguaxe non verbal coa xente das tradicións e pagar antes de que se decaten

    ResponderExcluir