03/07/2007

400 metros



Recibo o mércores 27 de xuño, na sobremesa, unha chamada ao teléfono da casa. Do outro lado unha voz de muller pídeme 5 minutos para respostar a unhas preguntas. Na primeira delas quere coñecer o que para min son os tres principais problemas de Mugardos: "o primeiro a planta de gas". Tivo a súa graza, porque a partir de entón o resto das preguntas estaban claramente direccionadas para obter as respostas desexadas, sen moita marxe para as posturas críticas: que se coñezo o plan de emerxencia de Reganosa, que se a planta de gas creará postos de emprego, que se creo que Galicia precisa dunha industria deste tipo... Pregúntolle para quen é a enquisa e contéstame que ela non o sabe. De risa. Imaxínoo, inda que tanto me ten, había de contestar o mesmo. Pregúntolle entón se se vai interesar sobre o que opino da entrada e saída de buques cargados de GNL na ría, ou sobre o sistema de regasificación con 300.000 m³ diarios de auga do mar. Non, claro. Con todo, a conversa con ela é cordial. É unha curranta, así que facilítolle o traballo e procuro perder o menor tempo posible, que eu tamén teño presa. Ao final unhas pequenas confidencias en off e un "moitas grazas". Falaba galego.
Hoxe aparece na prensa que a Consellería de Presidencia vai aprobar en breve o plan de emerxencia exterior de Reganosa. Entón xorde a dúbida ¿Como carallo me preguntan se coñezo un plan que aínda non existe? E non será por non terllo pedido por escrito ao Alcalde.
Estase a comentar polo pobo que a enquisa fixéronlla aos veciños que vivimos nas proximidades da planta de gas e que incluso nalgúns fogares quixeron sondar a opinión de varios membros. Todo moi natural...
P.D.: Abstéñanse de enviarme correos coaccionantes. Dame a risa con eles.
P.D. 2: O que vedes representado na imaxe de satélite é o límite que marcan os 400 metros "de seguridade" respecto do perímetro de Punta Promontorio. Non son "unha ou dúas casas" precisamente...

7 comentários:

  1. Coincido plenamente contigo porque a min pasoume o mesmo que a ti, ainda que a min excluyeronme e fixeronlla o meu home, porque as mulleres de 30 a 50 anos non entraban no interes deles. A min mentres tanto dabame a risa, porque ¿Que plan de emerxencia van a aprobar, que poida evacuar a 5000 persoas nunhas horas, e por onde? nin siquera teñen en Mugardos no centro de saúde unha pequena clinica para atender as urxencias, nin posto de bombeiros, pra canto mais. Que non nos conten milongas, o decia o xefe de bombeiros de Ferrol, e imposible evacuar en tan pouco tempo tanta xente, se reganosa estoupa, xa iremos protestar despois aí arriba, que seguro chegamos axiña.

    ResponderExcluir
  2. Todo esto e un conto, ¿como carallo van saber os veciños dun plan que ainda se conoceu onte? nos manipulan e nos seguiran manipulando, o que queren e que a xente que vive mais cerca da planta se entere o antes posible de que xa hay un plan de emerxencia exterior e poñer a planta a funcionar de forma definitia antes de agosto.

    ResponderExcluir
  3. Para a primeira anónima: pois agora que o dis, tamén me preguntaron pola miña ocupación e os meus estudos. Se engadimos que non valía con ser muller de mediana idade igual buscaban mercar opinións a cambio deses 4000 postos de emprego que ía crear a planta. Ter xa teñen bos comerciales que os ofrecen polo pobo...

    ResponderExcluir
  4. Do tema da enquisa, dicir que a pobre rapaza que preguntaba, xa bastante tiña co que tiña, andar a chamar a tanta xente que a saber cómo reacciona...se a enquisa a montan os propios da Reganosa, pois é lóxico que arrimen a sardiña ó lume...se amontasen os que están en contra, pois suponse que irían as preguntas por outros lados... en fin, nada novo baixo o sol de medianoite...se o fai o CIS i é público, non o van face-las privadas.

    E se Reganosa estoupa, que Deus nos colla confesados...igual que se estoupa unha fragata no Arsenal, ou a refinería da Coruña...

    Pero penso que os planos de emerxencia non están para esos casos extremos nos que non se safa nin o apuntador, senón máis ben para outras cousas como escapes de gas, roturas de tubos, incendios, accidentes dos barcos...que si pode dar tempo a evacuar ou curar á xente.

    Digo eu.

    ResponderExcluir
  5. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  6. Pero ¿a quen lle queren comer estes o coco? ¿ para que vale esa enquisa ? para que a xente saiba que xa teñen o plan de emerxencia exterior practicamente aprobado e aquí non pasa nada, pois non señor pasa e moito, un accidente pode pasarlle a calquera pero a bombona do butano mellor fora da casa que dentro, Reganosa non cumple as distancias mínimas coas poboacions nin a saída de emerxencia dos gaseiros así que si non cumple a lei que a paren e a leven para onde cumpla todos os requisitos que a lei lle esixe, que a lei e pa todos igual e todos temos que cumplilas, ¿ que van facer coas case 50 casas que hai na pedreira dentro dos 400mts? ¿ van tiralas todas ? xa postos podíanse tirar as que hai en 2000mts como di a lei ¿ que darían os mugardeses cando en caso de incendio de un buque gaseiro (dios non queira) o fondearan en Santa lucia porque non pode saír da ria?
    Enquisas se podían facer moitas e de moitos tipos.

    ResponderExcluir
  7. Opa César!
    Non vos queda nada que protestar, e os de ferrol tampouco amos, isto todo da planta é un despropósito e unha cacicada , pero a xente lle enches a boca de cartos e cala a boca.

    Todos pensan, pero como vai haber un accidente ahí... agardemos que nunca levelos a razón. Iso é o que agardo eu porque como a levemos vai haber unha desgracia.

    Un saudo , eu tamén son da colleita do 1977 , e fun contigo na clase no instituto, si che digo que son dos que fan caamouco.net e que tiñamos un amigo tí e amigo-parente eu común xa sabes quen son.
    Xa vexo que estás feito todo un enxebre!..

    Animo e noraboa por tanta actividade4 en internet.
    Saúdos

    ResponderExcluir