16/06/2007

Concelleiras



E velaquí está a que dende hoxe xa é a representación máis numerosa de mulleres na Historia do Concello de Mugardos: Anxos Díaz Prados (BNG), Begoña Gómez Díaz (PP), África Pérez Filgueiras (PSdeG-PSOE), Pilar Díaz Otero (EU-IU) e Carolina Cruz Fernández (BNG). Parabéns e moita sorte a todas.

3 comentários:

  1. Unha imaxe que se repite en cada vez máis concellos, grazas á lei de paridade. E engado: tristemente, porque tivo que ser por lei que as mulleres teñan máis peso na política. Mais se é a solución para accedermos, adiante. Agora é o tempo de demostrar que eramos precisas.

    ResponderExcluir
  2. Unha Lei, por certo, que perxudica ás mulleres...a partires de agora todos falarán delas como mulleres de "cuota" esquecendo que probablemente moitas delas merezan estar alí...

    É unha mágoa de Lei, a discriminación nunca é boa, así a queiran pintar de "positiva".

    As mulleres terían chegado a eses postos polo séu propio pulo. Xa son maioría nas Universidades, están chegando moi alto en tódolos postos, e esta lei o único que fai e reducilas a porcentaxes en listas. En Cantabria, por exemplo, anularon unha lista do PP porque ían todo mulleres...

    Non son precisas mulleres, como non son precisos homes, coxos ou mouros...o que se precisa son persoas capaces, e punto.

    Aínda así, sorte a tódolos concelleiros, sexan mulleres ou homes de calquera partido.

    ResponderExcluir
  3. non sei que collons facedes no alluntamento se tanto queredes protestar ide a a aplanta e poñedebos en folga de fame ou algo asi pero como polas noites fai frio quedades coma tontos na casa do concello, asi calqueira protesta non? joder
    e se non non venderais os terreos,
    a claro xa me acordo vos solo queriades o carto carallo bou ir a protestar eu carallo

    ResponderExcluir