tag:blogger.com,1999:blog-9768303.post114776485152109493..comments2023-07-02T12:28:20.982+02:00Comments on artritris: ¡Que se noten os mugardeses en Compostela!Artritrishttp://www.blogger.com/profile/00938525809444973903noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-9768303.post-1152599921391194952006-07-11T08:38:00.000+02:002006-07-11T08:38:00.000+02:00Actitude totalitaria e fascista defender un idioma...Actitude totalitaria e fascista defender un idioma que o fascismo de Paquiño o do cabalo quixo borrar coa sangue dos nosos e das nosas? agardo que sexas a excepción que confirma a regla...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9768303.post-1148032800401009502006-05-19T12:00:00.000+02:002006-05-19T12:00:00.000+02:00TAMÉN NOTEI A PRESENZA DAS MUGARDESASEN GALEGO, EN...TAMÉN NOTEI A PRESENZA DAS MUGARDESAS
EN GALEGO, EN FEMININO, COMO A NOSA GALIZAAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-9768303.post-1147764938275993092006-05-16T09:35:00.000+02:002006-05-16T09:35:00.000+02:00PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS, as ...PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS, as persoas e entidades que apoiamos esta mobilización do 17 de maio de 2006, conscientes do reto histórico, demandamos para o novo Estatuto de Galiza:

1.- Que se manteña a obriga dos poderes públicos de contribuír a normalizar a nosa lingua.

2.- Que se recoñeza o dereito a usar e o deber de coñecer o galego, dándolle plena validez xurídica ás comunicacións na nosa lingua en todos os ámbitos.

3.- Que se garanta o dereito de todas as persoas a ser atendidas oralmente e por escrito en galego, na súa condición de usuarias e consumidoras de bens, produtos e servizos.

4.- Que se regule o uso preferente do galego por parte de todas as administracións situadas en Galiza, o cal inclúe tamén a Administración Xeral do Estado e a Administración de Xustiza. O persoal ao servizo das Administracións públicas debe estar capacitado e en disposición de usar o galego como lingua propia das Administracións galegas e as situadas na Galiza.

5.- Todos os integrantes da maxistratura, notarías, fiscalías e rexistros, para prestar os seus servizos en Galiza, han de acreditar que teñen un coñecemento adecuado e suficiente do galego como para garantir o dereito de opción lingüística.

6.- Que se recoñeza ao galego a condición de lingua vehicular no ensino non universitario.

7.- Que se consigne o uso preferente do galego nos medios de comunicación públicos en Galiza, incluíndo por tanto a RNE e TVE.

8.- Que o Goberno galego promova a comunicación e cooperación cos outros territorios que pertencen ao sistema lingüístico galego-portugués.

9.- Que o Goberno galego fomente singularmente o uso da lingua galega nas zonas galegofalantes do exterior da comunidade autónoma de Galiza.

Pedímoslle a todas as forzas políticas e axentes sociais que estean á altura do que este país e este tempo histórico demandan. Un Estatuto que recolla artigos no sentido antedito rachará os alicerces que sustentan as graves discriminacións que aínda padece o galego.

Ademais, para alén do sinalado no importante debate estatutario, agardamos que desde o novo Goberno da Xunta, singularmente desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, se comece a traballar para afrontar os problemas de base que ten o noso idioma, garantindo en primeiro lugar o dereito fundamental á escolarización en galego.

Porque TEMOS unha lingua propia e QUEREMOS vivir e aprender en galego, hoxe DEBEMOS exixir o cumprimento do noso dereito.Artritrishttps://www.blogger.com/profile/00938525809444973903noreply@blogger.com