25/01/12

¿E se Mugardos e Ares se fusionasen?


Co debate sobre a fusión de municipios in crescendo resulta acaído botar contas unha vez máis de cal sería a composición dun hipotético Pleno da Corporación do Concello de Bezoucos, formado polos dous concellos que ocupan a súa península. E pouco tería variado extrapolando os datos saídos das mesas do 22-M-2011: a folgada victoria socialista en Ares mantería ao PSOE como primeira forza política malia o derrubamento mugardés; o PP tamén repetiría representación (agora cun peso máis equitativo entre as dúas formacións locais); o BNG sofriría a perda dun concelleiro a causa da perda de apoios en Mugardos; e EU-IU, malia non presentar candidatura nas mesas de Ares, viría reflectido o seu crecemendo do 70% en Mugardos coa obtención dun segundo representante no Pleno. Con isto, as matemáticas permitirían un bipartito "de esquerdas" entre PSOE e BNG (10 de 17 concelleiros) comandado polo actual Alcalde de Ares, ou unha fronte de esquerdas PSOE-BNG-EU (12 de 17) mantendo ao PP lonxe das opcións de obter alcaldía.

Ora ben, ¿e se fosen os tres concellos do sur da ría quenes realizasen a fusión para optimizar recursos? A poboación, que xa superaría os 20.000 habitantes, establecería en 21 os escanos do Pleno da Corporación. Fene (17), Ares (13) e Mugardos (13) suman agora 43 concelleiros. O resultado de extrapolar os datos das últimas municipais sería o seguinte:


O Partido Popular sería, agora si, a forza máis votada. Tería gañado 2 dos 4 edís máis con diferencia á fusión Ares-Mugardos. Os outros dous repartiríanse entre PSOE, que igualaría en asentos co PP, e o BNG. EU conseguría manter a representación plenaria, ainda que agora porcentualmente menos significativa, grazas á suma de votos de Mugardos e Fene.

8 comentarios:

  1. ¿E se os vampiros e os licántropos fosen amigos?

    ResponderEliminar
  2. Non contas que nas municipais votase moito a persoa, po lo tanto habria que ollar quen serian os cabezas de lista para o hipotetico concello.

    ResponderEliminar
  3. Non, claro. Isto, por suposto, é unha simple extrapolación dos resultados de cada unha das eleccións municipais sen ter en conta as circunstancias distintas que se darían nunha única elección. ¿Imaxinades as claves desa campaña electoral?

    ResponderEliminar
  4. Nótase que tes moito tempo libre...E moita palla mental...

    ResponderEliminar
  5. ¿Y si superman llevase el calzoncillo por fuera?

    ResponderEliminar
  6. O dos licántropos e os vampiros díxeno eu: o do calzoncillo de Superman é dun copión sen imaxinación. Pégame que é xente que non ten nadiña de tempo, desa que anda todo o día buscando votantes para o seu sindicato e fabricando petardos... ¡é igual, xa virán ó rego e acabarán levando unha imaxe!

    ResponderEliminar
  7. Non é algo utópico,de feito, é moi probable que ocorra dentro duns anos...

    ResponderEliminar