30/11/10

O urbanismo é cousa de homes


O que vedes é a composición das Comisións Informativas no Concello de Mugardos, divididas por xénero. É unha ollada superficial, mais deixa en relevo o camiño que aínda lle queda por andar á verdadeira igualdade entre homes e mulleres. A de Urbanismo e Industria, esa xoia da coroa de calqueira corporación, é copada en exclusiva polos homes de tódolos partidos, agás EU-IU, que ten unha única concelleira.

En xeral, a gráfica reflicte unha tendencia clara a deixar en mans dos homes a política económica e das mulleres a política social. Ata o punto de que ningunha comisión chega ao 60-40% agora que, por lei, si se cumpren as porcentaxes nas candidaturas.

Derrubada (en parte) a barreira numérica, chega o momento de derrubar preconceptos.

5 comentarios:

  1. E certo que apenas hai mulleres en Urbanismo pero, a pesar delo, "PARIDAS" hai máis que dabondo.

    ResponderEliminar
  2. Outra das cuestión que se dan na confomación das Comisións Informativas é o acordo ao que chegaron o PP, PSOE e BNG para ter máis dun representante en cada una delas e obter con elo maiores ingresos económicos, cando o racional tanto por motivos éticos, práctico/operativos e na situación actual tamén económicos sería máis doado, aplicando o “voto ponderado” establecendo a representatividade do Pleno da Corporación que cada grupo tivese un representante.

    Pero bueno, unha vez máis prima o interés económico.

    ResponderEliminar
  3. Non coñezo os motivos que levaron a BNG, PSOE e PP a ampliar o número de representantes nas Comisións Informativas (que son iso: informativas). Gustaríame coñecelos para entendelo. Se cadra así saberíamos se o feito de que no mandato anterior houbese un único/a representante por organización provocou algún problema de operatividade. De non ser así está claro que unha das primeiras medidas para reducir gastos sería a de repoñer a composición de Comisións Informativas anterior.

    ResponderEliminar
  4. Sen entrar a facer outro tipo de consideracións, creo que outra das medidas que poideran considerarse xustas i oportunas sería a reconsideración do soldo do Alcalde, algo que tería que terse producido dende o momento de cumprir os 65 anos e pasar a percibir os correspondentes ingresos como pensionista.

    O acual Alcalde cando accediu ao cargo no ano 2003, a petición propia por ter que abandoar o seu traballo habitual, pasou a cobrar do Concello 2000 euros mensuais máis duas pagas extras pola mesma cantidade, ademáis do custo da cota empresarial á Seguridade Social.

    Como dicía ao principio, dende o momento que mudaron as condicións laborais terían que mudar tamén as condicións e percepcións económicas que segue a manter o Alcalde, así como tamén deixar de ter que pagar o Concello a cantidade correspondente á Seguridade Social.

    ResponderEliminar
  5. Eu entendo que é o Concello Pleno quen decide a cantidade que debe recibir o Alcalde por facer o seu traballo. Que sobrepase ou non a idade de xubilación non significa que deixe de traballar menos e, por tanto, que deba recibir menor pagamento.
    O dos soldos de alcaldes e concelleiros é un tema víctima habitual de mensaxes demagóxicas (non digo que sexa o caso).
    Parece xusto que para que un alcalde, e se cadra tamén algúns concelleiros/as, poidan desempeñar con solvencia as súas funcións teñan que renunciar ao seu posto de traballo parcial ou completamente. Gobernar un concello debe ter unha remuneración. É xusto.
    Outra cousa é a valoración que fagamos e o rendemento real da xestión dese Alcalde. Ás veces cuestionable. E outra cousa é, tamén, que sexa os propios interesados os que decidan cal é o soldo que merecen. Na miña opinión debera existir un regulamento ao respecto que determine o que corresponde a cada alcalde, empregando os índices económicos que fosen precisos, e rematar co mosaico esperpéntico onde atopamos dende alcaldes-ONG (que persoalmente xenéranme máis que escepticismo) ata alcaldes-Emilio-Botín (como aquel Moncho-es-mucho de Sada, que arramblaba 60.000 eurucos ao ano sen que lle tremese o boli).

    ResponderEliminar