18/11/2009

20N, ou a enxeñería caralletas no máximo esplendor



Sábeme mal ter tanto tempo parada esta bitácora pulpeira, de verdade que si. Ocórreseme que, para deixar mellor sabor de boca ao tempo que tentamos que a rutina do inverno restableza os ritmos perdidos, nada mellor que unha boa cita gastronómica.
Veredes, o que a Comisión de Caralladas Mugardesas argallou desta volta supera as máis altas cotas acadadas pola inxeñería festeira: un concurso popular de pinchos, aberto á participación de calquera e cun xurado popular que seredes todos vós, si, vós.
¿Que como vai furrular? Tentarei explicárvolo coa infografía que tedes eiquí enriba e algúns apuntamentos máis. Para vós é simple. Se queredes participar non precisades máis que aparecer entre as 21:00 e as 22:00 h. na Cervexería El Malecón cun prato cunha ducia de pinchos iguais. Se o que queredes é probalos só tedes que estar alí a partires das 22:00. ¿E o resto? O resto é tan sinxelo como emparellar os 12 pinchos de cada prato con outros 12 pinchos de pratos distintos, vendervos cada parella por 1,20 €* e darvos a responsabilidade de decidir cal dos dous que probastes prestouvos máis. Que participan 10 pratos, pois 60 pratiños. Que hai 20, pois 120 pratiños. Podedes papar tódolos pratiños de dous pinchos que queirades e poidades e en cada ocasión votar polo mellor. Cando rematedes as existencias recontaremos os votos de cada un e o declarado como pincho máis saboroso gañará o que déramos xuntado coa venta das vosas consumicións.
Poñede a auga a ferver, o aceite a punto e preparádevos para a máis exquisita das caralladas que teñades visto por estes lares. Hai pique, adiántovolo ;)

* Dos 1,20 € do pratiño de dous pinchos 1 € vai para o premio final e 0,20 € para os gastos da Comisión de Caralladas.

8 comentários:

  1. Aquí houbo un "salto de caralladas", ou non? Porque hai unha que nin se menciona

    ResponderExcluir
  2. Certo é. O Campionato de Tute, que se xogou antes de comezar os pinchos. O caso é que a idea inicial era crear un cartel para anunciar tanto o Campionato de Tute como o Concurso de Pinchos. O do tute levaba dende o domingo pasado no Malecón, pero para o dos pinchos finalmente non tiven tempo e por iso decidín o mércores botar man do blog (e de paso desenferruxalo). Tamén pasa que ao tute non sei xogar, así que me atopo sen saber como vendelo. Con todo, cando menos debín de facer mención, si. Son cousas a corrixir.

    ResponderExcluir
  3. Entón houbo dous saltos. Ou volven as Olimpíadas, ou as autoridades non querer extender o pánico... ou eu non entendo algo, que é o máis posible.

    ResponderExcluir
  4. Puedes mandarme las fotos, o algunas de ellas, las que sabes tú, las que sabes tú?

    Romero

    ResponderExcluir
  5. a ver si me entero...¿se archivó o no, en el Parlamento Europeo, la denuncia contra la ubicación de nuestra santa planta de gas?

    ResponderExcluir
  6. ¿Aljien sabe aljo do Artritris este?

    ResponderExcluir
  7. Este blog tiene menos movimiento que las neuronas de Rajoy!!!

    Estayo la planta de gas o qué!!

    ResponderExcluir
  8. PARA ENXEÑERIA, OS AMAÑOS FEITOS NOS ACCESOS AO GARAXE DE RUA PETEIRO 7 , TAL E COMA MOSTRAN AS FOTOGRAFIAS DO BLOG DE ESQUERDA UNIDA.

    ResponderExcluir