24/09/2009

Olimpíadas de Peñas 2009: O vídeo resumo



O 28 de novembro do 2008 dez mugardeses/as xuntáronse no pub O Trope e brindaron pola fundación da Comisión de Caralladas. A súa teima era reinventar a festa nesta vila, que nunca volvese a ser o mesmo. O primeiro gran proxecto foi argallar unhas Olimpíadas de Peñas no verán, durante a semana que vai dende a Festa do Polbo ata as Festas do Carme. Peñas xa tiñamos, camisolas cada unha delas tamén, só facía falla prender o lume porque a leña xa estaba lista.
E prendeu. O facho olímpico percorreu Mugardos para inaugurar os Xogos e a troula non parou en sete días. Contabamos con xuntar unha dúcia de peñas, participaron dezasete. Contabamos con 60 ou 70 caralletas, pasamos dos 300. Botamos por fóra. Conseguímolo. Ata o cura aprazou unha misa para ver a Subida de Carretillas que rodeaba a igrexa.
A festa mugardesa non volverá a ser a mesma. Será mellor. E será grazas á xente desta vila, e será tamén grazas á xente de fóra á que lle ferverá o cú por coñecer a troula pulpeira. Porque a troula pulpeira agora é moita troula.

13 comentários:

  1. Bueno como eiquí faise unha referencia á Festa do Polbo, para mín como mugardés Pulpo, e que sin que isto supoña un desvio da atención ante cuestións máis graves e importantes, como poidera ser a desfeita urbanística que se está a dar no noso Concello, quero comentar que nestes días vendo reportaxes televisivos das Festas do San Froilán puiden comprobar que o pobo,cidadás,cidadans e visitantes de ditas festas referíndose a tan exquisito manxar lle chamaban "pulpo" mentras os presentadores dos programas cal "vixiantes da ortodoxia lingüística" se empeñaban en dicir polbo. Pero bueno non fai falla ir ao San Froilán para comprobar esta contradicción ou,falando en terminos mariñeiros navegando contra corrente,tamén ocurre o mesmo na nosa Vila na que de sempre e de agora lle seguimos a chamar pulpo. En deninitiva a lenguaxe do pobo.

    ResponderExcluir
  2. Chámalle como queiras. A diferencia entre o que o pobo fala e o que as "autoridades científicas" propoñen forma parte dun proceso de normativización ou estandarización polo que o galego está pasando agora e polo que o castelán pasou hai non tanto tempo. Có tempo, non teñas dúbida, acaba triunfando o uso "popular", pero coas directrices e aclaracións que lles competen, en boa lóxica, ós lingüistas. Hai quen pensa que a Academia de la Lengua inventa o castelán con arreglo a normas esotéricas que veñen do seu arcano coñecemento astral. Pois non, simplemente "limpia, fija y da esplendor", ou sexa, recolle a lingua e a expurga, se pode, de chorradas, coma "non pode ser psoible", tan de moda últimamente, explicando o porqué da chorrada.
    O teu argumento de fondo é un prexuízo sin sentido que non distingue a lingua falada da escrita nin os diversos niveis de uso da lingua. Os especialistas, con máis ou menos acerto, propoñen, baseándose (ou así debería ser) en razóns lingüísticas, que ese octópodo tan rico se chame, normativamente, "polbo", que así o escriban os medios de comunicación e as escolas e que, có tempo, a forma sexa asumida polo pobo. Pero, de non ser así, é o máis probable que "polbo", por falla de uso, despareza do dicionario, que só reflexa a realidade.
    No fondo, sen querer, defendes que o "galego auténtico" é a variante diatópica de cada parroquia. Claro, home, pero iso vale para calquera lingua, incluído castelán e inglés. Pero ós casteláns e ós ingleses non se lles escapa que deben ter unha norma estándar para escribir e dar ou escoitar conferencias todos no mesmo idioma. Se che axuda, busca edicións fieis de auores clásicos españois, ou documentos notariais de hai un par de séculos: igual sorpréndeche o baile da "b" e da "v" ou a contardanza da "h".
    Unha aperta.

    MAXIMILIEN

    ResponderExcluir
  3. Maximilien, me pones pero mucho.

    ResponderExcluir
  4. Maxi:

    Tus comentarios me han ayudado muchísimo a superar mi anorgasmia. Gracias.

    P.D.: ¿usas capa? No contestes, es igual. Prefiero imaginarlo...

    ResponderExcluir
  5. Un video moi currado, parabens.

    ResponderExcluir
  6. Querido Artritris:

    teño tan pouco tempo e leo as cousas tan por encima que nin me dera conta ata agora de quén era Tom. Qué forma de emboscarse! Qué xeito de disimular! Qué xenio da intoxicación mediática! Empeza alabando a EU e ó seu blog, en entrada aparte, claro, e logo, xa ben oculto trala néboa da nosa estupidez e o fulgurante resplandor da súa brillantez, ¡zis, zas!, te la clavo por delante, te la clavo por detrás.
    Recórdame a un señor de bigote que quería quitarlle votos a González alabando a Julio Anguita: "irustez, io perefiero a un comunista honrado y no a un socialista queaceloqueacenessstos. io sí, lo perefiero". Bueno, a cita non é literal.
    Mensaxe: polbo=comunistas, nacionalistas, probablemente masones...
    pulpo= qué bonito, cómo debe ser, todalavida, el pulpo de mugardos, como su propio nombre indica, lo popular.

    Do resto dos comentarios nada digo. Déixeos se quere, a seu criterio, pero agora non estou para chanzas. Son ou intento ser un humilde funcionario do Ben, nunca me tiven por un súperheroe.

    MAXIMILIEN

    ResponderExcluir
  7. Perda coidado, Maximilien, arrogancia e ignorancia sempre lle foron boas amigas.

    Aos autoproclamados portadores da voz do pobo había que poñelos diante dunha mariscadora de Ribeira, un vendimiador das Bouzas, un gandeiro de Friol e unha queixeira de Arzúa e escoitar atentamente as leccións que lles tentara dar sobre o "galego do pobo" un da parte de Ferrol.

    ResponderExcluir
  8. Ave, César!

    URXE:

    Despois de escoitar as últimas babosadas dos bispos (non creo que derradeiras), propóñoche que organicemos en Mugardos un Samaín como Dios manda.
    Estes caras sustituíron tódalas festas paganas e as adaptaron á súa comenencia. Din que o Samaín é "extranxeiro". Será en Castela, idiotas. Aquí o que é extranxeiro é o Día de Defuntos.
    Samaín é divertido. O que da medo e resulta satánico é o voso culto ós mortos (¿están no ceo ou van resucitar no Xuízo final?, a ver se nos aclaramos). Igual que a imaxenería dos mártires, as momias das monxas e tódalas historias macabras que saíron das vosas cabeciñas de necrófilos enfermos.
    Xesús era vida, vós cheirades a ruína, a morte e a beatería.

    Maximilien: católico, pero sen mariconadas

    ResponderExcluir
  9. P.D.: Agardo que non borres o comentario anterior por dicer "mariconadas". Vin que borraches outro das Santanic Lesbians inglesas. Non será por "corrección política", espero... Ou agora es español e de "esquerdas"?

    ResponderExcluir
  10. Como ando con presas, ás veces non me expreso como quero e doulle a ENTER antes de tempo.
    Tersites son eu, claro. E o comentario de Tersites vano tomar por onde queiran.
    O que quería dicer, exactamente, é que iso da corrección política só lle queda ben ós tontos de Izquierda Unida (un 60%) e ós tontos do PSOE que gobernan agora; unha suma de analfabetos que lle chaman "corrección política" a non saber falar nin ter nada que dicir, pero é igual, eles dedícanse a "educar" á población e a salvar á Humanidade a base de Ministerios da Igualdade.

    Maximilien, sección "Facendo amigos"

    ResponderExcluir
  11. This is Halloween, this is Halloween, pam, pam, pam, tralalá!

    Comunión Anglicoide de Curas Casados e Satisfeitos (Sección: "non tragamos")

    ResponderExcluir
  12. cesar onde podo recoller a miña camiseta da comision de caralladas?(boluba)

    ResponderExcluir