08/06/2009

Europeas 2009: gañou a abstención



O dato que máis chama a atención dos resultados das eleccións ao Parlamento Europeo en Mugardos non se reflicte na gráfica. É o do 42,03% de participación, ou 57,97% de abstención, se se prefire. Menos da metade da xente convocada ás urnas. Algo non furrula no mecanismo, semella evidente.
E logo están os números dos que si foron (fomos) votar. Os votos da minoría. E a minoría mugardesa votou maioritariamente ás solucións do PP de Mayor Oreja ao tempo que lle restou un chisco de confianza ao PSOE de López Aguilar e á IU de Willy Meyer, e moita confianza ao BNG de Ana Miranda. ¿Haberá alguén que sexa quen de botar conclusións a nivel local? Eu non, mais sempre houbo optimistas...

Actualización: Velaquí tedes a gráfica da vergoña que convirte en ridículo calquera discurso triunfalista. As porcentaxes son sobre o total do censo electoral para o 2004 (gris) e 2009 (cor).

Um comentário:

  1. -Que o índice de abstención nas Europeas sexa tan alto demostra a neglixencia dos nosos políticos, que din que é "difícil explicar a la gente" (esa panda de asnos) a importancia dun dos maiores proxectos políticos da Historia, o único que pode ofrecer unha alternativa de xustiza e democracia ó imperialismo das multinacionais e dos exércitos.
    -Que gañen os "populares" en toda Europa, os defensores das políticas e prácticas económicas que nos levaron á crise, demostra a ónde conducen as políticas dos autodenominados, sen vergoña ninguna, "socialdemócratas", que se distinguen dos populares, básicamente, pola súa política de becas. Xa que este sistema non ten alternativa, nin tan sequera un tímido reformismo, o lóxico é que gobernen os que o defenden con máis saña e coherencia; especialmente cando o "posibilismo" (chamémoslle así) "socialista" (chamémoslle así) xa nin pode ofrecer, como en época de González, un governo con ministros (e ministras) que saiban ler, escribir e falar.

    "SOCIALISMO OU BARBARIE": Vladimir Ilich Ulianov, "Lenin".

    Maximilien

    ResponderExcluir