19/05/2009

O derbi (case) perfecto



Poucas veces coincidirán tantas circunstancias darredor dun derbi entre mugardeses e aresanos.
  1. O Galicia participa na Copa da Ría co seu segundo equipo, ateigado de mugardeses, para que non protesten os de Ares.
  2. Galicia B e Numancia coinciden dende este ano na Segunda Autonómica. Os dous partidos (o de aquí e o de acolá) gañámolos nós.
  3. O sistema de competición é, ata que cheguen as semifinais, a un único partido, polo que o do domingo é decisivo.
  4. A final este ano xógase en Prados Vellos (Ares). Eliminar ao Numancia suporía a) deixalos sen a "súa" final e b) achegarse un chanzo máis á meta de gañar a Copa en Ares.
  5. O sábado pasado o Numancia de Ares gañaba a Copa da Ría xuvenil e como non deberon de atopar xente en Ares que lles seguise a festa viñeron a Mugardos, por ver se nos chinchaban un pouco.
Disque quen rí último rí mellor ;)

Actualización: Vaia, pois ao final riron os do Numancia de últimos... ¡pero que ben se está en Preferente!

Um comentário:

  1. xa lles vale os de ares vir a celebrar a copa eiqui a mugardos y enriba pinchando non saben o que lles espera o domingo na pedreira eso ay que demostralo no campo como imos facer os de mugardoso domingo non vir eiqui a pincharnos valentes eles o exemplo que lle dan a aficion uns xuvenis que fagan o que eles fixeron non se fai porque estan ainda como quen di aprendendo a xogar o futbol pero a culpa non e deles a culpa e dos pais,directivos,entrenador e incluso o presidente señores de ARES valla exemplo para os nenos POBRES DIABLOS NOS VEMOS NA PEDREIRA E AVISO OS DO GALICIA O ENEMIGO NIN AUGA

    ResponderExcluir