16/04/09

O pobo tranquilo



Isto que vedes aquí enriba é a gráfica que representa o número de titulares sobre cada concello aparecidos na edición dixital de Diario de Ferrol durante tres semanas (do martes 17 de marzo ao luns 13 de abril). Ocorréuseme facer durante todo ese tempo tal seguimento por ver se era certa a sensación que teño dende fai meses de que a actualidade na vila caeu en letargo. Escollín Diario de Ferrol por ser o xornal que máis páxinas dedica á información local.
E velaí o resultado: somos un pobo tranquilo. Non tanto como como a comatosa Neda (5553 habitantes segundo o IGE), máis ben ao nivel de Cabanas (3287), pero lonxe, moi lonxe, do veciño Ares (5682) ou dos máis populosos Fene (14169) ou Pontedeume (8561). Nin actualidade política, nin actividade asociativa, nin sequera uns sucesiños de nada. Poderiamos entender que os xornalistas dese diario non nos prestan atención abondo, pero unha ollada á web oficial do Concello fainos sospeitar que os motivos deben de ser outros. Ocórreseme que, dándolle a volta á tortilla podiamos ofrecer Mugardos como destino turístico para os amantes da paz... da paz dos cemiterios.

1 comentario:

  1. Podes apostas a que esa ou algunha moi parecida é a proporción relativa de negocio do Diario en cada un dos concellos. Tantas vendas+subscricións+publicidade, tanto interese informativo tes.

    ResponderEliminar