04/08/08

Tódalas portadas do vello «Mugardos en Internet»



¿Alguén lembra aquel Mugardos en Internet? Nacera no verán do 2002 e durante dous anos e medio tentou matar un pouquiño a fame de actualidade pulpeira que puidera ter unha comunidade interneteira que aínda daba os seus primeiros pasos. Como quen non quere a cousa, foise acumulando material gráfico e aínda agora paseo ás veces por aquelas páxinas que quedarán de hemeroteca. Hoxe comparto con vós case tódalas portadas que deseñara para aquela miña primeira incursión pola rede. Que vos preste.

4 comentarios:

  1. Cualquiera puede hacer historia; pero sólo una gran hombre puede escribirla.

    ResponderEliminar
  2. Benvido ao concurso. Para nada quero competir con ninguén, pero si acadamos que os nomes de Mugardos e Pontedeume cheguen mais aló, doume por satisfeito.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Ainda que iste non sexa o lugar máis axeitado,debido principalmente ao que quero comentar,quixera utilizar iste espazo para algo que,dende que se destaparon e descubriron as implicacións e aos implicados/as na operación VIRGIN,quedou desactivado neste medio da información,falar do acontecer municipal.
    Pois ben, eu pretendo utiliza-lo hoxe para denunciar en primeiro lugar a ausencia de información obxetiva a que nos teñen sometidos,aos veciños e veciñas,no so o goberno municipal,que en todo caso intenta silenciar o que non lle convén,algo que se pode entender pero nunca compartir,pero ainda máis grave,entendo eu,o silencio da oposición, a lo menos en todo aquelo que se está xerando na vida municipal e que os veciños e veciñas termos dereito a coñecer. Outra cousa será que os grupos municipais da oposición non poidan informarnos da súa actividade municipal por ser inexistente, pero recalco a lo menos que nos informen do que está a suceder por exemplo da demanda xudicial presentada contra o Concello pola Aparelladora Municipal.

    ResponderEliminar
  4. ¿demanda CONTRA o concello pola aparelladora?.Conta, conta.

    ResponderEliminar