19/06/08

A finalísima



Espabilade, porque andamos apuntando canta xente se ven de ronda-xantar-final o sábado 28 a San Sadurniño para animar ao Galicia de Mugardos e traernos de volta outra Copa da Ría máis para o pucheiro. Si, vale, aínda hai que xogar o partido de volta, pero despois do 0-4 da ida, se os rapaces de Cata perden de 5 contra o Miño os corremos a gorrazos e os facemos pagar as camisolas :)

O conto é que precisamos saber canto antes a xente que se vai animar á festa copeira previa á finalísima. No máis selecto dos locais pulpeiros tedes onde anotarvos. Non tedes máis que preguntar. Déixovos o debuxo da camisola deste ano. ¿Mola?

2 comentarios:

  1. César,estás como un caldeiro....

    E cumpreanos feliz!

    *Hoochie*

    ResponderEliminar
  2. animo galicia estarei con vos no meu pensamento na hora do partido,pero se que hay carallada non ma perdo co meu megafono animando a festa sorte y animo nos vemos. boluba

    ResponderEliminar