25/11/07

AEG



Manteño a vista atrás. Calquera tempo pasado parece mellor. Bótase de menos o idealismo que hoxe tentan derrubar individuos máis propios dun pesadelo de Kafka (autor ao que na puta vida lle leeron unha páxina) que da vida real.
En 1995, no daquela «Instituto de Bacharelato Mixto de Mugardos» (hoxe Instituto de Ensino Secundario) a «Equipa de Normalización Lingüística» tiraba a toalla laiándose de falta de apoio ao seu traballo. Non foi o xérmolo, pero si o catalizador do nacemento dunha alternativa xurdida no propio seo do estudantado: a «Asociación de Estudantes por Galiza». Alguén tiña que argallar o movimento cultural, e fixémolo nós mesmos. Durante case 3 anos a A.E.G. estivo detrás de proxeccións de cine galego, concertos e macroconcertos, edicións de revistas, organización do Día das Letras...
Na súa "época dourada" chegou a contar con máis de 30 alumnos activos e, polo que contan os que viñeron atrás, marcou unha época pequechiña na pequena historia dunha institución que se achegaba naqueles anos á súa primeira década de vida.

2 comentarios:

  1. Teño eu unha lavadora dese equipo :)

    ResponderEliminar
  2. Volvo a repasar esta entrada no blogue tra-la difusión que lle fai o IES Mugardos co gallo do 25 aniversario.

    Había moito desacougo e xenreira mal contida na introducción. Póñovos en situación: novembro do 2007, fai agora cinco anos. Pouquiñas semanas antes rematara o encerro dos veciños de Meá na Casa do Concello e quen isto escribe posicionárase nitidamente da súa parte que, ao tempo, era contraria á da organización onde militaba. Foron moi malos tempos e o comezo de outros piores. Hoxe os individuos propios dun pesadelo de Kafka siguen no mesmo lugar. Eu non.

    ResponderEliminar